martes, 31 de marzo de 2009
RESULTADOS
Vigo 29 de marzo do 2009
Preto de 3.100 atletas tomaron a saída para percorrer os 21,097 km. que separan Vigo de Baiona, as condicións climáticas foron boas axudando a conseguir o record de participación.
Un numeroso grupo de atletas do club desprazáronse ata Vigo para a participación de dita carreira, destacar a boa carreira do alaricano Víctor Conde que remataría no posto 27º da xeral e 6º na categoría de veteranos A tardando en facer o circuíto 1h14'11", outro atleta que tamén destacou foi Javier Fernández que remataría 69º cunha marca de 1h17'19" ambos atletas xa ten a marca mínima para participar no Campionato de España da distancia.
Tamén participaron no posto 342º Manuel Rodríguez con 1h25'28", no 366º remataría Ruben Marcos León con unha marca de 1h26'03, outros atletas que participaron foron José Ricardo Vieites, Miguel Angel Fernández, Miguel Angel Martinez, Miguel Angel González, Manuel Garcia e José Benito Nóvoa.
Na foto: Javier Fernández
RESULTADOS
XORNADA PREVIA COMARCAL ATLETISMO ESCOLAR PISTA AIRE LIBRE O Barco 28 de marzo do 2009
"MARÍA GONZÁLEZ E EMMA LÓPEZ SOBRESAÍNTES NO INICIO DA TEMPORADA ESCOLAR EN VALDEORRAS."
Non podía empezar mellor a temporada de Aire Libre escolar en Valdeorras este pasado fin semana no estadio municipal de xa que 2 atletas do adas proinor realizaban unha excepcional competición en lonxitude. María González acadaba a mínima de Aire Libre cun espectacular salto de 5.10,mentres que Emma López batía o récord galego en categoría Alevín cun salto de 4.61 m.
Polo demais, houbo marcas interesantes e sobre todo unha boa participación, que augura unha xornada interesante en Ourense o vindeiro día 25 de Abril. Destacar a participación de rapaces e rapazas do ADAS, Divina Pastora, Manzaneda e Viana, este último con máis de 50 rapaces e rapazas.
RESULTADOS
RESULTADOS
Pontevedra 21 de marzo do 2009
"OS VALDEORRESES DO ADAS ESTIVERON A BO NIVEL"
Comezou tempada para os lanzadores e lanzadoras do ADAS-PROINOR con este Criterium de Inverno celebrado en Pontevedra, inda que o tempo non acompañou, os nosos atletas estiveron a bo nivel.
Carlitos Revuelta en martelo lanzaría 49.66 m. acadando xa a marca mínima para o Nacional Xunior, mentres que a súa irmá Ana Raquel cumpría no martelo, cunha marca de 25 .64 m. e lanzaba 27.42 m. no disco. A outra femia, Laura, comezaba a temporada cuns esperanzadores 37.28 m. en martelo, mentres que Juan Lareo, melloraba no disco a súa marca, deixándoa en 39.16 m. En canto os xabaliñeiros, Luis Nogueira quedaba 2º, con 58.21 m. e Jorge Prada era 3º con 57.57 m.
RESULTADOS
RESULTADOS
Ourense 29 de marzo do 2009
"EMMA LÓPEZ, CAMPIONA GALEGA DE COMBINADAS ALEVIN FEMININO"
Celebrouse no Módulo cuberto de Ourense o pasado fin de semana o Cpto. Galego de probas combinadas de menores en pista cuberta, no que participaron 2 atletas do noso club. En Alevín Feminino, Emma López proclamábase brillantemente Campiona Galega Alevín, realizando unhas grandes marcas, tanto na velocidade, coma no peso e na lonxitude, gañando as tres probas con autoridade. Así mesmo, o seu irmán, Juan, realizaba unha meritoria laboura na categoría benxamín.
RESULTADOS
jueves, 26 de marzo de 2009
COMPETICION
Pontevedra acolle este fin de semana unha edición mais do Criterium Galego de Lanzamentos, con varios atletas valdeorreses buscando xa a mínima Nacional.
Carlos Revuelta buscará esa mínima no martelo xunior, así como acercarse a unha boa marca no disco. Luis Nogueira tratará de facelo propio na Xavelina, mentras que Juan Lareo parte coa esperanza de acadar os 40 m. no disco. En féminas Laura Pérez en disco e martelo, e Ana Raquel Revuelta en Martelo e Disco, serán as participantes valdeorresas.
REGULAMENTO e HORARIO
COMPETICION
Este sábado en xornada de tarde celébrase en Calabagueiros a 1ª xornada de atletismo en pista para escolares, cunha participación cércana ós 150 atletas, das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Rapaces de Viana, Valdeorras e Manzaneda daranse cita en O Barco para tratar de facer unha marca na súa proba que lle permita o aceso a final provincial.
REGULAMENTO e HORARIO
RESULTADOS
Celebrouse o pasado fin de semana en Granada o Campionato de España Universitario de Campo a Través que tivo a 2 valdeorreses como protagonistas destacados do mesmo. Alberto Asensio e Tomás Fraiz, ambos do ADAS-PROINOR, remataron nas posicións 87º e 134º respectivamente, nun campionato de moito nivel e que colocou os dous atletas valdeorreses como 2º e 4º respectivamente do equipo da Universidade de Vigo.
RESULTADOS
RESULTADOS
María González 8ª en altura , Lorena 7ª en
Lorena Guitián acadaba en Oviedo o pasado fin de semana unha nova medalla de prata(e xa van 3) Non partía con unha das mellores marcas, pero Lorena, unha vez máis demostrou ser unha grande competidora e fixo en Oviedo a súa mellor marca da temporada, que parece presaxiar a posibilidade de acercarse o ansiado
Noraboa a todos.
RESULTADOS
VÍDEOS:
COMPETICIÓN DO SALTO DE ALTURA
COMPETICIÓN DA LONXITUDE
COMPETICIÓN DOS 300.M.L
COMPETICIÓN DOS 60 M.VALADOS
(CORTESÍA DA R.F.E.A)
martes, 24 de marzo de 2009
RESULTADOS
Monforte 22 de marzo do 2009
Numerosa participación de atletas do noso club en Monforte no estreo da 1ª Carreira Popular de Monforte.
Unha organización excelente, circuíto chan polo centro de Monforte, ben sinalado e con moita xente vendo a carreira e o tempo acompañou.
Dos noso o mellor clasificado foi Manuel Prieto no 9º posto dunha carreira onde había moito nivel, tamén participaron os seguintes atletas do club realizando unha mais que boa competición, 46º Ruben Marcos León, 48º Abraham Vega, 64º Manuel Rodríguez, 83º Fernando Glez., 93º Manuel Ares, 130º Miguel Angel Fdez, 131º José Luís Rodríguez.
Carmen Expósito que seria a nosa única muller que correu na "popular" remataría 192ª na xeral, na súa categoría 3ª e entraría 25ª das feminas e xa por ultimo remataría a carreira Vitorino Berzosa.
Na foto Vitorino Berzosa, foto cortesía de J.R.Casan
RESULTADOS
CARREIRA POPULAR DE A MERCA
A Merca 22 de marzo do 2009
O atleta alaricano do club ADAS, Víctor Conde acadaba a 2ª praza na popular de A Merca, despois de realizar unha espléndida carreira, que lle valeu chegar en solitario a meta.
En féminas, Tania Prieto, acadaba o 1º posto na sua categoría. Excelentes resultdos, tamén para Iago Peralta en cadetes,2º, Pablo Marqués, 3º, e para Lucy AShcroft, 3ª da sua categoría. As pequenas, Míriam, Aida e Manuel realizaron unha gran carreira que os levou a encabezar a sua categoría.
RESULTADOS
jueves, 19 de marzo de 2009
COMPETICION
Este fin de semana celébrase en Oviedo unha nova edición do Cpto. de España Cadete de pista cuberta, ata alá se desprazarán 3 dos nosos mellores atletas, dúas rapaces e un rapaz que participarán en altura, lonxitude e 60 m. valados e 600 m.l masculinos.
Lorena Guitián e María González serán as primeiras en estrearse, pois iniciarán o seu concurso de altura o sábado a partir das 15:15 h. Lorena, que no aire libre do ano 2008 realizou unha gran temporada, afronta esta pista cuberta coa intención de acercarse o podio, inda que non chega no seu mellor momento. Pola súa banda, María , que tamén participará en lonxitude , tratará de buscar un posto de finalista. A súa mellor calidade , que é ser unha grande competidora, pode facer que consiga o seu obxectivo. Completará Lorena a súa participación coa especialidade de 60 m.v. na que chegar a final sería todo un éxito.
No apartado masculino, Javier Rivero, que ven de encadear dous Cptos. de España seguidos, afronta este 3º de pista cuberta coa intención de colarse na final, para o cal, deberá mellorar a súa marca. Calidade e ganas non lle faltan, e puidera ser que nos deparase unha agradable sorpresa.
MAIS INFORMACION
ATLETAS DEL CLUB NAS DIVERSAS CARREIRAS POPULARES E 1/2 MARATÓN DO FIN DE SEMANA.
Unha vez rematados os diferentes Campionatos Galego en inverno, volven as carreiras populares, Monforte e A Merca celebran as súas carreiras populares o fin de semana, onde o mais posible haxa representación do club o igual que no 10 km da Cidade Universitaria de Vigo, unha carreira que servira de quentamento para a 1/2 maratón VIG-BAY.
Falando de 1/2 maratóns, a cidade de León acolle por primeira vez unha, cerca de 1.200 participantes,e tamén haberá atletas do club, Miguel Angel Martinez, que con esta carreira afronta unha semana forte, con dúas 1/2 maratóns que le servira de preparación de cara o Maratón de Paris.
REGULAMENTO CARREIRA POPULAR DE A MERCA
REGULAMENTO 10 KM CIDADE UNIVERSITARIA
REGULAMENTO CARREIRA POPULAR MONFORTE
Iº 1/2 MARATON CIUDAD DE LEÓN
RESULTADOS
A Coruña 15 de marzo do 2009
"10 MEDALLAS NO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA"
O pasado fin de semana as xóvenes promesas do club realizaron unha gran competición no Cpto. Galego de pista cuberta celebrados unha vez mais nas pistas de Riazor.
2 campionatos galegos,6 sub.campionatos e 2 bronces foi o balance final da competición que tivo en Lorena Guitián, María González e Javier Rivero os grandes protagonistas do día.
O limiano Javier Rivero acadaba 2 sub-campionatos, en 600 e en 1000 m. , que lle supoñían ,ademais ,a marca mínima para os Nacionais a celebrar en Oviedo o vindeiro sábado.
Pola súa banda , María González acadaba a mínima en lonxitude, 5.02 m., que lle daba tamén o título, e sería 2ª en altura e mais terceira na pértega, na que non realizou unha boa competición.
Lorena Guitián volveu polos seus fueros en altura e gañaba cunha marca de 1.56 m., sendo 2ª en 50 m.v. e mais en 50 m.l.
As outras 2 medallas virían da man de Vicente Fontán, 2º en lonxitude, con 5.00 m. e 3º en pértega.
Hai que destacar tamén a 4ª posición de Lucy Ashcroft en 600, e a 5ªe en 50 m.v.
Outros participantes destacados serían Miriam Ares, 6ª no 1000, e Ayoub Nagihi, 8º nos 3000 m.
RESULTADOS
EL ADAS, EN EL ESPAÑOL DE 100 KMS
viernes, 13 de marzo de 2009
COMPETICIÓN
O vindeiro dia 15 de Marzo, domingo, celébrase na cidade da Coruña o Cpto. Galego de pista cuberta Cadete cunha importante presencia de atletas valdeorreses.
No apartado feminino, Lorena Guitián e María González son candidatas a 6 medallas. Lorena, en altura , 50 valados e 50 m.l e María nos 3 saltos (pértega, altura e lonxitude) . Pola súa banda tamén ten posibilidades Lucy Ashcroft, que participa en 50 valados, 600 m.l e 1000 m.l. Haberá participación valdeorresa en 3000 m.l con Violeta Portero e outra atleta nos 1000 m.l, Desiré Gómez. Completarán a expedición Deborah en 50m.l e 50 m. valados, e Yolanda, en lonxitude e 50 m.valados.
No apartado masculino, Vicente Fontán, en pértega e altura, loitará por un posto no pódium, de igual xeito que Javi Rivero, en 600 m.l e 1000 m.l. Tamén estarán presentes, Ayoub Nahigi en 600 m.l e Saúl Ordóñez en 3000 m.l.
Inscrición Club
Mais información
3ªXORNADA COPA DEPUTACIÓN - FONDO E MARCHA -
O vindeiro sábado celebrase unha nova xornada da "Copa Deputación" nas pistas do Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar, onde haberá probas de fondo e marcha soamente, para as categorías dende xuvenil ata veteran, prevese participación do club na proba dos 10.000 m.l masculinos.
Mais información
jueves, 12 de marzo de 2009
RESULTADOS
Cáceres 8 de marzo do 2009
"OS CADETES E AS CADETES DO ADAS CUMPRIRON AS EXPECTATIVAS EN CÁCERES."
As rapaces, e as rapazas cadetes do ADAS cumpriron as expectativas durante a celebración Cpto. de España de Clubs de campo a través. Ademais da experiencia adquirida, hai que suliñar a excelente carreira de tódolos seus compoñentes.
En cadete masculino, excelentes Saul, Javier Rivero e Raúl, cumprindo moi ben Ayoub , Iago e o lesionado Cristopher.
Nas rapazas, estiveron todas a un gran nivel, acadando o 19º posto. Suliñar a laboura de Violeta, e Desiré, tendo unha especial relevancia no desenrolo da proba, e felicitar o pundonor de Míriam, Angela, Deborah e Lucy que fixeron unha gran carreira.
RESULTADOS
RESULTADOS
CRITERIUM CATEGORÍAS MENORES
A Coruña 8 de marzo do 2009
"11 MEDALLAS, BALANCE DO ADAS NA COPA XUNTA DE GALICIA"
Excelente bagaxe a conseguida polo Club ADAS PROINOR DE O BARCO na 2ª Copa Xunta de Galicia de Categorías Menores.
As 12 medallas acadadas amosan con exactitude o traballo realizado polo noso club nos últimos anos.
Así destacaremos os 3 ouros de María González en altura (1'44 m.), lonxitude (4.94 m.) e 50 m.valados. Tamén meritorios son os bronces de Xaime García en altura e 50 m.valados, ambos atletas da categoría infantil.
Na categoría Alevín, sería Emma López a auténtica protagonista, batindo o Récord Galego Alevín en lanzamento de peso e gañando o ouro nos 50 m.l. En Alevín masculino, Kevin Fernández acadaría o bronce en lonxitude. Na categoría benxamín, Aida Martinez Barja, acadaba a prata en 1000 m. Xa en Infantil masculino Daniel González sería 2º nos 3.000 m.l. Por outra banda, en Benxamín feminino, Tania Ramos sería 3ª en lonxitude.
Na foto: Emma López
RESULTADOS
VARIOS
Este pasado xoves,dia 12 de marzo, presentaba o seu novo libro de relatos curtos, co título "15 suspiros", o noso delegado e atleta do club ADAS, Carlos Revuelta. O acto de presentación, que contou ca presencia do Excmo.Sr.Alcalde de O Barco, Alfredo García e o Sr. Concelleiro de Cultura, Eduardo Ojea, contou cun importante número de asistentes, que desfrutaron do acto e coñeceron un pouco máis a faceta literaria do noso delegado, atleta e sobre todo gran amigo Carlos Revuelta.
A verdade é que non todo vai ser atletismo.
Por outro lado, hai que decir que Carlos cumplirá un novo reto esta fin de semana, coa súa participación nos 100 km de Vallecas, proba puntuable para o Cto. de España de 100 km. para veteráns. A intención de Carlos, nesta 1ª experiencia é cubrir uns 50 ou 60 km,. para posteriormente afrontar con máis garantías este importante reto de finalizar os 100 km.
sábado, 7 de marzo de 2009
COMPETICIÓN
IIª COPA XUNTA DE GALICIA DE MENORES EN PISTA CUBERTA
A Coruña o 08 de marzo do 2009
O próximo domingo dia 8 celebrase a IIª Copa Xunta de Galicia de menores na pista cuberta do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.
O club desprazará un bo numero de atletas benxamíns, alevíns e infantís onde hai posibilidades de subir varias veces o podio de esta Copa Xunta de Galicia.
REGULAMENTO
INSCRICIÓNS
COMPETICIÓN
Turín (Italia) 6-7 e 8 de Marzo do 2009
"Valdeorras estará representada en este campionato por medio da atleta Eva Arias."
Eva Arias volve a estar coa selección española absoluta nun importante campionato, o Campionato de Europa de pista cuberta, que se ven celebrando durante o fin de semana no " Oval Lingotto" da cidade italiana de Turín.
Eva estrease o sábado pola mañá nas semifinais dos 3.000 m.l.
Sen duda e un bo premio a gran tempada invernal feita este ano por Eva, onde fai uns dia conseguiu o subcampionato de España nos 1.500 m.l.
MAIS INFORMACION
DELEGACIÓN VALDEORRESA DE ATLETISMO
A nova Delegación Valdeorresa de Atletismo (DVA) conta con un blog para informar dos horarios e regulamentación das diferentes probas que se vaian facendo na comarca, así mesmo conta con dous correos (un para inscrición) coma dun formulario para inscricións.
A nova xunta directiva ven de facer unha reunión onde se aprobaron varios temas e o novo escudo da Delegación que é un deseño de Ivan Estevez.
DELEGACIÓN VALDEORRESA DE ATLETISMO
atletismo.valdeorras@gmail.com