lunes, 18 de febrero de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL PISTA CUBERTA
Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) 17/02/2008

"8 medallas e 12 finalistas, foi a cosecha valdeorresa"


O pasado fin de semana, o Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña, acolleu o Campionato Galego de pista cuberta reservado as categorías cadete e xuvenil.
Ata A Coruña desprazouse un nutrido grupo de atletas do noso club e o balance final foi de 8 medallas e 12 finalistas.

Temos que destacar a xuvenil Leticia Gil que consegue dúas vitorias no salto de lonxitude e 50 m.valado e un subcampionato, no salto de altura.
Na lonxitude, con un salto de 5.24 m. acadaba o ouro e ademais a marca mínima para os Campionatos de España Xuvenil. Pola outra banda, Lorena Guitián acadaba o ouro na salto de altura cadete, nesta proba tamén conseguirían medallas o xuvenil Diego Teixeira o bronce e o cadete Cristián Fernández, prata.
Nos 50 m.l a cadete Cristina Robledo faría unha excepcional carreira, onde acadaba a prata con unha marca de 8”15, nesta carreira Lorena Guitian seria bronce.
Destacar a aportación de Elba Arias, acadando o 4º posto en 50 m.valados, 200 m.l e no lanzamento de peso.
Outros finalistas:
Carlos Revuelta
peso xuvenil
Laura Pérez
peso xuvenil
Vicente Garcíalonxitude cadete
Ruben Simón peso xuvenil
Cristián Fernándeztriplo salto e 7º lonxitude cadete
Angela Rodríguez400 m.l xuvenil
Cristina Fernández400m.l e 6ª800 m.l xuvenil
Ruben Andradepeso cadete



Na foto Leticia Gil nos 50 m. valados, foto cortesia da F.G.A.


RESULTADOS



CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS EN PISTA CUBIERTA
Palacio de los Deportes de Oviedo 16-17/02/2008


"Boa actuación dos nosos veteranos: 7 medallas e dous finalistas "


Os nosos atletas veteranos desprazados o pasado fin de semana ata Oviedo para asistir o Campionato de España, conseguiron un total de 7 medallas e dous finalistas, con este medalleiro, conseguen bater o do ano pasado, que foron catro as medallas.

O pontevedrés Xulio Ventin (M-45), atleta que fichou este ano polo noso club, foi o mais galardoado do club con 5 preseas, súas son as vitorias no péntatlon e na pértega, conseguiu dous subcampionatos no salto de altura e nos 60 m.vallas e un terceiro posto no lanzamento de peso.
Manuel García nos 800 m.lisos na categoría M-65 e Juan Carlos Lareo no lanzamento de peso M-35, foron os outros dous atletas que conseguiron medallas, ambos rematarían no terceiro posto.
Carlos Revuelta, faría os dous postos de finalista, 5º no triplo salto e 8º no lanzamento de peso na categoría M-45.



No centro da foto o atleta Xulio Ventin no podio do pentathlon.

RESULTADOS



CAMPEONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA Castro Urdiales (Cantabria) 17/02/2008



O pasado domingo celebrouse na localidade de Castro Urdiales (Cantabria) o Campionato de España de marcha en ruta onde estivo o marchador valdeorrés da Universidade de Oviedo Jose Fernandez Nieves. En principio obxectivo de Jose Fernandez Nieves era acadar nos 20 km a 7 posicion e facer un tempo de 1h 29', non pudo ser xa que debio o forte vento e uns probremas estomacais vironse troncadas o seu obxectivo o cal acadaria 10ª posicion e faria unha marca de 1h 41'. Jose volvera a competir no gran premio de Santa Elulaia des Rius (Ibiza), o dia 15 de marzo intentando mellorar o resultado do Cto. de España.

Outra atleta que participaba neste campionato era a cadete Sheila Fernandez, que teria que abandoar a proba, debido a unha lesión no nocello.



Na foto o barquense Jose Fdez. Nieves.(Cortesia de Juan Luis Ramilo)


RESULTADOS









No hay comentarios: