miércoles, 23 de julio de 2008

RESULTADOS


CPTO.GALEGO ABSOLUTO
Pontevedra 19 de xullo do 2008


“Resultados históricos do club no Cpto. Galego Absoluto”


Celebráronse en Pontevedra o Cpto. Galego Absoluto o pasado dia 19 de xullo con ampla presenza de atletas do club. A pesar do avanzado da tempada os nosos e as nosas xovenes atletas continuaron adestrando para ofrecer o mellor deles nesta nova edición do Cpto. Galego que nos deixou 1 ouro e 4 bronces. Non podía comezar mellor a xornada, e na proba de altura feminina, Lorena Guitián ganaba brilantemente o ouro mentres que Leticia se facía co bronce(1.61 m. para Lorena e 1.51 m. para Leticia).
Pero non rematarían aí os bronces, pois pola tarde, a propia Leticia se facía co bronce en lonxitude, mentres que un espléndido Luís Nogueira volvía a colgarse o bronce na xavelina, onde seria 4º Jorge Prada, para rematar a xornada, o vigués Miguel Fdez. Cerviño conquistaba un inesperado bronce en 400 cunha boa marca de 51”20.
Inda que non levaron medalla, e que alí estiveron a xove atleta María González en altura, lonxitude e pértega, Ana Raquel Revuelta en martelo e disco, Juan Carlos Lareo mellorando marca en disco, Jesus García en peso, Xulio Ventin na pértega e Laura Pérez no lanzamento de martelo.


Sen dubida, un gran campionato que debe ter o seu refrendo o ano que ben.


Noraboa a tod@s!!

Na foto: Lorena Guitian , Campiona Galega Absoluta no salto de altura.



1ª MEDIA MARATON NOCTURNA DE PONFERRADA
Ponferrada 19 de xullo do 2008


Boa participacion de atletas do club en Ponferrada, que estreaba novo formato na Media Maraton realizandose nun circuito totalmente polo centro da cidade e pola noite.
Os nosos atletas participaron tanto na "Media" coma na "Carreira de 10 Km" con moi bos resultados, destacando o 7º posto conseguido por Ruben Marcos Leon na carreira dos 10 km.
Ata alá desprazaronse os habituais atletas nesta especialidade, Carlos Revuelta, os triveses Ricardo Vieites e Albino Rodriguez, Miguel Angel Martinez e Francisco Bao, e o xa nomeado Ruben Marcos Leon.


As impresións de Ruben Marcos Leon o rematar a proba:

"Habìa dos posibilidades:correr la carrera de 10,5 km ò la de 21 km. Yo me apuntè a la de 10,5 km porque como ya os habìa contado anteriormente no tenìa previsto correr màs despuès del descanso tras correr la Maratòn de Toral. Para esta carrera sòlo entrenè la semana pasada, pero està claro que aùn tenìa parte del buen estado de forma que tuve en la maratòn. Ayer en la carrera simplemente iba a intentar acabar la carrera sin forzar, pero desde la salida me notè ràpido y confiado en hacer una buena marca. Asì que fuì a tope desde el principio y, sobre todo gracias a un conocido de Ponferrada junto con el que hice los primeros 4 km cogì un buen ritmo por debajo de 4' el km. que, aunque hacìa un calor impresionante a las 22:30 y durante toda la carrera, me permitiò acabar los 10,5 km en 41'48". Ademàs hice mi mejor clasificaciòn en una carrera acabando ¡¡¡¡¡¡7º!!!!! (No es una errata es cierto) de 149 atletas que acabaron la competiciòn. Pero lo màs importante, a parte de lo que disfrutè durante la carrera es que batì mi mejor marca en los 10km en ruta, porque al paso del cartel que marcaba los 10km (Medio km antes de la meta) parè mi crono en 39' 6", rebajando 10 segundos la marca personal que tenìa y que era en los 10 km del CUVI en Vigo con 39' 16".

Ya vèis que estoy sùper contento con lo que pasò ayer noche."



Os atletas posando antes da saida.



RESULTADOS MEDIA MARATON

RESULTADOS 10 kM

martes, 22 de julio de 2008

GRAVE LESION DE LUIS MORO



O pasado 19 do presente mes, pasara a ser un dos días mais duros para o noso atleta mais laureado o pertiguista Luís Fernando Moro, que sufría un grave accidente durante a disputa do Campionato de España Promesa na localidade de Monzón.
Luís Fernando caia sobre o caxetin da zona de pértega no seu primeiro intento, e rompendo o ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo así como o ligamento lateral interno de xeito parcial.
Unha grave lesión que imporá unha importante operación e como mínimo un parón de 8 meses para o noso atleta
Nembargante, Luís Fernando é optimista e espera poder voltar as pistas de novo hacia o mes de Abril ou Maio do vindeiro ano.
Así o desexamos tamén todos os seus compañeiros do club, que non dubidamos da fortaleza moral e mental de Luís que o farán superar esta dura proba sobre todo con forza de vontade e tesón.


¡¡¡ANIMO LUIS!!

viernes, 11 de julio de 2008

PROXIMA COMPETICION

O próximo fin de semana celebrase en Monzón (Aragón) o Campionato de España de pista aire libre reservado a categoría promesa.
A única representación do noso club correra a cargo do pertiguista Luís Fernando Moro, que chega a esta competición coas pilas cargadas pola boas sensacións do seu concurso o pasado sábado en Zaragoza.


MAIS INFORMACIÓN

O sábado nas pistas de atletismo de Balaidos en Vigo acollerá unha nova edición do “Gran Premio Cuidad de Vigo” que este ano a Delegación da F.G.A en Vigo organiza a la vez o Campionato de España de 10.000 m.l na pista o aire libre, e dentro do programa de probas hai xavelina, onde participara o atleta veterano Luís Nogueira e nos 100 m. lisos participara o atleta local Miguel Fernández.

MAIS INFORMACIÓN

miércoles, 9 de julio de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ARAGON ABSOLUTO
Centro Aragonés del Deporte (Zaragoza) 05 de xullo do 2008


O pertiguista Luís Fernando Moro participo o pasado sábado en Zaragoza, no salto con pértega dentro do programa do Campionato de Aragón Absoluto, fora de concurso, xa que ten ficha en Galicia.
E por fin, coincidiulle un bo dia, saltando 5,25 m. acercándose as súas mellores marcas e vencendo na proba a rivais que posiblemente compita contra eles no próximo Campionato de España Promesa.


RESULTADOS

martes, 8 de julio de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUVENIL PISTA AIRE LIBRE
Almeria 05-06 de Xullo do 2008

“A sorte non estivo cos nosos atletas”

As pistas de Almería nas que no ano 2005 celebráranse os Campionatos Iberoamericanos acolleron este fin de semana o Campionato de España Xuvenil,
ó que acudiron os nosos atletas Carlos Revuelta, Laura Pérez e Leticia Gil.
Segundo os nosos atletas a organización non estivo do todo mal, inda que tivo algúns erros, como o marxinamento dos lanzadores de martelo e peso, os que non deixaron lanzar na pista principal e trasladáronos a outra que se atopaba o lado, e a falta de establecementos nas pistas.
Na xornada do Sábado pola tarde tocoulle actuar o atleta Carlos Revuelta no lanzamento de martelo, non tivo unha das súas mellores competicións, xa que estivo lonxe da súa mellor marca. Aínda que na mellora conseguiu poñerse segundo, no último lanzamento dous dos lanzadores melloraron a marca ata quedarse el cunha marca de 59,23 m. nun 4º posto que lle soubo a pouco pero que estamos seguros de que para o ano que ven mellorará .
Xa na última xornada do campionato, o domingo pola tarde, primeiro tocoulle actuar no lanzamento de martelo a atleta Laura Pérez que fixo unha boa actuación para a pouca preparación que levaba, conseguindo un 9º posto, as portas da mellora e cunha marca de 37,12 m. A atleta Leticia Gil actuaba nos 100 m. valados quedando 6ª na súa semifinal cunha marca pobre de 16.15 e de seguido na lonxitude tendo unha mala competición quedando 10ª cunha marca de 5.04 m. e moi lonxe de entrar a mellora, por último o atleta Carlos Revuelta tamén competiu no lanzamento de disco, quedando 10º e cunha marca de 37,14.
Cabe destacar a cantidade de vento que facía xa que non permitiu a celebración da pértega feminina, e tívose que trasladar a proba a un módulo cuberto.
Este non será un campionato para recordar xa que ningún dos nosos atletas estivo dentro das súas posibilidades pero seguro que os nosos atletas aprenderán dos seus erros e para o ano que ven acadarán os seus obxectivos.



CRITERIUM GALEGO DE SALTO E LANZAMENTOS
Lugo 05 de xullo do 2008

As pistas de atletismo do Estadio “Gregorio Pérez Rivera” de Lugo, acolleron o longo do sábado un novo Criterium Galego de saltos e Lanzamentos, cerca de media ducia de atletas do club se desprazaron ata Lugo para a disputa de este Criterium.
Inda que as marcas non foron boas, esta competición sírvelles de test para o próximo Campionato Galego Absoluto.
A única atleta feminina do club que participou foi Raquel Lameiro, que reaparece dispois de un longo tempo lonxe das pistas de atletismo, esta será a primeira competición en este ano fora das pistas de O Barco, e participaría no triplo salto facendo unha marca de 10,84 m.
Xulio Ventin que reaparecería dispois dunha lesión que non lle permitiu participar no pasado Campionato de España de Veterans, competiría en varias probas no salto de pértega onde chegou a saltar 3,40 m, no triplo salto faría 10,24 m, tamén lanzou o disco enviando o artefacto a 33, 80 m. e finalmente no lanzamento de martelo lanzando 37,30 m.
Outro veterano que participou foi o Campión de España de xavelina Luís Nogueira rematando 4º en unha competición de gran nivel na que participou o mellor lanzador no ranking español Gustavo Dacal, Luís lanzaría a xavelina a 62,90 m.
No lanzamento de peso, onde tamén habería un gran nivel e o noso lanzador Jesus García remataría 4º na xeral e 3º na categoría sénior con unha marca 12,35 m.
Xa por ultimo, no lanzamento de disco o atleta Juan Carlos Lareo, que sigue na busqueda dos 40 m. en esta ocasión o seu mellor lanzamento foi de 38,80 m. rematando 3º na xeral.


OUTROS RESULTADOS:

IIº TROFEO ALFONSO POSADA
Vigo 03 de xullo do 2008

O pasado xoves celebrouse o “IIº Trofeo Alfonso Posada” na pista de Balaidos en Vigo, onde participarían os nosos velocistas Miguel Fernández e Bruno de Sousa e o veterano Xulio Ventin no salto con pértega, onde saltaría 3,41 m. e intentando 3,61 m. Nos 100 m. lisos Miguel Fernández correría na serie mais rápida e contra dous dos mellores velocista galegos rematando 7º cun tempo de 12”05 e Bruno correría na segunda rematando 3º con 12”10, Bruno volvería a participar, pero esta vez nos 200 m. lisos rematando 6º con 24”52.


CARREIRA NOCTURNA DE CELANOVA
Celanova 28 de xuño do 2008
CARREIRA POPULAR DE LEIRO

Leiro 06 de xullo do 2008

Os nosos fondistas seguen a dar de que falar nas diferentes populares que se ven celebrando na nosa provincia.
Agora que o dominio (a nivel provincial) nas populares era de Manuel Prieto, salvo nas “subidas” que son dominio de Elpidio Gomez, aparece en escena Jose Manuel Ramos que nas ultimas dúas carreiras estase metendo no podio, se en Celanova na Carreira Nocturna, onde había un bo nivel, con atletas como Pedro Nimo, Martinez Duran e atletas portugueses, Ramos remataría 3º e na Popular de Leiro, onde o nivel e xa moito mais alto con atletas da talla do triatleta galego Gomez Noya, Gustavo Nieves, Elías Domínguez, un histórico do fondo galego e español Carlos Adan, atletas portugueses, o noso atleta remataría 12º na xeral e 7º na súa categoría, en esta mesma proba tamén participaría o atleta veterano Manuel Garcia Alfonso.


RESULTADOS NOCTURNA DE CELANOVA

RESULTADOS POPULAR DE LEIRO

viernes, 4 de julio de 2008

PROXIMA COMPETICION

Este fin de semana celebrase o Campionato de España Xuvenil en Almeria e ata alá desprazaronse Leticia Gil que participara no salto de lonxitude, Laura Perez no lanzamento de martelo e Carlos Revuelta tamen participara no lanzamento de martelo.

MAIS INFORMACIÓN



Nas pistas do Estadio Municipal Gregorio Rivera da cidade de Lugo, durante a xornada do sabado celebrase un novo Criterium Galego de lanzamentos e saltos, esperase unha boa presenza dos nosos atletas.

MAIS INFORMACIÓN

RESULTADOS

2º JUEGOS EUROPEOS DE POLICIAS Y BOMBEROS
Pontevedra, do 23 ao 29 de xuño do 2008


"Bruno de Sousa 3º nos 400 m.l
en los Juegos Europeos de Policias y Bomberos"


Participacion do atleta vigués Bruno de Sousa (de oficio: bombeiro no parque de Bombeiros de Vigo) nas probas de 400 m.l e nos 200 m.l. realizando bos rexistros en ambas probas.

"En dicha competición tomé parte en el 400 m.l categoría open donde bajé mi marca personal a los 53"72, mejorando la del gallego de clubes y consiguiendo la medalla de bronce... también participé en el 200 m.l, donde me metí en la final (se ganó con 22"52!!!), pero no pude batir mi marca y me quedé con un 24"26 que no dice mucho".

Na foto: Bruno de Sousa a esquerda da imaxe .


MAIS INFORMACIÓN



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VETERANS
Gandia, do 27 ao 29 de xuño do 2008



"3 medallas e un record do campionato para os nosos atletas"


Luis Nogueira vence e fai o record do campionato no lanzamento de xabalina na categoria M-50 cun mellor lanzamento de 64,57 m. e subcampión no salto de lonxitude.
Carlos Revuelta cumple no lanzamento de martelo cun 3º posto no nacional.



Texto escrito por Luis Nogueira:

"Sobre o Campionato de España de Veterans celebrado en Gandia, resaltar o tempo, magnifico, agran cantidade de participantes en todalas probas, as gradas cheas e a organización boa en canto a xuices e voluntarios, pero pobre en canto a materiais para competir e sobretodo a simpleza do podio.
Dada a importancia que este evento ten para a cidade que se celebra, esgotaronse as prazas hoteleiras, hai que empezar a esixir que se cuiden algo mais as formas, que os atletas nos sentimos competindo nun campionato importante.
O atletismo veteran esta acadando unha magnitude enorme, eu estreaba xabalina e queria batir meu record, pero tecnicamente estiven desastroso e no derradeiro lanzamento alcanzei os 64,57 m. que me deixaron mais ou menos satisfeito o mesmo tempo que eu competia estaban lanzando o martelo pesado e pareceume espectacular, ideal para facer unha exibición nas festas de calquer pobo, para os homes fortes do lugar o intentaran lanzar.
O dia seguinte saltei na lonxitude 5,37 m. que me deron o subcampionato de España e leveime unha grata sorpresa co 3º posto do meu compañeiro Carlos Revuelta no lanzamento de martelo."