jueves, 31 de enero de 2008

FIN DE SEMANA



Moitas son a probas onde os nosos atletas participaran, durante o fin de semana,todas as probas son Campionatos Galegos.
O sábado na localidade de Ribadavia acollerá o Campionato Galego de cross de veteranos onde Manuel García e Elpidio Gomez defenderan o seus títulos conseguidos o ano pasado, tamén participaran Manuel Rodríguez, Carlos Revuelta, Manuel Prada, Manuel Ares, Francisco Bao.

Mais información
Tamén o sábado en A Coruña nas pistas de Elviña, Campionato Galego de probas combinadas menores onde participan a benxamín Emma López, en alevín Kevin Fernández e María González en infantil.

Mais información
O sábado e domingo en Pontevedra celebrase o Campionato Galego de probas combinadas veteranos e o noso representante será o pontevedrés Xulio Ventin.

Mais información
Ourense será a capital do cross o vindeiro domingo, o circuíto de Oira acollera o “Memorial Alejandro Lorenzo” un campionato federado para as categorías benxamín, alevín e infantil, o club participara en todas as categorías tanto en masculino coma en feminino.

Mais información
Tamén se realizara o Campionato Galego cadete e xuvenil de campo a través individual e por equipos, e coma as anteriores categorías o club presenta equipos masculinos e femininos.

Mais información
En Oira tamén se celebrara o Campionato Absoluto de campo a través (cross curto) e o equipo sénior do club que ven de ser subcampion provincial, ten unha nova proba, pero esta vez a nivel galego, de comezo o equipo fórmao Manuel Prieto, Elpidio Gomez, Jose Manuel Ramos, Miguel Angel Álvarez, Alberto Asensio, Javier Fernández, Borja Rey, Tomas Fraiz e Manuel Rodríguez
.
Mais información

RESULTADOS

MARRAKECH MARATHON
Marrakech 26/01/2008


"EL ADAS PRESENTE DE NUEVO EN EL EXTRANJERO"

La camiseta del Club ADAS Proinor de O Barco, volvió a estar presente este fin de semana en una competición internacional lejos de nuestras fronteras. En esta ocasión fue el atleta veterano Carlos Revuelta quien celebró sus 25 años corriendo pruebas de maratón, acudiendo hasta la ciudad marroquí de Marrakech para enfrentarse de nuevo a los 42 kms y 195 mts de esta durísima prueba atlética. Recorrido llano por los palmerales en torno a la ciudad conocida como la perla de África, con una numerosa participación, y una temperatura en torno a los 25 grados. Nuestro atleta finalizó la prueba en cuatro horas y dieciocho minutos, lo que no está mal para sus actuales posibilidades. Ahora a preparar la maratón de Barcelona, el próximo 2 de marzo, en la que estará junto al también atleta veterano del ADAS, Manuel García.



FASE FINAL COMARCAL CAMPO A TRAVES ESCOLAR
A Rua 26/01/2008


O pasado sábado celebrouse na localidade de A Rúa a Fase Final comarcal de campo a través reservado as categorías escolares.
O circuíto de O Aguillón en boas condicións, boa mañá, soleada e preto de o centenar de nenos-as. Como novidade este ano, o Club Alegría de Viana participou por primeira vez na fase comarcal de Valdeorras, ata agora o facía en Verín, tamén participou os colexios de Manzaneda, Pablo VI de A Rúa e o Club ADAS de O Barco.
Na categoría benxamín feminino a vencedora foi Ana García do ADAS de O Barco, en masculino o vencedor foi Pablo Rodríguez tamén do ADAS de O Barco.
En alevín feminino vitoria contundente de Casandra Cristobao do ADAS de O Barco mentres que en homes o vencedor foi Agustín González (ADAS de O Barco), que tivo que emplearse a fondo para gañar o seu rival o atleta de Viana.
En infantil feminino e masculino, no houbo dudas e vitorias de Míriam Ares e Cristián Fernández.
Para finalizar a categoría cadete feminina a vencedora foi a atleta do ADAS, Mónica Trincado mentres o vencedor masculino foi o atleta de Pablo VI, Adrián Diéguez.



miércoles, 30 de enero de 2008

RESULTADOS

XX TROFEO DE MARCHA VILLA DE LOS MOLINOS
Campo de Criptana (Ciudad Real) 26/01/2008



A marchadora Sheila Fernández desprazouse ata a localidade de Campo de Criptana en Ciudad Real,
para participar no “ XX Trofeo de Marcha Villa de los Molinos ” .
Sheila, participou nos 5 km da categoria cadete rematando 2ª cun tempo de 28’55” e conseguindo a marca mínima para poder asistir o Campionato de España de marcha en ruta que se celebrara o dia 17 de febreiro na localidade cántabra de Castro Urdiales e a bo seguro tamén alí participara outro barquense, Jose Fernández, atleta do Universidad de Oviedo.

RESULTADOS

CPTO. PROVINCIAL ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVES
Monterrei - Pereiro de Aguiar 26/01/2008


“O equipo sénior subcampion provincial de campo a través”

O pasado domingo,cun dia frío e soleado, celebrouse no Complexo Deportivo de Monterrei, o Campionato Provincial de campo a través, o club presentou atletas en varias categorías, conseguindo dous títulos individuais, un segundo posto,un terceiro e o subcampionato do equipo sénior.
O primeiro en participar foi Alejo Ares na categoría xunior onde no atopou rivais, levándose o campionato, nunha carreira moi tranquila.
Fixeron doblete a xuvenís Cristina Fernández e Angela Rodríguez, 1ª e 2ª respectivamente, que correron na mesma proba coas demais categorías femininas, onde finalizaron 6ª e 10ª da xeral.
Na carreira sénior masculino, Manuel Prieto, foi o mellor do equipo entrando na meta 3º a o sprint co atleta do OAAP Javier Paredes, mentres os demais atletas do equipo Jose Manuel Ramos remataría 5º, Alberto Asensio 11º, Javier Fernández 12º e o atleta promesa Tomás Fraiz 16º, este atleta participaría por primeira vez nunha proba de campo a través.
As baixas de Elpidio Gomez e Miguel Angel Álvarez mermaron o potencial do equipo, que inda así conseguiron o subcampionato nunha boa carreira realizada por todos eles.




Imaxes dos podios conseguidos polos noso atletas, Alejo, Cristina, Angela e Manuel Prieto.

sábado, 26 de enero de 2008

FIN DE SEMANA

Iste fin de semana, presentase cheo de probas de campo a través.

En A Rua sera a sede da fase final comarcal de campo a traves escolar, a partir das 11:30 da mañá, os nenos-as das categorias benxamin, alevin, infantil e cadete participaran no incomparable circuito de O Aguillon.
Importante proba, porque delas saliran os equipos e atletas que representaran a comarca de Valdeorras no Campionato Provincial.

O domingo, celebrase no circuito do Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar o Campionato Provincial Absoluto de campo a través, o club presentara (dispois de moitos anos) equipo senior, que loitara por estar no alto do podio.
O equipo estara formado por:
- Manuel Prieto
- Epidio Gomez
- Jose Manuel Ramos
- Miguel Angel Alvarez
- Alberto Carlos Asensio
- Javier Fernandez
Tamen estaran na mesma proba Manuel Rodriguez e o atleta promesa Tomás Fraiz.
Na categoria xunior Aejo Ares será o noso representante e na xuvenil feminina participaran Angela Rodriguez e Cristina Fernandez.

O domingo, o atleta veterano Carlos Revuelta participará na "Marrakech Marathon", por primeira vez un atleta do club desprazase ata Marruecos para participar nesta maraton.

No centro de foto o atleta Carlos Revuelta.

viernes, 25 de enero de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA
NARON 20/01/2008

Narón acolleu o campionato galego de marcha en ruta e o club estivo reperesentado pola xove marchadora Sheila Fernandez.

Sheila, participou nos 5 km. reservado a categoria infantil e cadete, rematando 9ª na xeral e 6ª na categoria cadete feminina.

RESULTADOS

RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS PISTA CUBERTA
Palacio dos Deportes de Riazor A Coruña 20/01/2008


"Boa actuación dos mais maiores conseguindo un total de 18 medallas."


No triplo salto Luís Nogueira seria o vencedor na categoría M-50, cunha boa marca, 11,46 m, mentres Agustin González faría o mesmo na categoría M-45 e 2º foi Carlos Revuelta.
Juan Carlos Lareo proclamaríase subcampion no lanzamento de peso na categoría M-35 e Manuel Rodríguez finalizaría 4º.
Nos 800 m.l boa carreira dos atletas Manuel García 2º M-65 e “Viti“ 3º na categoría M-75.
No peso na categoría M-45 vitoria do pontevedrés Xulio Ventin que estreábase nesta competición con club, en M-50, Luís Nogueira remataría 2º mentres Francisco Bao seria 1º en M-55,“Viti” seria o vencedor dos 50 m.l e 2º nos 400 m.l M-75, Francisco Bao 4º nos 50 m.l en M-55 y Miguel Angel Martinez 5º en M-40, no salto con pértega, Xulio Ventin, gañaría a proba con 3,50 m.
Manuel García participou na proba de 400 m.l sendo o 1º en M-65 e Francisco Bao 4º en M-55. Luís Nogueira volvería a vencer no salto de lonxitude M-50, Miguel Angel Martinez 1º en M-40, Carlos Revuelta 4º en M-45 e Manuel Rodríguez 4º M-35, Manuel García remataria 2º M-65 nos 200 m.l, Xulio Ventin e Miguel Angel Martinez vencerían no salto de altura m-50 e M-40 respectivamente.

Na foto os atletas veteranos que se desprazaron ata Coruña o seu campionato Galego.

RESULTADOS

Campionato Galego Absoluto,Promesa y Junior de Pista Cuberta

Palacio dos Deportes de Riazor A Coruña 19.01.2008

“Comezaron os Campionatos Galegos”

O pasado fin de semana nas pistas cubertas do Palacio de Deportes de Riazor na Coruña, celebráronse os Campionatos Galegos reservados as categorías xuvenil, xunior, promesa e sénior.

Ata alá desprazouse unha ducia de atletas do club, pese algunha baixa importante.
Os atletas demostraron na competición, que van collendo a forma de cara a pista o aire libre.

Conseguíronse 4 medallas, dous delas por Leticia Gil, 1ª en lonxitude xuvenil con unha marca de 4,94 m e no salto de altura rematando 3ª absoluta, o lanzador Martín Fernández conseguiu para o club a medalla no lanzamento de peso xunior cunha marca de 12,16 m e o atleta coruñés Borja Rey Penelas 2º promesa no 800 m.l.
Boas marcas para o resto de atletas, Cristina Robledo participou xunto con Lorena Guitian nos 50 m.l as súas marcas foron 7”34 e 7”19 respectivamente, a pesar de facer bos postos nas súas series non se clasificaron para a final, María González 11ª na lonxitude cunha marca de 4,66m e na altura 7ª con 1,41 m. nesta proba tamén participaría Lorena Guitian 4ª con 1,47 m.
Retornou Gilberto Álvarez a correr na pista e fíxoo na proba dos 3.000 m.l rematando 3º na súa serie cunha marca de 9’02”31, o velocista Bruno Sousa correría os 200 m.l en 24”78 non conseguindo pasar a final. No triplo salto boa actuación de Mario Romano seria 6º absoluto cunha marca de 12,86 m., na categoría feminina participarían Leticia Gil (10,26 m.) e María González (10,12 m.) e finalmente no lanzamento de peso absoluto 6º posto para Jesus García, 12,61 m., mellorando a súa marca persoal, estreábase nesta proba Juan Carlos Lareo, 11º con 11,03 m.

Tamén participaron outros dous valdeorreses nas filas do Ourense atletismo, 2º posto de Ivan Valle na altura masculina e Raul Fdez. 6º en los 50 m.l xunior.


RESULTADOS