miércoles, 28 de noviembre de 2007

RESULTADOS

Liga Escolar Caixanova -Cpto. Provincial Ourense-
O Barco 25/11/2007

O pasado domingo, as pistas de atletismo de”Calabagueiros” acolleu o provincial da nova Liga escolar patrocinado por CAIXANOVA, boa participación de nenos e nenas, inda que o ambiente era moi frío.
Os nenos e nenas do noso club fixeron unha boa competición,a pesares de que inda estamos no comezo da tempada.
Destacar da xornada o record galego de María González no triplo batendo o seu anterior rexistro e deixándoo en 10,11 m, a súa compañeira Lorena Guitian no salto de altura, no que venceu cunha marca de 1,54 m válelle como marca mínima para asistir o campionato de España Cadete de pista cuberta.
Boa actuacións de Míriam Ares e Sheila Fdez no 2.000 m.l, Cristina Robledo nos 60 m.l, Samantha Rodríguez en los 500 m.l e Patricia Fdez no peso; mentres os homes tiveron a súa gran estrela en Cristián Fdez. que dominou os tres saltos, Ruben Andrade no peso, onde non deu opcións os seus rivais e Xaime Díaz nos 60 m.l
Do mais pequenos, destacar as gañas e a ilusión de todos, boas actuacións de Emma López en 60 m.l e no peso, Marcos Ramos na lonxitude, Casandra Cristobao e Jennifer Guijarro nos 2.000 m.l, Daniel González nos 500 m.l, Ana Belén Feijoo tamén nos 500 m.l e Xoán Rey nos 60 m.l
Nesta proba, estrearon a nosa camiseta un grupo de atletas de Xinzo que este ano reforzan o club, e dicir que tamén participaron os nenos e nenas da Escola de Atletismo Alegría de Viana e do Colexio de Manzaneda.



RESULTADOS

No hay comentarios: