VARIAS OPCIÓNS DE MEDALLAS NO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA.
O vindeiro dia 15 de Marzo, domingo, celébrase na cidade da Coruña o Cpto. Galego de pista cuberta Cadete cunha importante presencia de atletas valdeorreses.
No apartado feminino, Lorena Guitián e María González son candidatas a 6 medallas. Lorena, en altura , 50 valados e 50 m.l e María nos 3 saltos (pértega, altura e lonxitude) . Pola súa banda tamén ten posibilidades Lucy Ashcroft, que participa en 50 valados, 600 m.l e 1000 m.l. Haberá participación valdeorresa en 3000 m.l con Violeta Portero e outra atleta nos 1000 m.l, Desiré Gómez. Completarán a expedición Deborah en 50m.l e 50 m. valados, e Yolanda, en lonxitude e 50 m.valados.
No apartado masculino, Vicente Fontán, en pértega e altura, loitará por un posto no pódium, de igual xeito que Javi Rivero, en 600 m.l e 1000 m.l. Tamén estarán presentes, Ayoub Nahigi en 600 m.l e Saúl Ordóñez en 3000 m.l.
Inscrición Club
Mais información
3ªXORNADA COPA DEPUTACIÓN - FONDO E MARCHA -
O vindeiro sábado celebrase unha nova xornada da "Copa Deputación" nas pistas do Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar, onde haberá probas de fondo e marcha soamente, para as categorías dende xuvenil ata veteran, prevese participación do club na proba dos 10.000 m.l masculinos.
Mais información
No hay comentarios:
Publicar un comentario