viernes, 25 de enero de 2008

RESULTADOS

Campionato Galego Absoluto,Promesa y Junior de Pista Cuberta

Palacio dos Deportes de Riazor A Coruña 19.01.2008

“Comezaron os Campionatos Galegos”

O pasado fin de semana nas pistas cubertas do Palacio de Deportes de Riazor na Coruña, celebráronse os Campionatos Galegos reservados as categorías xuvenil, xunior, promesa e sénior.

Ata alá desprazouse unha ducia de atletas do club, pese algunha baixa importante.
Os atletas demostraron na competición, que van collendo a forma de cara a pista o aire libre.

Conseguíronse 4 medallas, dous delas por Leticia Gil, 1ª en lonxitude xuvenil con unha marca de 4,94 m e no salto de altura rematando 3ª absoluta, o lanzador Martín Fernández conseguiu para o club a medalla no lanzamento de peso xunior cunha marca de 12,16 m e o atleta coruñés Borja Rey Penelas 2º promesa no 800 m.l.
Boas marcas para o resto de atletas, Cristina Robledo participou xunto con Lorena Guitian nos 50 m.l as súas marcas foron 7”34 e 7”19 respectivamente, a pesar de facer bos postos nas súas series non se clasificaron para a final, María González 11ª na lonxitude cunha marca de 4,66m e na altura 7ª con 1,41 m. nesta proba tamén participaría Lorena Guitian 4ª con 1,47 m.
Retornou Gilberto Álvarez a correr na pista e fíxoo na proba dos 3.000 m.l rematando 3º na súa serie cunha marca de 9’02”31, o velocista Bruno Sousa correría os 200 m.l en 24”78 non conseguindo pasar a final. No triplo salto boa actuación de Mario Romano seria 6º absoluto cunha marca de 12,86 m., na categoría feminina participarían Leticia Gil (10,26 m.) e María González (10,12 m.) e finalmente no lanzamento de peso absoluto 6º posto para Jesus García, 12,61 m., mellorando a súa marca persoal, estreábase nesta proba Juan Carlos Lareo, 11º con 11,03 m.

Tamén participaron outros dous valdeorreses nas filas do Ourense atletismo, 2º posto de Ivan Valle na altura masculina e Raul Fdez. 6º en los 50 m.l xunior.


RESULTADOS

No hay comentarios: