jueves, 21 de febrero de 2008

RESULTADOS

CRITERIUM GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS
Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo) 16/02/2008

Os nosos lanzadores desprazáronse ata Lugo para asistir o Criterium de inverno de lanzamentos.
Todos eles cumpriron a bo nivel nas súas disciplinas, destacar a boa climatoloxía e boas marcas, xa que inda estamos o principio da tempada e para algún era a primeira competición.
No peso Jesús García seria o 2º sénior cunha marca de 12,57 m. tamén participaría o cadete Rubén Andrade con 8,15m.
No disco Carlos Revuelta remataría 3º cunha marca 38,01 m, nesta proba tamén participarían Rubén Simón ( 33,54 m) e Rubén Andrade ( 20,19 m), no disco feminino Ana Raquel Revuelta remataría 5ª cunha marca de 30,07 m.
No lanzamento de martelo masculino Carlos Revuelta lanzouno a 55,94 m.con esta marca consegue o 3º posto, tamén participou o cadete Rubén Andrade ( 21,88 m) e Ana Raquel Revuelta (23,70 m).


Xavelina:

“ Foi un concurso moi agradable, empezando pola climatoloxía, polo reencontro cos rivais e compañeiros da modalidade do ámbito galego e algún berciano.
Volver a ver nas pistas, despois da súa grave lesión a un gran José Manuel Vilas, o campión de España Gustavo Dacal vino mellor cos anos anteriores, a Lombao motivado, competitivo, sempre amigo e animador, Jorge Prada a bo nivel, deume dobre alegría pola súa marca 63,01 m., por que o vin ben e con gran mellora, e porque me gañou.
Séntime moi a gusto naquel ambente de camaradería entre rivais e contento coa miña marca, 62,51 m.
Eu sempre salgo contento cando compito en Lugo, recoñezo o esforzo e a colaboración de Castaño, Ary e demais…
A tempada da xavelina en Galicia promete...”




Texto escrito polo Campion do Mundo M-55, o veteran Luis Nogueira.


RESULTADOS

No hay comentarios: