Novo fin de semana cheo de probas para os nosos atletas.

O sábado no Complexo Deportivo de Monterrei, será o escenario para acoller a 3ª xornada da liga de División de Honor( Fase Descenso), o equipo feminino Ourense Atletismo contará, tamén con atletas do noso club, Leticia Gil en lonxitude, Lorena Guitián en altura, Ana Raquel Revuelta no lanzamento de disco e Laura Pérez en martelo.
Todos eles intentaran aportar todo o seu esforzo posible para que o atletismo ourensán desfrute un ano mais da División de honor.
E na fase a o titulo, a atleta de San Miguel, Eva Arias, participará co Valencia “Terra i Mar” na proba dos 1.500 m.l.

Tamén en A Coruña celebrarase o Campionato Galego de 1.000 m Ruta para as categorías benxamín, alevín e infantil e o Campionato Galego da Milla en Ruta para as categorías cadete e xuvenil, onde haberá unha nutrida representación dos atletas de A Limia que pertencen o club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario