jueves, 26 de junio de 2008

PROXIMA COMPETICION

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS 1ª CATEGORIA

Avilés 28 de xuño do 2008


A Federación Galega de Atletismo ven de anunciar a composición das diferentes seleccións absolutas (homes e mulleres), que participaran este fin de semana en Avilés (Asturias) onde terá lugar o “Campionato de España de federacións de 1º categoría”, e novamente volve a contar cos atletas do noso club.
Nesta ocasión os seleccionados son o pertiguista Luís Fernando Moro, Lorena Guitián na altura feminina e Leticia Gil que será a atleta en reserva e tamén participara o barquense Ivan Valle do OAAP no salto de altura.
No que vai de tempada, foron varios os atletas do club que participaron coa Selección Galega, na Selección Galega cadete participaría Lorena Guitián, Cristina Robledo e Cristián Fernández no encontro celebrado en Aguilas, outra selección que contou cos noso atletas foi a Xuvenil nun encontro celebrado en Jaen e alá foron Leticia Gil, Elba Arias e Laura Pérez.









Nas fotos: Luis Fernando Moro, Lorena Guitian e Leticia Gil.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VETERANS PISTA AIRE LIBRE

Gandia 27/28 de xuño do 2008



A localidade de Gandia acolle este fin de semana o multitudinario Campionato de España de Veterans onde o club asistira con unha ampla representación e con opcións de conseguir varias medallas, ata alá desprazáronse os seguintes atletas:
- Luís Nogueira (M-50): lonxitude,triplo salto e xavelina.
- Xulio Ventin (M-45): 100 m. valados, martelo, martelo pesado, altura, peso, pértega, disco.
- Carlos Revuelta (M-45): disco e martelo.
- Juan Carlos Lareo (M-35): peso e disco.







Nas fotos: Nogueira, Ventin, Carlos Revuelta e Juan Carlos Lareo.

miércoles, 25 de junio de 2008

RESULTADOS

MARATON ALPINO MADRILEÑO
Sierra de Guadarrama 22 de xuño do 2008

Manuel Prieto remata 9º na xeral no posiblemente o Maraton alpino mais duro do mundo.

A crónica escrita polo propio Manuel Prieto:

"... non sei moi ben que decir, xa que nunca me vira en nada semellante, o resumen do percorrido está perfecto na páxina da carreira e o que si podo engadir e a aventura persoal que empeza por as risas cos compañeiros de excursión porque ninguén quenta nin fai estiramentos e tampouco aparece ningún cobado o dar a saida........correndo a ritmo lentísimo e aínda así adiantando xente continuamente chegamos o alto do telégrafo con repeito final do 40% , risas no grupeto que formamos entre cinco corredores pensando como se podía baixar correndo por un sitio así , pequeno descenso deica Navacerrada para buscar xa a subida a famosa Bola do Mundo a 2.200 mts para baixar uns 5 kms o punto mais bonito en Cotos a todo esto sin pasar un so sitio con 10 mts chairos e tamén unha gran diferencia con outras carreiras e nos avituallamentos xa que parabamos moito tempo a beber e comer, alguns non o fan e por iso na bola do mundo cantanme posto 66º, e entre a baixada a Cotos e posterior subida o cumio de Peñalara 2.430 mts xa vou de 24º, o Paso de Claveles non o esquece ninguén seguro xa que o 90% pasao co cu arrastras polas lousas cheas de aristas e pasando a caron de barrancos enormes, a maior parte da xente xa vai morta e estamos no km 20..........despois do descenso polas "escaleiras" de claveles pasamos a caron da laguna de pájaros e ven un tramo duns 6 kms polo lado contrario a súbida, para volver a Cotos nos que se pode correr xa que para subir os cumios case todo o tempo facemolo andando a paso moi vivo e aínda así pasamos mais corredores, a estas alturas de carreira solo quedamos dous do grupo inicial, agora subir o Paso do Noruego duns 5 kms moi duros deica a bola do mundo de novo, aquí empeza o meu calvario xa que non son partidario de tomar glucosa e solo con auga todo o camiño empezo a ter calambres e teño que baixar o ritmo varias veces, pero bueno o que me fastidiou moito e que dáseme moi ben baixar polo monte e quedan 12kms de baixadas nas que teño que parar varias veces a estirar chegando a quedar cas duas perniñas tesas de todo nunha ocasión.....outro detalle e que sempre que corro larga distancia fagome algunha ampolla, pero o que nunca me pasara e que sexa no talón.......de tanto frenar...........o final posto 9º e convencido de facer este ano o circuito alpino que completan a maraton de Penedos do Lobo en Manzaneda e de Jarapalos en Malaga ".




MARATON DE TORAL DE LOS VADOS
Toral de los Vados 22 de xuño do 2008

Hace ahora veinte años, siete atletas del equipo de la A.C. Tiburi de Puebla de Trives, establecían para nuestra comarca el oficioso record de participar juntos en una misma maratón. Este pasado domingo, todo hacia pensar que con la disputa del tradicional maratón de Toral de los Vados, caería o al menos se igualaría dicho registro. Pero no pudo ser. Al final fueron tan sólo cinco los valdeorreses que se atrevieron con los más de 42 kms de asfalto y con calurosas temperaturas muy por encima de los 30º. Y eso que en esta ocasión tuvimos el exitoso debut de dos nuevos maratonianos: Ruben Marcos León, animado a lo largo de toda la prueba por distintas pintadas en la carretera, y que sería el mejor de los nuestros entrando en el puesto 82 en 3 horas y 28 minutos, y del conocido montañero Julián Rodríguez León, que pese a haber participado días antes en una durísima prueba de montaña, consiguió finalizar el 137 en 3h y 56 min. Por detrás, Carlos Revuelta acababa su 28 maratón en 4h 18 min; Miguel Angel González finalizaba su quinta maratón en 4h 23 min y José López (Parra), mejoraba el mejor registro de sus tres participaciones sobre la distancia con un tiempo de 4h 26 min.
No deja de ser un orgullo, quizás no suficientemente valorado, poder tener 5 representantes en una carrera tan dura como la maratón, de hecho fueron muy pocos los equipos que consiguieron llevar a meta un número superior de corredores.


Enhorabuena a todos y ánimo que algún día se batirá ese “record” histórico de valdeorreses corriendo maratón al mismo tiempo. En su día lo consiguió la Tiburi, ahora tiene que lograrlo el ADAS.


De izquierda a derecha: Ruben Marcos, José "Parra", Julian, Carlos y Miguel Angel.




IV CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA

Xinzo de Limia 21 de xuño do 2008


Xinzo celebrou a sua carreira popular, a noitiña, nun circuito basicamente chairo e un bo numero de atletas na saida e en todalas categorias.

Boa actuacion dos nosos atletas, Jose Manuel Ramos remataria 5º na xeral, pero 4º na categoria senior e os atletas locais Dani Gonzalez e Tania Prieto venceria na categoria infantil homes e cadete feminino respectivamente, Lucy Ashcroft 2ª en infantil feminino.Na categoria benxamin, 2º posto para Aida Martinez e Diego Loertscher.

RESULTADOS


XVI TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA

Pontevedra 20 de xuño do 2008


A nosa unica participacion foi a do atleta coruñes Borja Rey Penelas na proba dos 400 m. valados onde remataria nun 4º posto cunha marca de 1'00"01.



RESULTADOS

viernes, 20 de junio de 2008

FIN DE SEMANA

Controis de pista, carreiras populares e A Maraton de Toral De Los Vados.
Lugo,Vigo e Pontevedra acolleran o longo do fin de semana trofeo e controis de marcas nas pista o aire libre e posiblemente atletas do club participen en eles.
Xinzo celebra o sabado a sua Carreira Popular Nocturna, onde haberá carreiras para todas as categorias e os nosos atletas de A Limia seguramente participaran.E na localidade veciña de Toral de los Vados celebra a sua Maraton polas estrada de O Bierzo, o noso club tera a sua representación nos habituais neste tipo de carreiras, Carlos Revuelta, Manuel Garcia, Miguel Gonzalez Ordoñez, Jose Ricardo Vieites, Parra, Ruben Marcos León e o montañeiro Julian Rodriguez León, este dous ultimos atletas estreanse na distancia.

MAIS INFORMACIÓN CARREIRA NOCTURNA
WEB OFICIAL MARATON TORAL DE LOS VADOS
HORARIO TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA
HORARIO SERIE MUNICIPAL DE ATLETISMO

martes, 17 de junio de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE POR AUTONOMIAS
Águilas 14/15 de xuño do 2008


"SENSACIONAL, LORENA GUITIÁN NO SALTO DE ALTURA"


O pasado domingo Lorena acadaba a medalla de prata no Cpto. de España cadete por Autonomias celebrado en Águilas (Murcia), saltando 1,66 m, igualando a representante de Asturias, quen conseguiu o titulo , no desempate por nulos.

Primeiro resultado importante para Lorena, que permite soñar coa posibilidade de acadar a marca minima ( 1,70 m.) para asistir o Cpto. de España Absoluto.

O sues compañeiros cumpriron, Cristina Robledo participaria nos 100 m. lisos rematando 4ª na final "B" e o rués Cristian Fernandez cun mellor salto de 5,18 m remataria 16º no salto de lonxitude.


FOTO CORTESIA DA F.G.A: Lorena Guitian(a dereita) acompañada por Cristina Robledo (a esquerda).



CAMPIONATO GALEGO XUNIOR-PROMESAS DE PISTA O AIRE LIBRE
Santiago de Compostela 14 de xuño do 2008


As pistas da Universidade de Santiago acolleu o pasado fin de semana o Cpto. Galego xunior-promesa.
Excasa participación de atletas do noso club, soamente dous,que colleitaron un total de 5 medallas.
O atleta coruñés Borja Rey proclamaríase Campión Galego Promesa nos 400 m. valados cunha marca 59"08.
Ana Raquel Revuelta seria a nosa protagonista o conseguir catro medallas nas disciplinas de lanzamentos, foi Subcampiona Galega Promesa no peso, disco e no martelo e 3ª no lanzamento de xabalina.


RESULTADOS

FOTO CORTESIA F.G.A : Ana Raquel Revuelta (de bermello)

CAMPIONATO GALEGO VETERANS DE PISTA O AIRE LIBRE
O Barco 14 de xuño do 2008

"22 MEDALLAS NO GALEGO DE VETERANS"


Cunha mais que eficiente organización e a boa disposición de todolos atletas, celebrouse nas pistas do Estadio Municipal de Calabagueiros a XV edición do Cpto. Galego de veterans o aire libre.

Uns 150 atletas de toda Galicia se deron cita no Barco para acadar en moitos casos a mellor marca persoal da tempada.


No que a marcas se refire,destacamos os 62,35 m. de Carlos Revuelta jr. no lanzamento de martelo xuvenil que o deixan a menos de 1 m. do 1º do ranking nacional.

Por outro lado Luis Fernando Moro non poido cos 5,22 m. quedandose nuha marca de 5,02m. mentres que Igor Bychkov saltaria 4,82 m. Excelentes Mario Romano e Raquel Lameiro no salto de lonxitude conuha marcas 6,17 m e 5,08 m. respectivamente na mesma proba participaria a infantil Maria Gonzalez saltando 4,64 m., 55,42 m. para Jorge Prada no lanzamento de xavelina e 12,29 m. para Jesus Garcia no lanzamento de peso.


Todos eles fora de concurso.


Xa no capitulo de medallas:

-Luis Nogueira, ouro en triplo salto, peso e xavelina.
-Manuel Garcia, ouro nos 200 m.l e 400 m.l.
-Francisco Bao, ouro nos lanzamentos de peso, disco e xavelina.
-Xulio Ventin, ouro en pértega, martelo e triplo salto.
-Miguel Gonzalez, en 5.000 m.l e lonxitude.
-Carlos Revuelta, prata no disco, triplo salto e bronce no martelo.
-Juan Carlos Lareo,ouro no martelo, prata no peso e no disco.
-Manuel Prieto, ouro nos 5.000m.l.
-Manuel Rodriguez, bronce na xavelina.
-Jose Barreiro, prata no peso.
-Manuel Ares, 6º nos 1.500 m.l, M-50.

Na foto: Carlos Revuelta no lanzamento de martelo.

jueves, 12 de junio de 2008

XV CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS

PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO GALEGO

O club ADAS-Proinor presentou o cartel anunciador do XV Campionato Galego de Veterans o aire libre, que ten coma escenario as pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros en O Barco o dia 14 de xuño a partir das 17:00 h.

Na presentacion feita polo atleta veteran D. Luis Nogueira e o presidente do club D. Agustin Gonzalez, deuse a coñecer o cartel, que leva a foto (cedida por cortesia de Nacho Rego) de Luis Nogueira, actual Campión do Mundo de +50 anos en xavelina.
Esparase un numero preto dos 200 atletas e mais de 20 club de toda Galicia.

Tamén haberá probas onde participaran atletas mais xoven,fora de concurso, no salto con pertega esta confirmada a asistencia do actual Campión de España en pista cuberta de orixe ucraniana e nacionalizado español Igor Bychkov, o atleta vigués Juan Pablo Calvo e o valdeorrés Luis Fernando Moro.


HORARIO
COMO CHEGAR A PISTA
A PISTA
RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO 2007
MAIS INFORMACIÓN TURISMO

martes, 10 de junio de 2008

RESULTADOS


OUTROS RESULTADOS:

Vigo e Lugo acolleron o longo do fin de semana probas nas suas pistas de atletismo e o noso club estivo ali representado.
Comezamos en Vigo, onde os nosos compañeiros Bruno de Sousa e Miguel Fernandez participarian na proba dos 100 m.l facendo un bo rexistro Miguel pararia o crono 11"98 e Bruno faría 12" 18.
Miguel Fernandez tamén participaria nos 400 m.l rematanto cunha marca 51"61.
Xulio Ventin participaria no lanzamento de peso facendo un mellor lanzamento de 11,06 m.
Pero Xulio volveria a participar no triplo salto onde faría o mellor salto de 10,86 m. logrando así un novo Record Galego na categoría de veteranos M-45.
E por ultimo, en Lugo farian un control de marcas e ata alá desprazaronse Luis Nogueira que participaria na xavelina cunha marca discreta 58,36 m., outro atleta que tamen participou foi Borja Rey Penelas nos 400 m.l facendo un tempo de 53"37.
No lanzamento de martelo , boas marcas para o xuvenil Carlos Revuelta lanzando o artefacto a 60,80 m.

RESULTADOS VIGO

RESULTADOS LUGO


CAMPIONATO GALEGO DE 1000 M. EN RUTA BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL
GRAN PREMIO CANTONES DE A CORUÑA - Probas de Promoción
A Coruña 07 de xuño do 2008

O pasado sábado celebrouse en A Coruña o Campionato Galego de 1.000 m.l en Ruta para as categorías benxamín, alevín e infantil no circuíto dos Cantóns, onde posteriormente celebraríase o Gran Premio de marcha.
Ata ala desprazaríanse atletas de A Limia e O Barco, para participar nas carreiras e na marcha.
Destacar o excelente 2º posto de Daniel González Devesa na proba dos 1.000 m.l categoría infantil, tamén participaría o benxamín Diego Loertscher que remataría 7º na súa categoría e na categoría infantil feminina Deborah Loertscher remataría 17ª e a súa compañeira Alba Domínguez 18ª.
E na marcha, a Federación Galega de Atletismo, organizaría unhas probas de promoción da marcha nas categorías menores e con algún veterano ilustre coma Jordi Llopard entre eles.
Nos 3 km. Marcha na categoría benxamín un bo 3º posto para Manuel Loertscher e na categoría cadete feminina Sheila Fernández remataría 7ª.


RESULTADOS

foto cortesia F.G.A: Dani Gonzalez no podio dos 1.000 m Ruta infantil.



3ª XORNADA DE DIVISIÓN DE HONOR
Bilbao e Ourense 07 de xuño do 2008

O pasado sábado celebráronse en Bilbao e Ourense, a importantísima 3ª xornada de División de Honor, os nosos atletas tentaron colaborar na permanencia do noso club de referencia o Ourense Atletismo na Division de Honra feminina e masculina, pero o final non puido ser.
En Bilbao, as malas condicións técnicas da zona de caídas de pértega foron as causas lamentablemente que o noso atleta Luís Fernando Moro, vía coma unha e outra vez, a mala colocación da colchoneta facía tropezar a súa pértega contra ela facendo así os tres nulo sobre a 1ª altura (5,00 m) motivaron que non puntuara para o equipo, e os erros e o baixo rendemento dalgúns atletas foron as causas que motivaron a perda dramática de categoría do equipo masculino , xa que eran un dos dous equipos favoritos para a salvación.
As nenas, a pesar de que loitaron moito, tampouco puideron eludir o descenso, quedándonos o consuelo da boa actuación no salto de altura de Lorena Guitián logrando saltar 1,66 m., a boa marca de Leticia Gil no salto de lonxitude, 5,26 m. , Laura Pérez na súa linea no lanzamento de martelo e Ana Raquel Revuelta cunha marca de 29,48 no lanzamento de disco.


RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA
2ª SUBIDA ROCAS – O EIRADO
Esgos 08 de xuño do 2008

O pasado domingo día oito de xuño celebrouse en Esgos o campionato galego de carreiras de montaña , o percorrido de 13,5kms de subida polo monte Meda xa de por si esixente , fixose mais duro si cabe pola treboada que acompañou os atletas nos derradeiros tres kms. ou ben desde os 950 os 1152 mts de altitude onde se atopaba a meta .
Xa de inicio formouse un grupo de cabeza no que estaban os nosos representantes, Elpidio Gomez e Manuel Prieto xunto a Oscar Piñeiro do Academia Postal , a partires do km 3 na parte mais dura da carreira atacou Piñeiro e seguido por Elpidio marcharonse solos monte arriba hasta chegar o Km7.5 onde aproveitando o único tramo chairo da prova atacou de novo Piñeiro collendo unha pequena ventaxa sobre Elpidio que xa sería definitiva deica a meta. Destacar o ritmo co que fixeron a subida os dous primeiros sacandolle casi 4 minutos o terceiro clasificado que sería Manuel Prieto, outro atleta veteran que participaba era Carlos Revuelta rematando no posto 146. Tamen suliñar a gran participación na proba con 154 corredores chegados en meta e unha organización da proba exemplar.


RESULTADOS






Nas imaxes,os nosos representantes, arriba Elpidio, Manuel e abaixo Carlos.

viernes, 6 de junio de 2008

PROXIMA COMPETICION


Novo fin de semana cheo de probas para os nosos atletas.

Varios atletas participaran na 3ª xornada da liga de División de Honor( Fase Descenso) co equipo do Ourense Atletismo, no equipo masculino a nosa representación será por medio do pertiguista Luís F. Moro, que se desprazará ata o Pais Vasco e alá se atopará con outros dous barquenses da escuadra ourensán Ivan Valle que participará no saldo de altura e Jorge Prada que o fará no lanzamento de xavelina.
O sábado no Complexo Deportivo de Monterrei, será o escenario para acoller a 3ª xornada da liga de División de Honor( Fase Descenso), o equipo feminino Ourense Atletismo contará, tamén con atletas do noso club, Leticia Gil en lonxitude, Lorena Guitián en altura, Ana Raquel Revuelta no lanzamento de disco e Laura Pérez en martelo.
Todos eles intentaran aportar todo o seu esforzo posible para que o atletismo ourensán desfrute un ano mais da División de honor.
E na fase a o titulo, a atleta de San Miguel, Eva Arias, participará co Valencia “Terra i Mar” na proba dos 1.500 m.l.

En A Coruña celebrase o Gran Premio dos Cantóns de marcha atlética, a atleta cadete Sheila Fernández será a nosa representante e participará nos 3Km.
Tamén en A Coruña celebrarase o Campionato Galego de 1.000 m Ruta para as categorías benxamín, alevín e infantil e o Campionato Galego da Milla en Ruta para as categorías cadete e xuvenil, onde haberá unha nutrida representación dos atletas de A Limia que pertencen o club.

O Concello de Esgos (Ourense) acollerá o Campionato Galego de Montaña na 2ª Subida Rocas-Eirado, que terá unha distancia de 13 km. E onde seguramente haberá representación de atletas do club, o atleta local Manuel Prieto, Elpidio Gomez ou o veteran Carlos Revuelta entre outros.

lunes, 2 de junio de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUVENIL DE SELECCIONES AUTONOMICAS
Andujar 30/05 al 01/06

Boa actuación das nosas atletas coa selección galega no Campionato de España.
Renderon o nivel que se esperaba de elas, aínda que Leticia era a única das tres que si competía na súa proba, tanto Elba coma Laura fixeron un bo papel nas probas nas que participaron, xa non son a súas probas habituais.
Leticia participaría no salto de lonxitude, saltando 5,20 m. logrando o 4º posto, a súa compañeira, Elba Arias participou no lanzamento de peso rematando 10ª con unha marca de 8,29m. e xa por ultimo, Laura Pérez, que remataría 12ª lanzando o disco a 23,55m.


A selección galega feminina remataria 6ª na xeral por seleccións.

RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO CADETE
CRITERIUM GALEGO BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL
Estadio Gregorio Pérez Rivera 01 de Xuño do 2008


21 medallas (6 oros, 6 pratas e 9 bronces) foi a bagaxe dos nosos pequenos neste campionato . A isto hai que engadir o record Galego da infantil María González Alonso en pértega (2,52 m.)
Destacar, na categoría cadete, as medallas de Vicente García 1º en lonxitude (5,52 m.) que lle abre as portas da Selección Galega , Lorena Guitián 3ª na lonxitude e 1ª no salto de altura, onde non deu opción, con un salto sobre 1,58 m. e Cristián Fernández 2º no salto de altura, tamén participaría Sheila Fernández nos 3 km marcha, 4º posto no martelo de Ruben Andrade, Vicente Fontán 5º posto no salto con pértega. 6º posto para Tania Prieto nos 1.000 m.l
Na categoría infantil, a xa nomeada María González 1ª en pértega, 1ª na lonxitude e 2ª no salto de altura, Lucy Ashcroft 1ª nos 80 m. valados e 3ª nos 500 m.l foron as mais laureadas. Tamén estiveron en boa liña Deborah Loertscher 3ª nos 80 m. valados e Xaime Ordiz 2º no salto de altura. Excelente carreira de 500 m.l onde Jose Domínguez rematou 2º e Daniel Devesa 3º, 7º posto para Araceli Conde nos 3 km marcha, proba na que tamén participaría Manuel Loertscher. 5º posto en lonxitude de Marcos Ramos, Tamén participaría Ana Isabel García nos 80 m.l e no peso Ana Belen Feijoo
Os alevíns, Emma López 1ª no 60 m.l e 3ª no salto de lonxitude, 3º postos para Kevin Fernández no salto de lonxitude, Ricardo Moldes no martelo e Daniel Martinez nos 1.000 m. obstáculos, 9ª Casandra Cristobao nos 2 Km marcha, nos 500 m.l Alexandre Álvarez 7º, Xoán Rey 8º na lonxitude.
E xa por ultimo a categoría benxamín, Aida Martinez 2ª nos 1.000 m.l ,Lucia Fernández 3ª no lanzamento de peso e 2º Roberto Trincado no salto de lonxitude.


RESULTADOS


CARREIRAS POPULARES


O atleta barquense Ruben Marcos León, participou o fin de semana pasado na carreira popular Memorial Manuel Barros en Gondomar, unha proba que tería que percorrer 10 km. unha tarde de calor e preto de 500 inscritos.
O final da proba Ruben Marcos comentábanos:
“Me habían dicho que lo más duro estaba en los primeros 5 km. con repechos y que despuès suavizaba. Por eso salì con cautela y a partir del km. 5 empezé a remontar y coger a todos los que pude hasta acabar en el puesto 77º y con 40’08”. Quede contento porque me saliò una buena carrera y el recorrido es muy rural y bonito."

RESULTADOS