jueves, 31 de enero de 2008

FIN DE SEMANA



Moitas son a probas onde os nosos atletas participaran, durante o fin de semana,todas as probas son Campionatos Galegos.
O sábado na localidade de Ribadavia acollerá o Campionato Galego de cross de veteranos onde Manuel García e Elpidio Gomez defenderan o seus títulos conseguidos o ano pasado, tamén participaran Manuel Rodríguez, Carlos Revuelta, Manuel Prada, Manuel Ares, Francisco Bao.

Mais información
Tamén o sábado en A Coruña nas pistas de Elviña, Campionato Galego de probas combinadas menores onde participan a benxamín Emma López, en alevín Kevin Fernández e María González en infantil.

Mais información
O sábado e domingo en Pontevedra celebrase o Campionato Galego de probas combinadas veteranos e o noso representante será o pontevedrés Xulio Ventin.

Mais información
Ourense será a capital do cross o vindeiro domingo, o circuíto de Oira acollera o “Memorial Alejandro Lorenzo” un campionato federado para as categorías benxamín, alevín e infantil, o club participara en todas as categorías tanto en masculino coma en feminino.

Mais información
Tamén se realizara o Campionato Galego cadete e xuvenil de campo a través individual e por equipos, e coma as anteriores categorías o club presenta equipos masculinos e femininos.

Mais información
En Oira tamén se celebrara o Campionato Absoluto de campo a través (cross curto) e o equipo sénior do club que ven de ser subcampion provincial, ten unha nova proba, pero esta vez a nivel galego, de comezo o equipo fórmao Manuel Prieto, Elpidio Gomez, Jose Manuel Ramos, Miguel Angel Álvarez, Alberto Asensio, Javier Fernández, Borja Rey, Tomas Fraiz e Manuel Rodríguez
.
Mais información

No hay comentarios: