jueves, 19 de marzo de 2009

COMPETICION

O NACIONAL CADETE DE PISTA CUBERTA TERÁ 3 PARTICIPANTES DO CLUB ADAS PROINOR

Este fin de semana celébrase en Oviedo unha nova edición do Cpto. de España Cadete de pista cuberta, ata alá se desprazarán 3 dos nosos mellores atletas, dúas rapaces e un rapaz que participarán en altura, lonxitude e 60 m. valados e 600 m.l masculinos.
Lorena Guitián e María González serán as primeiras en estrearse, pois iniciarán o seu concurso de altura o sábado a partir das 15:15 h. Lorena, que no aire libre do ano 2008 realizou unha gran temporada, afronta esta pista cuberta coa intención de acercarse o podio, inda que non chega no seu mellor momento. Pola súa banda, María , que tamén participará en lonxitude , tratará de buscar un posto de finalista. A súa mellor calidade , que é ser unha grande competidora, pode facer que consiga o seu obxectivo. Completará Lorena a súa participación coa especialidade de 60 m.v. na que chegar a final sería todo un éxito.
No apartado masculino, Javier Rivero, que ven de encadear dous Cptos. de España seguidos, afronta este 3º de pista cuberta coa intención de colarse na final, para o cal, deberá mellorar a súa marca. Calidade e ganas non lle faltan, e puidera ser que nos deparase unha agradable sorpresa.


MAIS INFORMACION


ATLETAS DEL CLUB NAS DIVERSAS CARREIRAS POPULARES E 1/2 MARATÓN DO FIN DE SEMANA.
Unha vez rematados os diferentes Campionatos Galego en inverno, volven as carreiras populares, Monforte e A Merca celebran as súas carreiras populares o fin de semana, onde o mais posible haxa representación do club o igual que no 10 km da Cidade Universitaria de Vigo, unha carreira que servira de quentamento para a 1/2 maratón VIG-BAY.
Falando de 1/2 maratóns, a cidade de León acolle por primeira vez unha, cerca de 1.200 participantes,e tamén haberá atletas do club, Miguel Angel Martinez, que con esta carreira afronta unha semana forte, con dúas 1/2 maratóns que le servira de preparación de cara o Maratón de Paris.

REGULAMENTO CARREIRA POPULAR DE A MERCA
REGULAMENTO 10 KM CIDADE UNIVERSITARIA
REGULAMENTO CARREIRA POPULAR MONFORTE

Iº 1/2 MARATON CIUDAD DE LEÓN

No hay comentarios: