jueves, 14 de febrero de 2008

PROXIMA COMPETICION

O próximo fin de semana, ven cheo de importantes probas, xa que comeza os Campionatos de España de Pista cuberta para veteranos, no Palacio de los Deportes de Oviedo, ata alá desprázanse varios dos nosos atletas maiores, Xulio Ventin, Manuel García, Carlos Revuelta e Juan Carlos Lareo, convén recordar que o ano pasado conseguiranse un total de 4 medallas, tres primeiros postos a cargo de Luís Nogueira no triplo salto e lonxitude e Carlos Anechina nos 60 m.l ambos atletas estarán ausentes este ano, e un 3º posto de Manuel García no 800 m.l que volve a repetir este ano as mesmas probas.


MAIS INFORMACIÓN



En Zaragoza se celebra o Campionato de España da categoría promesa, a dia de hoxe, cremos que vai participar o actual campión de España promesa no salto de pértega, Luís Fernando Moro, sempre e cando a súa lesión non o impida.





Outro Campionato de España vai ser de marcha en ruta, que se celebrara en Castro Urdiales (Cantabria) alí participara todo un experto en campionatos nacionais, José Fernández, atleta de O Barco pero nas filas do “Universidad de Oviedo” e todo o contrario a José, unha “novata” a xove atleta do club Sheila Fernández.


MAIS INFORMACIÓN





Na pista cuberta de Riazor acollera o domingo, en xornada de mañá e tarde o Campionato Galego para as categorías cadete e xuvenil, onde participaran cerca da ducia de atletas do club.



MAIS INFORMACIÓN




E o final, en Lugo vaise a realizar o “Criterio Galego de lanzamentos”, e comeza a tempada os lanzadores e os da xavelina, por tanto Luís Nogueira actual Campión do Mundo de veteranos e o seu discípulo Jorge Prada confirman a súa participación, tamén participaran, e con moitas gañas, xa, de demostrar o seu traballo, serán Carlos Revuelta Jr. e Laura Pérez no lanzamento de martelo, tamén asistiran os lanzadores de peso Jesus García, Ruben Simón e Ruben Andrade.


No hay comentarios: