miércoles, 20 de mayo de 2009

RESULTADOS

101 Km. de Ronda
16-17 de mayo del 2009

Despois de 14h 24´ os corredores triveses do ADAS Albino Rodríguez e Ricardo Vieites completamos o percorrido de 101 km por montaña na Serranía de Ronda nas provincias de Málaga e Cadiz.
Fixemos o percorrido xuntos e chegamos nos postos 135 e 136 de 3000 participantes.
No momento de redactar esta nota non sabemos o nº de retirados, xa que de momento non hai clasificación publicada, pero imaxinamos que foron moitos xa que vimos demasiada xente montada nos camións da organización.
Para Ricardo Vieites era a cuarta participación con éxito na proba, e Albino Rodríguez facía o seu debut nunha ultramaratón.
Coma siempre a organización foi perfecta e o percorrido precioso.
Este ano a proba foi mui dura polo calor.
A carreira comenza as 11 h. da mañá e unha das subidas mais duras coincide no km 33, a unha das horas de mais calor.
Nesa subida houbo moitos abandonos, e foi un dos peores momentos que pasamos na carreira. Despois recuperamos estupendamente e fomos de menos a mais acabando con mui boas sensacións.
Puntos claves no percorrido son os avituallamentos dos km 58 e 77. Son puntos claves porque hai de todo, hasta fisioterapeutas e podólogos. E por iso nestes puntos retiranse moitos participantes.
Nos procuramos hidratarnos e parar o menos posible, xa que o perigo de amodorrarse polo cansancio é grande, e despois seguro que costa moito seguir.
O correr de noite polo monte e outro dos puntos bonitos desta carreira. E complicado pero en seguida te acostumbras a linterna-frontal. E excepto nas baixadas pronunciadas non é demasiado perigoso.
Resumindo. Acabamos contentísimos e con ganas de repetir a experiencia.
A ver si na vindeira edición, (que non se sabe si será no 2010, xa que La Legión ten misión en Afganistán), se anima algún corredor mais. Esperamos que se anime Carlos Revuelta Méndez, culpable de que moitos triveses andemos facendo kilómetros por eses camiños e esas estradas de Dios.
Nos agora temos que descansar e recuperarnos para novos retos.

2 comentarios:

helsinki dijo...

¡Enhorabuena campeones!. En el club ADAS y en todo Valdeorras, sois un ejemplo y un motivo de orgullo para nosotros. Muchos, seguimos con envidia vuestras andanzas y esperamos algún día poder imitaros.
Un abrazo
Helsinki

Anónimo dijo...

Es impresionante que una persona pueda correr mas de 100 kilometros.
No tengo palabras nada mas que de admiración.