jueves, 22 de noviembre de 2007

RESULTADOS

30ª Carreira Popular do San Martiño
Ourense 18/11/2007

O domingo 18 de novembro os valdeorreses acudimos en bo numero a xa tradicional CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO na capital ourensán.
O frío e a alta participación foron os protagonistas dunha proba onde houbo dominio africano.
Os nosos atletas fixeron unha excelente prestación, comezando polos novos "VALDEORRESES" Prieto, Ramos e Elpidio que entraron entre os primeiros, moi preto deles estivo Miguel Angel Álvarez, mellorando tamén os seus tempos tódolos demais atletas, con especial mención para Xavier Fernández e Manuel Rodríguez. Os mais pequenos, tiveron a Cristián Pérez como mellor clasificado na categoría cadete masculino, mentres Sheila Fernández seria a mellor atleta femina do club.
O mais pequenos cumpriron, destacando a boa carreira do recen incorporado Daniel González Devesa en infantiles.
A organización, unha vez mais, excelente, co único lunar da saída na carreira dos menores, que foi un caos, os atletas saltando por riba dos valados, e cunha soa alfombra de chips en funcionamento. Houbo caídas e desconcerto que non debe empanar a boa organización da que fai gala esta proba.



RESULTADOS CLASIFICACION GENERAL
RESULTADOS CLASIFICACION MENORES

No hay comentarios: