sábado, 9 de febrero de 2008

RESULTADOS

“Cinco medallas, dous records galegos, varios finalistas e dous 3º postos por equipos.”
O pasado fin de semana celebrouse varios Campionatos Galegos en pista e campo a través, nos que houbo atletas do club participando en todos eles.

Na xornada do domingo debese destacar o mal tempo reinante nos lugares onde había probas atléticas.




MEMORIAL "ALEJANDRO LORENZO" E CPTO. GALEGO CROSS CURTO

Oira (Ourense) 03/02/2008


“Dous podio no “Memorial Alejandro Lorenzo” de campo a través e dous finalista, Míriam Ares 4ª(infantil Fem.) e o alevin Agustín González 6º”.

Cunha climatoloxía adversa, celebrouse en Oira (Ourense) unha espetacular xornada de campo a través onde houbo participación de todas a categorías, dende benxamín ata os sénior.
No Campionato Galego de Cross curto, o equipo sénior do club, con sensibles baixas, acadou a 7º posto, destacando a Manuel Prieto, que foi o mellor do equipo rematando 14º na xeral, Borja Rey, Elpidio Gomez, Alberto Asensio e Javier Fernández realizaron unha mas que boa carreira nun circuíto complicado debido as curvas e o barro.
No Campionato Galego Cadete e Xuvenil, cumpriron os rapazes-as, que realizaron un bo adestramento de cara o Campionato Provincial .
Xa nas categorías menores, podio para as benxamín femininas rematando 3ª e para os infantís masculinos, tamen3º quedándose a un punto do 2º posto.
Na categoría infantil feminino , esperábase mais das nenas pero a ausencia dalgunha atleta, restou potencial no equipo.
Con todo, felicitacións para todos os atletas polo seu esforzo e destacar, sobre todo a aportación dos atletas da Limia de Manolo Castro, que estiveron todos eles a un gran nivel, destacando a Lucy Ashcroft, Serafín Cuquejo e Daniel González.




Integrantes do equipo senior masculino, que participaron no Cpto. Galego de cross curto.



CAMPIONATO GALEGO VETERANO DE COMBINADAS

Pontevedra 02-03/02/2008


Xulio Ventin, que participaría na “casa” sería a nosa representación no Campionato Galego de veteranos de combinadas, un campionato que se celebrou Pontevedra durante o fin de semana.
Xulio, remataría 2º na categoría M-45 realizando unha puntuación total de 2.866 no Pentathlon
As marcas:
60 m.v: 11”08 – Lonxitude: 5,14 m – Peso: 10,17 m – Altura: 1,50 m - 1.000 m.l: 3’30”93


Na imaxe, Xulio Ventin co resto de participantes do Cpto. Galego de veteranos de combinadas.

No hay comentarios: