CLUB A.D.A.S-PROINOR
Deu comezo a unha nova tempada, onde haberá novas incorporacións e tamén varias baixas.
As novas incorporacións veñen para reforzar o equipo de campo a través , Elpidio Gomez, Manuel Prieto e Jose Manuel Ramos, estes atletas pertencían o Veteranos Pabellon de Ourense e o triatleta barquense Pablo Israel Lopez, outra nova incorporación para a pista e a do atleta veterano pontevedrés Xulio Ventin.
Por outra parte o club recupera para o atletismo a dous atletas, a saltadora Raquel Lameiro e o lanzador Juan Carlos Lareo.
As baixas son a do atleta lucense Alberto Álvarez, que pon punto final a súa carreira deportiva na competición e Raul Fernández que a próxima tempada pasa a pertencer o Ourense Atletismo.
ESCOLA MUNICIPAL DE ATLETISMO
A escola municipal de atletismo botou a funcionar con a incorporación dun novo técnico, Jose Antonio Ramos que se une o equipo formado por Agustin González e Manuel Rodríguez.
En principio os horarios e as idades para participar na escola mantense as mesmas do ano pasado.
A día de hoxe, as inscricións van a moi bo ritmo e esperase superar a dos ano pasado.
CURSO MONITOR NACIONAL DE ATLETISMO
No Barco estase a realizar o curso de monitor nacional de atletismo, compartindo as clases teóricas no Pavillón de Calabagueiros e a parte practica que se realiza na pista de atletismo do estadio municipal de Calabagueiros.Xa vai a metade do curso, e por aquí pasaron un profesorado da talla de Mariano Garcia-Verdugo, Mª Luísa Peralta, a psicóloga Diana García e os especialistas en saltos e lanzamentos Mario González, Xulio Ventin e Santiago Ferrer.
Este curso esta organizado pola Federacion Galega de Atletismo en colaboracion do Concello de O Barco e o club ADAS-PROINOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario