domingo, 18 de abril de 2010

COMPETICION

O CLUBE ADAS PROINOR 5º EN HOMES E 7º EN MULLERES NO CTO. GALEGO DE CLUBES

O Clube ADAS acadou a 5ª posición en Homes e a 7ª en Mulleres no Cto. Galego de Clubes disputado en lugo o pasado sábado 17 de Abril.
Os valdeorreses afrontaron esta cita autonómica coa mente posta en acadar o maior número posible de puntos para intentar clasifixarse para a fase de ascenso a 1ª división masculina. O final o balance foi positivo, coa única ausencia xustificada de Luis Moro, e este é o análisis un a un.
100 m.l. .-Olveira, cumpliu as expectativas e pode todavía rrebaixar a marca.
200 m.l.- Miguel de Cádiz. Deixou boa impresión no seu debut con un equipo galego. Pode millorar 1 décima.
400.- Faya, sen dúbida un crack. Era a ua presentación no ADAS e acadou un meritorio 3º posto. Un fallo na vídeo obligao de novo a ter que buscar un 400 para acadar unha morea de puntos.
800 m.l. Germán. Non viña en bo estado de forma, e limitouse a cubrir a proba.
1500 m.l.- Saúl non pudo mellorar a ua marca porque a carreira foi superlenta. De calquer xeito, Saúl daranos moitas alegrías este ano.
3000 m.l. Asensio volveu a dalo todo. E un clásico de este Cto. e realizou unha marca moi digna.
5 km. Víctor acadou o 3º posto nunha proba moi pelexada. E un marchador seguro e moi práctico para unha fase de ascenso.
110 m.v. Roberto estrenouse con un bo tempo nesta proba e acadaba a 4ª posición.
400 m.v. Roberto excelente no 400 m.v. con un tempo de 59´´ baixará dos 59 na próxima proba.
3000 obs.- Gilberto mellorou a marca do ano pasado, con un 4º posto que lle soubo a pouco, pero cunha excelente marca,.
PESO.- Suso fixo mellor marca da temporada. O posto iba a ser o mesmo, pero cada competición acadará melloría.
DISCO.- Juan tamén arañou algun punto máis, e de seguro que pronto se meterá nos 40.
XABALINA.- Enorme Luis Nogueira. Acadou o 3º posto e volví a superar os 60 m.
MARTELO.- Carlitos relizou unha competición impecable con mais de 46 m. Nas suas condicións xa solo a participación no Cto. merece todas as nosas loubanzas.
LONXITUDE.- Mario era 4º en lonxi e segue a acercarse as suas marcas do ano pasado.
TRIPLE.- Mario segue a intentar os 13 m. e xa está mais cerca. Acadou o 4º posto e cumpliu coa marca.
PERTEGA.-Outro enorme atleta. Xulio Ventín cumpliu de sobra con 3.20 na pertega sustituindo a Luis
ALTURA.- David estivo algo nervioso no debut, pero cumpliu co que se lle pediu e o 4º posto foi un gran resultado.
4x100 .- Correon ben , pero unha posta en acción precipitada fixxoos caer na descalificacion. De calquer modo moi ben Tomás, Ferradanes, Olveira e Miguel.
4x400.- Por fin o noso equipo atpopou un relevo competitivo. Ausente Faya, comenzou Hugo que nos deixou una excelente sensación, para a continuación disfrutar coa exhibición de Rivero e una boa posta de Germán, pechando o relevo Peña que nos ofreceu toda a sua entrega e pundonor.O final seríamos 5º.

Nas féminas o importante era estar ali, e conseguiuse con creces.
100 ml. Excelente Lucy, millorando a sua marca de 100 con 13´´90
200.- Mónica cimpliu e se acerca a sua marca
400.- Ben Mariluz, que lle vai collendo yxa ritmo a proba
1500.- Xeneroso esforzo de Olga, para garantizar puntos ó club.
3000.- Exhibición de Violeta baixo a choiva. Moi valente.
5 km.- Olga moi segura na técnica, cumpliu perfectamente.
PESO.- Ana Raquel cumpliu con creces
DISCO..- A pesar da choiva, Ana volveu a estar moi segura cerca dos 31m.
XABALINA.- Angela estivo na sua marca e cumpliu
MARTELO.- Que grande Laura que se foi os 40 m. e acadou o 3º posto
ALTURA.- A mellor competición de Lorena esta temporada. Saltou un montón e o 1.60 non lle fai xustiza. En breve pode saltar 1.70
LONXITUDE..- Cristina tivo que sustituir a lesiona leti e relizou un bó papel.
PERTEGA.- ´María estivo cerca da sua marca , pero a choiva fixo que deixara de saltar en 2.20. Cumpriu coa sua misión.
TRIPLE.- Raquel Lameiro, cunha microrotura, saltiu xenial, 10.80 , pero tivo que abandonar antes de finalizar a proba para non forzar mais a sua lesión.
4x100.- As nosas cadetes fixérono de maravilla. 4ªs con Lorena, Cristina,Angela e Desiré.
4x400. Canto pundonor baixo a choiva. Xeniales estiveron Grit,Angela, Tania e Mariluz.

Noraboa a todos e a hora a pola fase de ascenso¡

lunes, 12 de abril de 2010

COMPETICION

OS EQUIPOS MASCULINO E FEMENINO DO ADAS PROINOR ACUDEN O 17 DE ABRIL A LUGO PARA PARTICIPAR NO CTO. GALEGO DE CLUBES.

Este fin de semana celébrase unha das citas mais importantes de esta temporada para o atletismo valdeorés. Lugo será a sede dunha edición máis do Galego de clubes por equipos. O equipo masculino do ADAS tentará revalidar un ano mais a 4ª praza que lle da acceso directo o galego de clubes do ano que ven. Por outra banda, as féminas tentarán acadar os 10.000 pts, por primeira vez na sua historia, no valor das suas marcas, que poideran significar o acceso por vez primeira a segunda división nacional. En próximas datas faremos a relación de participantes do clube neste evento.