martes, 18 de septiembre de 2007

XXI MILLA URBANA DE O BARCO

XXI MILLA URBANA DE O BARCO
16/09/2007 O BARCO


O pobo do Barco vibrou coa mellor milla da historia.

Sergio Sanchez e Eva Arias, reinaron na milla do barco, que se celebrou o pasado domingo, sin dubida, o mellor espectaculo atletico da historia do atletismo no Barco.
As carreiras comenzaron as 18:00 da tarde, no circuito homologado no paseo do Malecon que pouco a pouco se iba enchendo de espectadores avidos de atoparse un gran espectaculo.
As primeiras carreiras amosaron os valdeorreses como dominadores, destacando as victorias dos atletas do ADAS-PROINOR, Emma Rguez., Xoan Rey e Agustin Gonzalez Alonso.
Haberia que esperar ata a categoria xuvenil feminina para ver a victoria de Cristina Fdez. e xa nos veterans "C" o noso atleta Manuel Garcia.
Boa participacion na carreira popular e veteranos, con un gran nivel demostrado polos atletas.
Chegou o momento do mais cativos-as e eso xa foi a apoteose, con mais de 100 participantes divididos en 5 saidas distintas.
As 7.55 da tarde, con "puntualidade suiza", empezou a carreira Absoluta feminina, onde Noemi Villar, que recebiu a homenaxe da organizacion polas suas "XXI participacions na milla" empremeu un forte ritmopara intentar descolgar as favoritas, Eva Arias e Rocio Rguez. na ultima volta, un forte cambio de ritmo da valdeorresa do Valencia "Terra i Mar" Eva Arias, deixou a carreira sentenciada a falta de 200 m, 2ª seria a 5 veces vencedora da milla Rocio Rguez. e 3ª Noemi Villar e 4ª a pundonorosa Alicia Folgar.
Os homes foron, sen dubida, un espectaculo excepcional e dificil de ver nunha milla.
Sergio Gallardo, Jose Luis Blanco, Sergio Sanchez e Lolo Penas partian coa vitola de favoritos e non defraudaron, inda que nas primerias voltas o atleta lucense Ruben Castro intentou dar a sorpresa, serian o final, Sergio Sanchez e Sergio Gallardo os que ofreceron unha recta final de infarto, ata o ultimo metro no que por tan solo 1 decima, se impoñia o vencedor da anterior edicion, Sergio Sanchez, por diante de Gallardo, Penas e Blanco.
Nesta carreira por primeira vez sairian 5 atletas do clube ADAS-PROINOR, onde Gilberto Alvarez se proclamaria 1º valdeorres.

Aproveitar desde esta pagina para dar noraboa a todos e en especial o publico do Barco sen o cual dificilmente se poderia chegar a ter a Milla no lugar que se atopa na actualidade, e por suposto parabens os voluntario do ADAS-PROINOR, os xuices do Barco e as empresas que colaboraron na " XXI MILLA URBANA DE O BARCO".



ATA O ANO QUE BEN.
FOTOS "XXI MILLA URBANA DE O BARCO" (1)

FOTOS "XXI MILLA URBANA DE O BARCO" (2)

FOTOS "XXI MILLA URBANA DE O BARCO" (3)

(FOTOS CORTESIA DE LUIS Y DANI BLANCO)




1 comentario:

kandpalleiro dijo...

Quero felicitar a tódalas persoas implicadas na organización desta proba polo magnifico traballo desenrolado e por conquerir unha proba que, sen despercia-la participación popular e a dos cativos , conquire un altisimo nivel atlético e un grande éxito de público.