O vindeiro fin de semana, comeza o campo a través, para os atletas sénior do club, Gilberto Álvarez e o atleta madrileño Salvador Gamarra participaran o domingo en Toledo no Cross “Espada toledana”.
Tamén o domingo, pero en Donostia (San Sebastián) celebran o seu maratón popular, onde correra o atleta de Pobra de Trives Jose Ricardo Vieites .
E xa mais preto, nas Pistas de atletismo do Estadio municipal de Calabagueiros os nenos-as da Escola de atletismo comezan a tempada cun novo trofeo patrocinado por CAIXANOVA e organizado pola Federación Galega de Atletismo e a Delegación de Atletismo de Ourense.
En “Calabagueiros” celebrase a fase final provincial, reservada as categorías benxamín, alevín e infantil e as probas son as correspondentes a pista cuberta, e os primeiros clasificados, participarán na fase final que se celebrara o vindeiro dia 6 de decembro no Pavillón dos deportes de Riazor na Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario