viernes, 19 de marzo de 2010

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO ALEVIN-INFANTIL PISTA CUBERTA
A CORUÑA

Un nutrido grupo dos nosos menores participaron na vetusta pista cuberta do Palacio dos Deportes de A Coruña no seu campionato galego.
Boa organización en un numeroso campionato e bos resultados dos nosos menores que conseguiron subir ata tres veces o podio.
Kevin Fernandez remataría 6º na final dos 50 metros valados infantil, unha proba na que tamen participaría Adalberto Dominguez que quedou 4º na sua serie da semifinal. Na categoria feminina participaría a atleta da Limia Tatiana Gomez, 6ª na sua final.
Na proba do salto de altura, chegaria unha das tres medallas, o infantil Alberto Lopez con un salto de 1,30 m. sería 3º na sua categoría, na categoria feminina Andrea De Sousa remataría 6ª, en esta mesma proba o atleta de Viana Juan Bembibre remataria 1º na categoria alevin, bo resultado para os nosos amigos de Viana.
Na lonxitude 8º posto para o alevin Roberto Trincado e na mesma proba o infantil Kevin Fernandez ocuparía o 4º posto.
No lanzamento de peso, chegarian as outras medallas, o infantil Ivan Dominguez finalizaría 5º, a infantil Eva Doporto 2ª e a alevin Lucia Fernandez resultaría a vencedoras da sua categoría.
Neste campionato tamen participarian os nosos compañeiros de A.D. A Limia, que conseguiron por medio de Daniel Ojea unha medalla nos 50 m.l na categoria alevin, tamen participaria Irene Morales na proba dos 1.000 m.l. alevin.

Fotos cortesía da F.G.A ,arriba: Alberto Lopez, abajo: Eva Doporto

RESULTADOS



CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS
POBRA DO CARAMIÑAL


Maria Gonzalez e Ayoub Nahigi destacan a nivel individual no Campionato Galego Escolar de campo a través celebrado no circuito de Praia Cabío no Concello de A Pobra de Caramiñal. María Gonzalez finalizaría no cuarto posto na xeral da carreira cadete feminino, mentres o resto do equipo chegarian nos seguintes postos: 18ª Miriam Ares e 19ª Lucy Ashcroft, por equipos lograrian o 3º posto cadete feminino. Mentres en cadete masculino Ayoub Nahigi remata 2º, Daniel Glez. Devesa 25º e 33º para Agustin Glez., por equipos, os nenos serian 4º. Tamen participarian as nenas infantiles conseguindo o 7º posto por equipos, 45ª Maria Nogueiras, 46ª Jeisy Favarao, 48ª Tamara Cereijo e 51ª Rosana Martinez.
Os nosos compañeiros de A.D. A Limia lograron ser campions galegos na categoría alevin masculino e o 7º posto na categoría feminina, mentres os nenos alevins de Viana quedarian 7º por equipos onde destacou Juan Bembibre que remataría 4º na carreira masculina.


Nas fotos: arriba: María Gonzalez, abaixo: Ayoub Nahigi.

RESULTADOS

No hay comentarios: