a mucha gente, para acabar esprintando en las escaleras finales del castillo para acabar en ese tiempo. Resumen una carrera muy explosiva, corta, dura pero desafiante y que me apeteciò mucho correr porque nunca me habìa enfrentado a nada similar. Buena experiencia.San Cibrao 14 de decembro do 2008
BOS RESULTADOS DO ADAS NA POPULAR DE SAN CIBRAO.
Como xa é tradicional, os valdeorreses e limianos do Club ADAS-Proinor deixáronse ver na popular de San Cibrao. Cunha climatoloxía dura e exixente os nosos corredores e corredoras volveron a amosar un excelente estado de forma para a epoca do ano na que nos atopamos.
Na categoria absoluta PRIETO, RAMOS, CONDE E JESUS amosaron a suas credenciais de cara o vindeiro Cto. Galego de cross, entrando na 4ª,5ª,6ª e 7ª posicion respectivamente. A bon nivel Oscar e Javi, que seguen a subir o seu rendemento, tras eles Elpido Gomez que reaparece dispois dunha longa lesión.
Mentres que cumpliron os incombustibeis, Manuel, Cela, Ares e Bao.
1º en Veteranos M-35 Manuel Prieto e 3º en senior, Jose Manuel Ramos .
Na categorias menores onde participaron once rapaces de Xinzo que pertencen ao noso clube.
Tania Prieto gañou a carreira xuvenil, namentras en cadetes Javier Rivero impúxose con claridade, entrando Iago Peralta no 5ª posto e Pablo Márques 7º. Na mesma categoría Aitana Leguiçano, do Ourense Academia Postal, chegaba á meta por diante de Lucy Ashcroft, sendo 7ª Deborah Loerstcher.
En infantiles, nova exhibición de Dani Devesa, que avantoxou en máis de un minuto ao 2º clasificado, entrando Manuel Loerstcher 7º e Rubén Solveira 13º.
En alevíns, Aida Martínez entraba detrás de Tamara Pazos, do clube pontevedrés CEA Deza, mentras Jack Ashcroft era 4º.
Noraboa a todos e a todas.
XXIII MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA A RÍA
Neda 14 de decembro do 2008
Xosé Manuel Meijome participou nesta media maratón, con saida e meta no Concello de Neda.
Xosé Manuel remataria na xeral no posto 98º invertindo un tempo de 1h 26'38".
Moi amablemente describiunnos a sua experiencia na carreira:
"Crónica particular da media maraton Adolfo Ros 2008.
Pois fun ó final ata Neda con mais temor á viaxe de volta que ó tempo na propia carreira. Chegamos non sin dificulatades e vou polo dorsal estreando o chandal do
meu novo clube (para 2009) saudo alí a Pedro Nimo que me conta que correu o día anterior en Mos e que este 'sabor Neda' non lle parece o mais doado para facer marca na Adolfo Ros. Saúdo a outros foreiros de Correr en Galicia e vou coa tropa para que almorcen; logo xa voltamos ó coche e me decido a quencer non moi convencido de facer unha boa carreira. Hai un grande nivel: ó dito Pedro Nimo engadimos a Lolo Penas e Elías Dominguez por citar ós mais coñecidos así que a carreira ía sair 'lanzada'.Fago o ritual quecer-estirar-vestirme e me vou para a saída; mais foreiros a saudar todos coa impresión de que o imos flipar un pouco co vento e a auga que se promete.Saída; sin creermo moito vou a un ritmo forte as dúas voltas urbans, logo tento pillar un grupo cun ritmo soportable. Descolgome do grupo de Chus que vai moi forte e me pego ó de Manuel Oliver (que pronto voltará ós seus postos habituais) e fago con eles o cruce da ponte das pías. Paguei o esforzo atravesando o barrio de Caranza mais como era sin vento non sufrin demasiado. Km.10 (40'03") alcanzanme uns compañeiros do foro e me alentan para que os siga mais non podo teño que adaptarme ó que dou. Do 10 ó 15 "perdo" 2' non conquiro mante-lo ritmo de ningúen que me adianta e me limito a beber e a agradecer os aplausos do valente público. Por alí coñezo a Yonatan26 e me pego a eles un tempo ata a cola da ría; mais a costa da entrada en Neda me deixa sen folgos e me plantexo que me sobra roupa...km 20 (1h22') vexo que podo facer a marca prevista malía todo así que tento apretar porén que me adianten 7 ou 8 corredores mais. Xusto á entrada da recta de meta me colle outro compañeiro do foro (Correr en Galicia) co que fago a chegada 1h 26' 38" no posto 98 de 399. Non estivo mal porque era o previsto mais ¿que sería sen esa mala meteoroloxía e as malas sensacions que tiven dende o km. 6? bueno, só hai un xeito de respostar...Seguir correndo."


1ª CARREIRA "OSCAR PEREIRO" 
.jpg)

