jueves, 24 de abril de 2008

RESULTADOS

Campeonato de España Veterano media maratón
Oviedo 20/04/2008.

El pasado fin de semana se celebro el campeonato de España Veterano de media maratón en Oviedo, con una alta participación de atletas veteranos, en la que estaban presentes, una buena parte de los mejores fondistas veteranos de España.
Hasta Oviedo se desplazaron los atletas Carlos Revuelta Méndez y Miguel Ángel Martínez Fernández para representar al club y recorrer los 21.097 m. de la prueba. En una jornada con buena temperatura, sin lluvia ni viento, hicieron notar los colores del club por la calles del Oviedo y tras recibir numerosas muestras de apoyo y cariño por parte del publico finalizaron la prueba con modesto tiempo de 1 h 55 ´, pero con muy buenas sensaciones ante la inminente participación de ambos atletas en el próximo Maratón de Madrid del día 27/04/2008, que supondrá el debut de Miguel Ángel Martínez Fernández en está distancia.




RESULTADOS

La Delegación en Ourense de la Federación Gallega de Atletismo, con bastante retraso por dificultades tecnicas acaba de publicar los resultados de las pruebas disputadas hasta ahora, correspondientes al calendario de pista al aire libre



RESULTADOS FASE PREVIA O BARCO
RESULTADOS FASE PREVIA MONTERREI
RESULTADOS 1ª XORNADA COPA DIPUTACION
RESULTADOS 2ª FASE PREVIA MONTERREI
RESULTADOS 2ª XORNADA COPA DIPUTACION

jueves, 17 de abril de 2008

PROXIMA COMPETICION

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES
O Ferrol 19/04/2008


O vindeiro sábado celebrarase en las pistas de atletismo de A Malata en O Ferrol, o Campionato Galego de Club.
O noso club participara o final co equipo masculino, xa que o equipo feminino, que o principio estaba inscrito non participara debido as baixas de varias atletas e non cumpren o mínimo de probas para puntuar coma equipo.
En canto o equipo masculino, en principio non haberá baixas e contase con todos os atletas dispoñibles e o obxectivo e repetir o fantástico carto posto conseguido o ano pasado en Vigo, debemos recordar que os tres primeiros son equipos de división de Honor R.C. Celta de Vigo, S.G. de Pontevedra e o Ourense Atletismo .
Contaremos coa participación de Luís Fernando Moro na pértega e o salto de altura,o Campión do Mundo Veterano Luís Nogueira na xavelina o a participación do Campión de España de probas combinadas veterano Xulio Ventin, e o mellor fondista do club Gilberto Álvarez.
Pero eles solos, non fan un equipo sen os demais compañeiros e algúns chegan a esta competición en moi boas condicións:


- 100 m.l Diego Teixeira - Salto de altura Luís Fernando Moro
- 200 m.l Bruno de Sousa - Salto de lonxitude Mario Romano
- 400 m.l Bruno de Sousa - Salto con pértega Luís Fernando Moro
- 800 m.l Gilberto Álvarez - Triplo salto Mario Romano
- 1.500 m.l Alberto Asensio - Lanzamento de peso Jesus García
- 3.000 m.l Manuel Prieto - Lanzamento de disco Juan Carlos Lareo
- 110 m.valados Daniel Barja - Lanzamento de xavelina Luís Nogueira
- 400 m.valados Borja Rey - Lanzamento de martelo Xulio Ventin
- 3.000 m obstáculos Gilberto Álvarez
- 5.000 m. marcha Marcos Carracedo

4X100 (Lino, Vicente, Jesus, Diego)
4X400 (Alberto,Miguel,Tomás, Manuel)


viernes, 11 de abril de 2008

RESULTADOS

MEDIA MARATON GRAN BAHIA ( VIG-BAY )
Vigo 06/04/2008

O pasado fin de semana celebrouse a Media Maratón Gran Bahia con saída na Praia de Samil en Vigo e a chegada na localidade de Baiona tras percorrer os 21.097 m.
Bo clima, soleado e con moi pouco vento, animou que a xente participara tanto coma atleta e como espectador, conseguindo record de participación.
Moi boa participación de atletas valdeorreses, cerca da ducia, destacando o atleta Manuel Prieto como primeiro dos atletas do club en cruzar a meta, os seguintes atletas serian Manuel Rodríguez no posto 299º, moi boa carreira de Ruben Marcos León que remataría no posto 309º, o atleta de Viana do Bolo Tomas Fraiz, a pesar dos seus problemas estomacais chegaría a meta no posto 411º, posto 910º para o ultrafondista de Pobra de Trives Jose Ricardo Vieites, 1.278º Jose María Dosouto, 1.350º Miguel Angel Martinez, 1.428º para o atleta de Arcos Manuel García, 1.657º Carlos Revuelta,1.701º Miguel Angel Gonzalez, 2.190º Joaquin Benito R. Novoa.
Tamén participaron o atleta Xavier Fernández que tivo que abandonar a carreira debido a unha lesión cando percorría o km 12 e o pintor local afincado en Vigo Xerardo Rodríguez que e un asiduo as populares polo Barco.



CRITERIUM GALEGO DE LANZAMENTOS DE PRIMAVERA
Lugo 05/04/2008

Sobresaínte para os nosos lanzadores que se desprazaron ata Lugo, as boas marcas realizadas na xornada do sábado recoñecen o bo traballo que están a realizar na tempada.
Carlos Revuelta Jr. remataría 2º no lanzamento de martelo cunha mellor marca de 58.26 m e a súa compañeira Laura Pérez con 35.55 m. conseguiría a marca mínima para asistir o Campionato de España Xuvenil.
Jesus García no lanzamento de peso faría a súa mellor marca persoal 12.65 m, conseguindo o 2º posto sénior.
Carlos Revuelta Jr. participaría de novo, pero esta vez no lanzamento de disco rematando tamén 2º e moi cerca da marca mínima para o Campionato de España xuvenil e a súa irma Ana Raquel Revuelta lanzaría o disco a 29.53 m.
Na xavelina, o veterano Luís Nogueira remataría 2º sénior cunha marca 63.43m e Jorge Prada (OAAP) 3º con 60.94 m, dista vez Nogueira pudo con Jorge.

viernes, 4 de abril de 2008

PROXIMA COMPETICION

O sábado na pista de atletismo do estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo acollera o Criterium galego de lanzamentos de Primavera que presenta como novidade que os atletas foron “invitados” polo responsable do sector de lanzamentos na F.G.A D. Raimundo Fernández.
Ata alá desprazarase Luís Nogueira e Jorge Prada na xavelina, Martín Fernández o disco, Jesus García o lanzamento de peso e Carlos Revuelta o martelo.


Mentres nas Pistas do Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar, celebrase a 1ª Fase previa para a zoa de Ourense, e alá debutaran os nenos e nenas de Xinzo que este ano están no club e algún atleta de O Barco.

Xa na xornada matinal do domingo o Estadio Municipal de Calabagueiros en O Barco, acollera a 1ª Xornada da XXV Copa Deputación.

Tamén o domingo celebrase en Vigo a IX Media Maratón Gran Bahía ou mais coñecida coma Vig-Bay, xa que a saída es en Samil – Vigo e a meta en Baiona, o club presentará un bo numero de efectivos na saída, Carlos Revuelta, Manuel García, Miguel Angel González, Miguel Angel Martinez, Jose Ricardo Vieites, Xavier Fernández, Tomás Fraiz, Ruben Marcos León e Manuel Rodríguez, xa confirmaron a súa presenza na proba.

MÁIS INFORMACIÓN:






jueves, 3 de abril de 2008

RESULTADOS

1ª XORNADA PREVIA DE ATLETISMO ESCOLAR
Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco) 29/03/2008

O sábado nas pistas de atletismo de "Calabagueiros", cun tempo primaveral e cunha organización excelente, celebrouse a 1ª xornada previa de atletismo escolar cunha sorprendente e grata participación de nenos e nenas.

As pistas de atletismo cunha gradas cheas de pais, familiares e amigos que cos nosos berros de alento e miradas de orgullo viamos como os nenos disfrutaban co deporte.

Esa tarde saiamos das pistas ca satisfacción de poder ver unha competición en O Barco, de ver que o atletismo nesta comarca crece dia a dia e como os nenos se esforzan para demostrarnos que o importante non é gañar, se non, chegar a meta.

Destacar a participación de atletas do "Ben Cho Sey" de Pereiro, xenialmente dirixidos polo noso amigo Germán, tamen houbo atletas da Escola municipal de atletismo de Ourense e os nosos amigos do Bierzo co Atletismo Ponferrada.

CARREIRA POPULAR DE A MERCA
A Merca 30/03/2008

"Manuel Prieto imponse na popular de A Merca"
Volta forte Manuel tras unha lesión que o mantivo apartado das competicións, perdéndose a mais importantes o Campionato Galego de cross e a oportunidade de disputar o Campionato de España de cross de clubs.
Na popular de A Merca, Manuel Prieto e o seu compañeiro de equipo Elpidio Gomez, foron deixando atrás os seus rivais cun forte ritmo , chegando os metros finais ambos atletas resultando vencedor da proba Manuel sobre o seu compañeiro Elpidio.
Nesta carreira tamén participou o atleta pontevedrés afincado en O Barco Jonathan Rodríguez.
Na carreira de menores na categoría feminina tería outra atleta do club como vencedora, a atleta de Xinzo Tania Prieto.


10KM CIDADE UNIVERSITARIA
Vigo 30/03/2008

“10 Km Cidade Universitaria” en Vigo, nunha proba de gran calidade onde participaban atletas galegos e atletas portugueses, un circuíto moi exixente polas calles do campus de Vigo e o día frío o atleta Ruben Marcos León, foi a nosa representación rematando no posto 88º e invertendo un tempo de 39’ 17”, o rematar a proba Ruben comentábanos a súa ledicia “a pesar do frío e do vento que había acabei 88º e puiden baixar dos 40 minutos nos 10 km en ruta por primeira vez na miña vida. Espero que este esforzo non me pase factura en la VigBay .”


RESULTADOS