CAMPIONATO GALEGO DE COMBINADAS DE MENORES
A pista cuberta do Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña, acolleu o Campionato Galego de probas combinadas de menores, desprazáronse tres atletas do club Emma López , María González e Kevin Fernández, solo eles conseguiron tres medallas e dous records galegos para o atletismo valdeorrés.
Emma, espectacular, acadaba a vitoria nas tres probas, 50 m.l, lonxitude e peso, onde sumou un total de 1.185 puntos que seria un novo Record Galego alevín.
María González, pola súa banda acadaba un novo titulo e Record Galego na categoría infantil con unha puntuación de 1.918 no Tetrathlon.
Por ultimo destaca o bronce de Kevin Fernández, que realizou unha boa competición en alevín masculino.
As marcas:
Emma López
50 m.l: 7”63 - Peso: 8,08 m - Lonxitude: 3,70 m
María González
50 m.l: 7”64 - Peso: 6,37 m - Lonxitude: 4,70 m - 50 m.v: 8”91
Kevin Fernández
50 m.l: 8”30 - Peso: 6,73 m - Lonxitude: 3,81 m
Nas fotos, de esquerda a dereita, Emma López, María González e Kevin Fernández.
Fotos cortesía de Maria Jose Diaz e F.G.A.
CAMPIONATO GALEGO DE CROSS VETERANOS
RIVADAVIA 02/02/2008
Os nosos veteranos se desprazaron ata Ribadavia para participar no Campionato Galego de cross, encontráronse con un dia magnifico e un circuíto excelente, chan, rápido e totalmente de herba, boa organización.
O Campionato comprendía dende os 35 anos en adiante, a primeira carreira seria os homes da categoría M-35 e M-40 e o noso atleta, Elpidio Gomez, que era o campión galego M-35, cedeu o titulo, debido ao esforzo inicial cando marchaba 1º con vantaxe , rematando na 4º lugar da clasificación M-35 e 7º na xeral, como dato anecdótico os tres primeiros atletas da xeral eran da categoría M-40, o que fala, moito da gran nivel que houbo na carreira.
A seguinte carreira serian os da categoría M-45 en adiante, nesta carreira participarían varios atletas do club, en M-45 boa participación de Carlos Revuelta, que no final acusou o esforzo da Maratón de Marrakech , na categoría M-50 Manuel Prada rematando 6º realizando unha boa carreira, sempre en progresión, outro atleta seria Manuel Ares 16º na súa categoría.
En M-55 participación de Francisco Bao, rematando 11º na súa categoría.
E xa na categoría M-65, Manuel García conseguiría a única medalla o rematar no 3º posto, despois de ir na carreira sempre no 4º posto e nos metros finais, cun gran sprint pasou o atleta Alfonso Fdez. Bousada do Veteranos Pavillón.
Na foto o grupo de veteranos desprazados ata Ribadavia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario