viernes, 13 de febrero de 2009

RESULTADOS

CPTO. GALEGO DE VETERANS PISTA CUBERTA
A Coruña 08 de febreiro do 2009

"CHOIVA DE MEDALLAS NO GALEGO DE VETERANS DE PISTA CUBERTA"

Ata 30 medallas acadaban os nosos veteráns no Galego de pista cuberta celebrado o fin de semana en A Coruña. Fernando González, con tres ouros, sería un dos grandes protagonistas, vencendo en M-55 nas probas de 50, 200 e 400. Outros 3 metais de ouro acadaría Xulio Ventín, en pértiga, triple e altura, facendo boas marcas.
o xabalinista Luis Nogueira tampouco fallou na colleita, e veuse con ouro en triple, prata en peso e ouro na lonxitude de m-50. Paco Bao sería outro dos triples medallistas en peso,50 e 200. Viti, en m-75 teria un traballado e accidentado ouro no 50 m.l. mentres que Miguel Angel Martinez era prata en altura, e Agustín González era prata en triple e bronce en altura xa en M-45. Manolo Prada acadaba o bronce nos 800, Bao era ouro en 50 m.l. e Juan Carlos Lareo era prata no peso. Manolo García acadaba 3 medallas mais no 200,400 e 800.
Mención aparte merecen as nosas féminas que se estreaban nun Cto. Galego. Mercedes Caceres era 2ª en peso W-40, Carmen Exposito acadaba o ouro nos 3000 m.l W-55 e triple coroa para Maria José Diéguez e Mª José Arias que se colgaban outras 3 medallas cada unha, en altura, lonxitude, 200, peso e 50 m.l.

Noraboa a todos.

No hay comentarios: