miércoles, 30 de enero de 2008

RESULTADOS

CPTO. PROVINCIAL ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVES
Monterrei - Pereiro de Aguiar 26/01/2008


“O equipo sénior subcampion provincial de campo a través”

O pasado domingo,cun dia frío e soleado, celebrouse no Complexo Deportivo de Monterrei, o Campionato Provincial de campo a través, o club presentou atletas en varias categorías, conseguindo dous títulos individuais, un segundo posto,un terceiro e o subcampionato do equipo sénior.
O primeiro en participar foi Alejo Ares na categoría xunior onde no atopou rivais, levándose o campionato, nunha carreira moi tranquila.
Fixeron doblete a xuvenís Cristina Fernández e Angela Rodríguez, 1ª e 2ª respectivamente, que correron na mesma proba coas demais categorías femininas, onde finalizaron 6ª e 10ª da xeral.
Na carreira sénior masculino, Manuel Prieto, foi o mellor do equipo entrando na meta 3º a o sprint co atleta do OAAP Javier Paredes, mentres os demais atletas do equipo Jose Manuel Ramos remataría 5º, Alberto Asensio 11º, Javier Fernández 12º e o atleta promesa Tomás Fraiz 16º, este atleta participaría por primeira vez nunha proba de campo a través.
As baixas de Elpidio Gomez e Miguel Angel Álvarez mermaron o potencial do equipo, que inda así conseguiron o subcampionato nunha boa carreira realizada por todos eles.




Imaxes dos podios conseguidos polos noso atletas, Alejo, Cristina, Angela e Manuel Prieto.

No hay comentarios: