martes, 6 de noviembre de 2007

RESULTADOS

2ª Carreira Popular de O Barco
"Carreira dos Santiños"
04/11/2007 O Barco


"Gilberto Álvarez e Iria Fernandez vencedores da 2ª Carreira Popular de O Barco"

Con unha boa mañá que invitaba a practica de calquera deporte , no Barco celebrouse a 2ª Carreira Popular ( Carreira dos santiños ), boa participación de atletas superando a inscrición do ano pasado, o que e mais importante o aumento da participación feminina.
Sobre un circuíto chairo con algunha rampa, un circuíto rápido de case 3.500 m. ,os atletas deberían de percorrer 1 ou 2 voltas dependendo da categoría.

O atleta do club Gilberto Álvarez puxo un ritmo alto que o atleta berciano Jesus Alonso (Chus) e o ourensán Jose Antonio Paz foron os únicos que lle aguantaron aínda que foron cedendo terreo cara o final da proba.

Na categoría feminina a vencedora, unha coñecida do club, Iria Fernández del Ourense Atletismo, Cristina Fdez. foi a mellor do club entrando 3ª na categoría absoluta.

Nas categorías menores, os nenos –as do club coparon os primeiros postos, na categoría cadete os tres primeiros foron os atletas do club Cristián Fdez.,Víctor Fdez e Iago Peralta, en feminas Sheila Fdez e Tania Prieto 1ª e 2ª respectivamente.
Na categoría infantil dominio de Agustin Glez. e en feminas Míriam Ares, ambos atletas do club.

Nesta proba estrearon a camiseta do club 4 atletas séniors, Manuel Prieto (4º absoluto), Elpidio Gomez (5º absoluto), Pablo Israel Rodríguez (16º absoluto) e Ruben Marcos León (51º).

Dende esta paxina a organización do evento, o Concello de O Barco, a Concellería de Deportes e o club ADAS-PROINOR, agradécelles aos atletas su participación, esperando a súa participación o ano que ven.


RESULTADOS CARREIRA 7.000 m
RESULTADOS CARREIRA 3.500 m
RESULTADOS POR CATEGORIAS 7000 m
RESULTADOS POR CATEGORIAS 3.500 m
VIDEO (POR CORTESÍA DE LA REGION)

FOTOS

No hay comentarios: