CRITERIUM GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO
Pontevedra 21 de marzo do 2009
Pontevedra 21 de marzo do 2009
"OS VALDEORRESES DO ADAS ESTIVERON A BO NIVEL"
Comezou tempada para os lanzadores e lanzadoras do ADAS-PROINOR con este Criterium de Inverno celebrado en Pontevedra, inda que o tempo non acompañou, os nosos atletas estiveron a bo nivel.
Carlitos Revuelta en martelo lanzaría 49.66 m. acadando xa a marca mínima para o Nacional Xunior, mentres que a súa irmá Ana Raquel cumpría no martelo, cunha marca de 25 .64 m. e lanzaba 27.42 m. no disco. A outra femia, Laura, comezaba a temporada cuns esperanzadores 37.28 m. en martelo, mentres que Juan Lareo, melloraba no disco a súa marca, deixándoa en 39.16 m. En canto os xabaliñeiros, Luis Nogueira quedaba 2º, con 58.21 m. e Jorge Prada era 3º con 57.57 m.
RESULTADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario