viernes, 29 de febrero de 2008

PROXIMA COMPETICION

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVES DE CLUBES
Hipódromo de la Zarzuela (Madrid) 02/03/2008

O equipo sénior de cross acudirá o Campeonato de España de campo a través de clubes, que se disputara no circuíto do Hipódromo de la Zarzuela en Madrid.
A ultima hora a RFEA confirmou a asistencia a este campionato do equipo sénior no cross largo.
O equipo fórmano Gilberto Álvarez, Elpidio Gomez, Alberto Asensio, Xavier Fernández, Miguel Angel Álvarez e Salvador Gamarra, que non teñen nada que perder e moito que gañar, van coa idea de disfrutar e gañar experiencia cunha carreira onde vai haber un gran nivel.
José Manuel Ramos e Manuel Prieto causan baixa por lesión para esta proba.
Con este campionato ponse fin a unha brillante tempada de campo a través en todas as categorías do club e especialmente na categoría sénior.

Tamén participara no cross corto a valdeorresa Eva Arias co seu club o “Valencia Terra i Mar”.


Este fin de semana no Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña, celebrase o Campionato Galego de probas combinadas de pista cuberta.
Xulio Ventin que é o actual campión de España de veteranos M-45 será a nosa representación neste campionato.



O sábado en un intenso horario de maña e tarde, tamén no Pazo dos Deportes de Riazor, celebrase por primeira vez a 1ª Copa Xunta de Galicia pista cuberta, reservado as categorías benxamín, alevín e infantil e o noso club participara en todas as categorías tanto en homes coma mulleres.


O domingo dia 2, dous dos nosos veterans Carlos Revuelta e Manuel García desprázanse ata a Barcelona para participaran na Marató de Barcelona.

domingo, 24 de febrero de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS
Santiago de Compostela 24/02/2008


O equipo sénior, terceiros no Campionato Galego absoluto de cross “


Excepcional carreira realizada polos atletas do equipo, conseguindo facer historia, por primeira vez un equipo sénior do club consegue subir o podio dun Campionato Galego de cross.
Nunha mañá gris e chuviosa, o circuíto do Monte do Gozo acolleu o Campionato Galego Absoluto de cross, en boas condicións para a practica do atletismo, o equipo sénior, (salvo a baixa de Manuel Prieto, e dende esta paxina aproveitamos a animalo para que a súa recuperación sexa o mais pronto posible para seguir contado con él nas próximas competicións) estivo o completo, realizaron unha gran competición todos eles, Gilberto Álvarez (17º), Elpidio Gomez (30º), José Manuel Ramos (35º), Alberto Asensio (46º), Javier Fernández (67º), Salvador Gamarra (86º), tamén participou Miguel Angel Álvarez tivendo que retirarse por unha sobrecarga no lumbar.
Na categoría promesa a nosa representacion correu a cargo de Tomás Fraiz, que remataría no posto 14º.


¡¡¡ Noraboa a todos!!!

Na foto os atletas senior que conseguiron o 3º posto no Cpto. Galego de cross.



CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS
Pontevedra 23/02/2008



“Miriam Ares, subcampiona galega infantil
e o equipo homes infantís 3º de Galicia”


Na Illa Das Esculturas de Pontevedra celebrouse o sábado de mañá, o Campionato Galego Escolar de campo a través.
Onde a atleta infantil Míriam Ares conseguiu o subcampionato na súa categoría, tras facer unha boa carreira, e colarse no dominio das atletas do equipo de Valmiñor.
Mentres os nenos infantís, que no estiveron o nivel que demostraron no Campionato Provincial, pero fixeron un meritorio 3º posto por equipos.






Nas fotos a dereita Mirian Ares (de roxo) e na foto da esquerda o equipo infantil.

jueves, 21 de febrero de 2008

PROXIMA COMPETICION

O próximo fin de semana celebrase dous campionatos importantes de campo a través, en Pontevedra celebrarase o Campionato Galego Escolar onde haberá representación de varios equipos do club, xa que no Campionato Provincial clasificáronse os nenos e as nenas infantís e o equipo cadete feminino.
Tamén haberá algún neno ou nena por invitación.



MAIS INFORMACIÓN


Xa, o domingo no Monte do Gozo (Santiago) celebrase o Campionato Galego Absoluto de campo a través, onde o equipo sénior intentara mellorar a clasificación do ano pasado, en principio non haberá ningunha baixa e participaran todos os fondistas sénior,promesas e xunior, o equipo sénior o compón:
Gilberto Álvarez
Manuel Prieto
Elpidio Gomez
José Manuel Ramos
Miguel Angel Álvarez
Alberto Asensio
Xavier Fernández
Salvador Gamarra
Tamén participaran os atletas promesas:
Borja Rey
Tomás Fraiz
E o atleta xunior:
Alejo Ares


MAIS INFORMACIÓN
PLANO DO CIRCUITO
PLANO DE INSTALACIONS



En Valencia durante todo o fin de semana celebrase o Campionato de España de pista cuberta onde participara a atleta de San Miguel de Outeiro, enrolada no “Valencia Terra i Mar”, Eva Arias no 1.500 m.l.

MAIS INFORMACIÓN

RESULTADOS

CRITERIUM GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS
Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo) 16/02/2008

Os nosos lanzadores desprazáronse ata Lugo para asistir o Criterium de inverno de lanzamentos.
Todos eles cumpriron a bo nivel nas súas disciplinas, destacar a boa climatoloxía e boas marcas, xa que inda estamos o principio da tempada e para algún era a primeira competición.
No peso Jesús García seria o 2º sénior cunha marca de 12,57 m. tamén participaría o cadete Rubén Andrade con 8,15m.
No disco Carlos Revuelta remataría 3º cunha marca 38,01 m, nesta proba tamén participarían Rubén Simón ( 33,54 m) e Rubén Andrade ( 20,19 m), no disco feminino Ana Raquel Revuelta remataría 5ª cunha marca de 30,07 m.
No lanzamento de martelo masculino Carlos Revuelta lanzouno a 55,94 m.con esta marca consegue o 3º posto, tamén participou o cadete Rubén Andrade ( 21,88 m) e Ana Raquel Revuelta (23,70 m).


Xavelina:

“ Foi un concurso moi agradable, empezando pola climatoloxía, polo reencontro cos rivais e compañeiros da modalidade do ámbito galego e algún berciano.
Volver a ver nas pistas, despois da súa grave lesión a un gran José Manuel Vilas, o campión de España Gustavo Dacal vino mellor cos anos anteriores, a Lombao motivado, competitivo, sempre amigo e animador, Jorge Prada a bo nivel, deume dobre alegría pola súa marca 63,01 m., por que o vin ben e con gran mellora, e porque me gañou.
Séntime moi a gusto naquel ambente de camaradería entre rivais e contento coa miña marca, 62,51 m.
Eu sempre salgo contento cando compito en Lugo, recoñezo o esforzo e a colaboración de Castaño, Ary e demais…
A tempada da xavelina en Galicia promete...”




Texto escrito polo Campion do Mundo M-55, o veteran Luis Nogueira.


RESULTADOS

lunes, 18 de febrero de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL PISTA CUBERTA
Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) 17/02/2008

"8 medallas e 12 finalistas, foi a cosecha valdeorresa"


O pasado fin de semana, o Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña, acolleu o Campionato Galego de pista cuberta reservado as categorías cadete e xuvenil.
Ata A Coruña desprazouse un nutrido grupo de atletas do noso club e o balance final foi de 8 medallas e 12 finalistas.

Temos que destacar a xuvenil Leticia Gil que consegue dúas vitorias no salto de lonxitude e 50 m.valado e un subcampionato, no salto de altura.
Na lonxitude, con un salto de 5.24 m. acadaba o ouro e ademais a marca mínima para os Campionatos de España Xuvenil. Pola outra banda, Lorena Guitián acadaba o ouro na salto de altura cadete, nesta proba tamén conseguirían medallas o xuvenil Diego Teixeira o bronce e o cadete Cristián Fernández, prata.
Nos 50 m.l a cadete Cristina Robledo faría unha excepcional carreira, onde acadaba a prata con unha marca de 8”15, nesta carreira Lorena Guitian seria bronce.
Destacar a aportación de Elba Arias, acadando o 4º posto en 50 m.valados, 200 m.l e no lanzamento de peso.
Outros finalistas:
Carlos Revuelta
peso xuvenil
Laura Pérez
peso xuvenil
Vicente Garcíalonxitude cadete
Ruben Simón peso xuvenil
Cristián Fernándeztriplo salto e 7º lonxitude cadete
Angela Rodríguez400 m.l xuvenil
Cristina Fernández400m.l e 6ª800 m.l xuvenil
Ruben Andradepeso cadete



Na foto Leticia Gil nos 50 m. valados, foto cortesia da F.G.A.


RESULTADOS



CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS EN PISTA CUBIERTA
Palacio de los Deportes de Oviedo 16-17/02/2008


"Boa actuación dos nosos veteranos: 7 medallas e dous finalistas "


Os nosos atletas veteranos desprazados o pasado fin de semana ata Oviedo para asistir o Campionato de España, conseguiron un total de 7 medallas e dous finalistas, con este medalleiro, conseguen bater o do ano pasado, que foron catro as medallas.

O pontevedrés Xulio Ventin (M-45), atleta que fichou este ano polo noso club, foi o mais galardoado do club con 5 preseas, súas son as vitorias no péntatlon e na pértega, conseguiu dous subcampionatos no salto de altura e nos 60 m.vallas e un terceiro posto no lanzamento de peso.
Manuel García nos 800 m.lisos na categoría M-65 e Juan Carlos Lareo no lanzamento de peso M-35, foron os outros dous atletas que conseguiron medallas, ambos rematarían no terceiro posto.
Carlos Revuelta, faría os dous postos de finalista, 5º no triplo salto e 8º no lanzamento de peso na categoría M-45.



No centro da foto o atleta Xulio Ventin no podio do pentathlon.

RESULTADOS



CAMPEONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA Castro Urdiales (Cantabria) 17/02/2008



O pasado domingo celebrouse na localidade de Castro Urdiales (Cantabria) o Campionato de España de marcha en ruta onde estivo o marchador valdeorrés da Universidade de Oviedo Jose Fernandez Nieves. En principio obxectivo de Jose Fernandez Nieves era acadar nos 20 km a 7 posicion e facer un tempo de 1h 29', non pudo ser xa que debio o forte vento e uns probremas estomacais vironse troncadas o seu obxectivo o cal acadaria 10ª posicion e faria unha marca de 1h 41'. Jose volvera a competir no gran premio de Santa Elulaia des Rius (Ibiza), o dia 15 de marzo intentando mellorar o resultado do Cto. de España.

Outra atleta que participaba neste campionato era a cadete Sheila Fernandez, que teria que abandoar a proba, debido a unha lesión no nocello.



Na foto o barquense Jose Fdez. Nieves.(Cortesia de Juan Luis Ramilo)


RESULTADOS









jueves, 14 de febrero de 2008

PROXIMA COMPETICION

O próximo fin de semana, ven cheo de importantes probas, xa que comeza os Campionatos de España de Pista cuberta para veteranos, no Palacio de los Deportes de Oviedo, ata alá desprázanse varios dos nosos atletas maiores, Xulio Ventin, Manuel García, Carlos Revuelta e Juan Carlos Lareo, convén recordar que o ano pasado conseguiranse un total de 4 medallas, tres primeiros postos a cargo de Luís Nogueira no triplo salto e lonxitude e Carlos Anechina nos 60 m.l ambos atletas estarán ausentes este ano, e un 3º posto de Manuel García no 800 m.l que volve a repetir este ano as mesmas probas.


MAIS INFORMACIÓN



En Zaragoza se celebra o Campionato de España da categoría promesa, a dia de hoxe, cremos que vai participar o actual campión de España promesa no salto de pértega, Luís Fernando Moro, sempre e cando a súa lesión non o impida.





Outro Campionato de España vai ser de marcha en ruta, que se celebrara en Castro Urdiales (Cantabria) alí participara todo un experto en campionatos nacionais, José Fernández, atleta de O Barco pero nas filas do “Universidad de Oviedo” e todo o contrario a José, unha “novata” a xove atleta do club Sheila Fernández.


MAIS INFORMACIÓN





Na pista cuberta de Riazor acollera o domingo, en xornada de mañá e tarde o Campionato Galego para as categorías cadete e xuvenil, onde participaran cerca da ducia de atletas do club.



MAIS INFORMACIÓN




E o final, en Lugo vaise a realizar o “Criterio Galego de lanzamentos”, e comeza a tempada os lanzadores e os da xavelina, por tanto Luís Nogueira actual Campión do Mundo de veteranos e o seu discípulo Jorge Prada confirman a súa participación, tamén participaran, e con moitas gañas, xa, de demostrar o seu traballo, serán Carlos Revuelta Jr. e Laura Pérez no lanzamento de martelo, tamén asistiran os lanzadores de peso Jesus García, Ruben Simón e Ruben Andrade.


martes, 12 de febrero de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS
Monterrei 09/02/2008

"Os nenos e nenas do club apabullan en Monterrei"

O pasado sábado,con unha boa mañá, celebrouse o Campionato Provincial Escolar de campo a través, no Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar.
Debemos calificar de “ históricos ” os resultados na clasificación por equipos, onde se venceu en case todas as categorías agás na infantil feminina que foron subcampionas e na cadete masculina onde por ausencias de varios atletas non se completou equipo.
Este ano varias categorías foron reforzadas con destacados atletas da Limia, (ben levados polo noso compañeiro Manolo Castro) mediante un convenio de colaboración entre a A.D. A Limia e o Club ADAS.
Os nenos e nenas das diferentes categorías fixeron unha espectacular competición, onde a nivel individual destacamos os primeiros postos de:
-
Emma López en Benxamín feminino.
- Agustín González en Alevín masculino
- Míriam Ares en Infantil feminino
- Cristián Fernández en infantil masculino
Tamén houbo subcampions, que foron:
- Daniel González en Alevín masculino
- Tania Prieto en Cadete feminino
- Javier Rivero en Infantil masculino
Todos eles atletas de A Limia.

Adrián Diéguez (cadete) e Pablo Rodríguez (benxamín) remataron 3º nas súas categorías, mentres Eva González (Alevín) e Xoán Rey (benxamín) serian 4º .

Por equipos:

1º Benxamín Homes:
Pablo Rguez., Xoán Rey, Jack Ashcroft, Jose M. Arias, Roberto Trincado e Brais Quintas.
1ª Benxamín Mulleres:
Emma López, Ana García, María Fernández, Ana Rguez, Lucia Fdez. e Noelia García.
1ª Alevín Homes:
Agustín Glez., Daniel Glez., Daniel Martinez, Marcos Ramos, Alexandre Álvarez, Manuel Loertscher.
1ª Alevín Mulleres:
Eva Glez., Ana Belén Feijoo, Araceli Conde, Casandra Cristobao, Jennifer Rguez.
1º Infantil Homes:
Cristián Fdez., Javier Rivero, Iago Peralta, Pablo Glez.,Serafín Cuquejo, Jose Domínguez.
2ª Infantil Mulleres:
Míriam Ares, Sheila Fdez., Lucy Ashcroft, Samantha Rguez., Patricia Fdez., Deborah Loertscher.
1ª Cadete Mulleres:
Tania Prieto, Mónica Trincado, Carla López, Elba Arias.

RESULTADOS

XI GRAN PREMIO VILLA DE MADRID
XLIX TROFEO MARATHON DE CAMPO A TRAVÉS

Parque de las Cruces(Madrid) 10/02/2008

Participación do atleta sénior Gilberto Álvarez, nesta proba de campo a través; organizada polo Club Marathon,.
Gilberto, que sigue preparando a súa participación no Campionato Galego de campo a través, remataría na 15ª posición da xeral Sénior Homes, onde habería unha participación de luxo.







REUNION INTERNACIONAL "CIUDAD DE VALENCIA"
Valencia 09/02/2008



A valdeorresa Eva Arias do Valencia “Terra i Mar”, participo na prestixiosa “Reunión Internacional Cuidad de Valencia”, unha proba que se celebrou na pista cuberta do “Palau Velòdrom Lluis Puig”.
Eva participaría na proba do 1.500 m.l, na que remataria 6ª con unha marca de 4:19.70.



sábado, 9 de febrero de 2008

PROXIMA COMPETICION


Os nenos e nenas do club das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete en idade escolar participaran iste fin de semana no Campionato Provincial Escolar de campo a través, que se celebrara no Complexo deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar (Ourense), dispoi do visto no Memorial Alejandro Lorenzo varios equipos ten posibilidades de subir o podio e incluso a nivel individual.
Nesta proba os benxamín rematan o campo a través, mentres as demais categorías clasifícanse para o Campionato Galego Escolar.


RESULTADOS

“Cinco medallas, dous records galegos, varios finalistas e dous 3º postos por equipos.”
O pasado fin de semana celebrouse varios Campionatos Galegos en pista e campo a través, nos que houbo atletas do club participando en todos eles.

Na xornada do domingo debese destacar o mal tempo reinante nos lugares onde había probas atléticas.




MEMORIAL "ALEJANDRO LORENZO" E CPTO. GALEGO CROSS CURTO

Oira (Ourense) 03/02/2008


“Dous podio no “Memorial Alejandro Lorenzo” de campo a través e dous finalista, Míriam Ares 4ª(infantil Fem.) e o alevin Agustín González 6º”.

Cunha climatoloxía adversa, celebrouse en Oira (Ourense) unha espetacular xornada de campo a través onde houbo participación de todas a categorías, dende benxamín ata os sénior.
No Campionato Galego de Cross curto, o equipo sénior do club, con sensibles baixas, acadou a 7º posto, destacando a Manuel Prieto, que foi o mellor do equipo rematando 14º na xeral, Borja Rey, Elpidio Gomez, Alberto Asensio e Javier Fernández realizaron unha mas que boa carreira nun circuíto complicado debido as curvas e o barro.
No Campionato Galego Cadete e Xuvenil, cumpriron os rapazes-as, que realizaron un bo adestramento de cara o Campionato Provincial .
Xa nas categorías menores, podio para as benxamín femininas rematando 3ª e para os infantís masculinos, tamen3º quedándose a un punto do 2º posto.
Na categoría infantil feminino , esperábase mais das nenas pero a ausencia dalgunha atleta, restou potencial no equipo.
Con todo, felicitacións para todos os atletas polo seu esforzo e destacar, sobre todo a aportación dos atletas da Limia de Manolo Castro, que estiveron todos eles a un gran nivel, destacando a Lucy Ashcroft, Serafín Cuquejo e Daniel González.




Integrantes do equipo senior masculino, que participaron no Cpto. Galego de cross curto.



CAMPIONATO GALEGO VETERANO DE COMBINADAS

Pontevedra 02-03/02/2008


Xulio Ventin, que participaría na “casa” sería a nosa representación no Campionato Galego de veteranos de combinadas, un campionato que se celebrou Pontevedra durante o fin de semana.
Xulio, remataría 2º na categoría M-45 realizando unha puntuación total de 2.866 no Pentathlon
As marcas:
60 m.v: 11”08 – Lonxitude: 5,14 m – Peso: 10,17 m – Altura: 1,50 m - 1.000 m.l: 3’30”93


Na imaxe, Xulio Ventin co resto de participantes do Cpto. Galego de veteranos de combinadas.

viernes, 8 de febrero de 2008

RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE COMBINADAS DE MENORES

A CORUÑA 02/02/2008


“Emma López e María González. Novos Records Galegos de probas combinadas”
A pista cuberta do Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña, acolleu o Campionato Galego de probas combinadas de menores, desprazáronse tres atletas do club Emma López , María González e Kevin Fernández, solo eles conseguiron tres medallas e dous records galegos para o atletismo valdeorrés.
Emma, espectacular, acadaba a vitoria nas tres probas, 50 m.l, lonxitude e peso, onde sumou un total de 1.185 puntos que seria un novo Record Galego alevín.
María González, pola súa banda acadaba un novo titulo e Record Galego na categoría infantil con unha puntuación de 1.918 no Tetrathlon.
Por ultimo destaca o bronce de Kevin Fernández, que realizou unha boa competición en alevín masculino.

As marcas:
Emma López
50 m.l: 7”63 - Peso: 8,08 m - Lonxitude: 3,70 m
María González
50 m.l: 7”64 - Peso: 6,37 m - Lonxitude: 4,70 m - 50 m.v: 8”91
Kevin Fernández
50 m.l: 8”30 - Peso: 6,73 m - Lonxitude: 3,81 m





Nas fotos, de esquerda a dereita, Emma López, María González e Kevin Fernández.
Fotos cortesía de Maria Jose Diaz e F.G.A.



CAMPIONATO GALEGO DE CROSS VETERANOS

RIVADAVIA 02/02/2008


Os nosos veteranos se desprazaron ata Ribadavia para participar no Campionato Galego de cross, encontráronse con un dia magnifico e un circuíto excelente, chan, rápido e totalmente de herba, boa organización.
O Campionato comprendía dende os 35 anos en adiante, a primeira carreira seria os homes da categoría M-35 e M-40 e o noso atleta, Elpidio Gomez, que era o campión galego M-35, cedeu o titulo, debido ao esforzo inicial cando marchaba 1º con vantaxe , rematando na 4º lugar da clasificación M-35 e 7º na xeral, como dato anecdótico os tres primeiros atletas da xeral eran da categoría M-40, o que fala, moito da gran nivel que houbo na carreira.
A seguinte carreira serian os da categoría M-45 en adiante, nesta carreira participarían varios atletas do club, en M-45 boa participación de Carlos Revuelta, que no final acusou o esforzo da Maratón de Marrakech , na categoría M-50 Manuel Prada rematando 6º realizando unha boa carreira, sempre en progresión, outro atleta seria Manuel Ares 16º na súa categoría.
En M-55 participación de Francisco Bao, rematando 11º na súa categoría.
E xa na categoría M-65, Manuel García conseguiría a única medalla o rematar no 3º posto, despois de ir na carreira sempre no 4º posto e nos metros finais, cun gran sprint pasou o atleta Alfonso Fdez. Bousada do Veteranos Pavillón.



Na foto o grupo de veteranos desprazados ata Ribadavia.