Monforte 22 de marzo do 2009
Numerosa participación de atletas do noso club en Monforte no estreo da 1ª Carreira Popular de Monforte.
Unha organización excelente, circuíto chan polo centro de Monforte, ben sinalado e con moita xente vendo a carreira e o tempo acompañou.
Dos noso o mellor clasificado foi Manuel Prieto no 9º posto dunha carreira onde había moito nivel, tamén participaron os seguintes atletas do club realizando unha mais que boa competición, 46º Ruben Marcos León, 48º Abraham Vega, 64º Manuel Rodríguez, 83º Fernando Glez., 93º Manuel Ares, 130º Miguel Angel Fdez, 131º José Luís Rodríguez.
Carmen Expósito que seria a nosa única muller que correu na "popular" remataría 192ª na xeral, na súa categoría 3ª e entraría 25ª das feminas e xa por ultimo remataría a carreira Vitorino Berzosa.
Na foto Vitorino Berzosa, foto cortesía de J.R.Casan
RESULTADOS
CARREIRA POPULAR DE A MERCA
A Merca 22 de marzo do 2009
"VÍCTOR CONDE, 2º EN A MERCA"
O atleta alaricano do club ADAS, Víctor Conde acadaba a 2ª praza na popular de A Merca, despois de realizar unha espléndida carreira, que lle valeu chegar en solitario a meta.
En féminas, Tania Prieto, acadaba o 1º posto na sua categoría. Excelentes resultdos, tamén para Iago Peralta en cadetes,2º, Pablo Marqués, 3º, e para Lucy AShcroft, 3ª da sua categoría. As pequenas, Míriam, Aida e Manuel realizaron unha gran carreira que os levou a encabezar a sua categoría.
RESULTADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario