viernes, 29 de mayo de 2009

RESULTADOS

7ª XORNADA "COPA DEPUTACION"
O Barco 23 de maio do 2009


O Barco acolleu o sabado pasado de mañá unha nova xornada da "Copa Deputación" organizada pola Delegación en Ourense da F.G.A en colaboración da Delegación Valdeorresa de atletismo e patrocinada pola Deputación de Ourense e CaixaGalicia.

Son xornadas, onde non hai unha gran participacion pero sempre acocha boas marcas por parte dos atletas participantes, destacaremos o bo clima para a practica do atletismo xa que informaban dun mal tempo que non afectou nin a esta xornada nin a o provincial de probas combinadas da tarde.

A os nosos atletas parece que participar na casa costalle traballo, destacar a gran marca realizada por Carlos Revuelta no lanzamento de martelo (53,34 m.), tamen destacar a Mario Romano e Manuel Alvarez no salto de lonxitude con 6,24 m. e 5,92 m. respectivamente.

Nos 3.000 m.l Alberto Asensio pararia o crono en 9'19"41 seguido do discipulo de "Chus" Saul Ordoñez 9'31"61.
Leticia Gil sigue progresando no salto de altura, onde faria unha marca de 1,59 m. e xa empeza a deixarse ver Raquel Lameiro, 1,54 m.
E finalmente, no lanzamento de peso, o que o busca consigueo, eso pasoulle a Jesus Garcia que melloraria a sua marca persoal (12,71 m.), e terá unhas merecidas vacacións dispois de pasar pola vicaria o proximo sabado, xa que deicidiu pasar a outro "status" o de casado....

Felicidades, Suso...





1 comentario:

Suso dijo...

gracias manuel y tinin´´ sienpre tan detallistas,no espero menos de vosotos.gaso me estoy poniendo como una mula,comer,dormir y......pasear;