martes, 5 de agosto de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS
Pontevedra 02/03 de agosto do 2008

"Xulio Ventin, Record de España no Decatlón veterán M-45"

Nas pistas de atletismo do “Centro Galego de Tecnificación Deportiva “de Pontevedra acollería o Campionato Galego de probas combinadas, onde a nosa representación correu a cargo de Leticia Gil na categoría xuvenil e de Xulio Ventin na categoría de veterans.
Destacar a competición de Xulio Ventin no decatlón, que coa súa puntuación final de 5.886 puntos acadaría ser o Campión Galego Veteran e de paso establecería un novo record de España na categoría M-45.
Leticia Gil pola súa parte proclamaríase Campiona Galega xuvenil na proba de hexatlón, con unha puntuación final de 2.962 puntos .



Noraboa os nosos atletas.



RESULTADOS






Nas fotos, a esquerda, o atleta veteran Xulio Ventin e a dereita Leticia Gil no podio xuvenil.


Fotos cortesia da F.G.A.



RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO
Tenerife 26/27 de xullo do 2008


A valdeorresa do " Valencia Terra i Mar" Eva Arias remata 3ª nos 3.000 m. obstaculos, realizando unha boa carreira na que sempre estivo na cabeza da carreira, sendo superada polas favoritas nos ultimos 400 m.l. Sin duda un bo remate de tempada onde estreaba proba. O outro atleta valdeorres, Jose Fernandez participaria nos 10.000 m marcha, o atleta do "Universidad de Oviedo" que mermado por unha lesion a sua participacion non foi toda a boa como desexaba o propio atleta, inda asi remataria 15º nuha proba dun gran nivel onde Francisco Javier Fernandez "Paquillo" faria o record de España dos 10.000 m. marcha.


RESULTADOS



Nas fotos: a medallista Eva Arias e o marchador Jose Fernandez.