jueves, 20 de marzo de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA
Oviedo 15/03/2008

“Lorena Guitian, finalista no seu 1º Campionato de España.”

Un 8º posto foi o botín do club nos campionatos de España cadete de pista cuberta celebrado no Palacio dos Deportes de Oviedo.
Lorena,que participaba por primeira vez nun Campionato de España, foi a Oviedo na súa especialidade o salto de altura, so puido saltar 1.56 m. e rematou 8ª e marchando cun mal sabor de boca de non aproveitar unha oportunidade de mellorar a súa marca persoal.


RESULTADOS


CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE PISTA CUBERTA
San Sebastian 15-16/03/2008

“Leticia Gil cumpriu nos 60 m. valados e non puido participar no salto de lonxitude.”

Leticia foi ata San Sebastián coa intención de mellorar a súa marca nos valados e conseguiuno sen problemas, o pase a final estaba complicado e haberá que esperar o aire libre para intentar esa empresa.
O final 9”52 , 7ª na súa semifinal, o que augura unha boa sensación de cara a pista o aire libre.
En canto a lonxitude, pouco podemos dicir, perdeuse unha oportunidade de acadar unha medalla, un problema de coordinación co horario da cámara de chamadas privouna de participar na proba.


RESULTADOS



5º TROFEO DE MARCHA
Santa Eulária de Rius 15/03/2008

Participación do atleta valdeorrés Jose Fernández no Trofeo de marcha organizado en Santa Eulária des Riu .
Jose participaba nos 20 km sénior masculino, unha proba internacional e onde estaban parte dos mellores atletas españois do momento, rematou no 12º posto cunha marca 1h 39’ 36”.


RESULTADOS

No hay comentarios: