viernes, 11 de abril de 2008

RESULTADOS

MEDIA MARATON GRAN BAHIA ( VIG-BAY )
Vigo 06/04/2008

O pasado fin de semana celebrouse a Media Maratón Gran Bahia con saída na Praia de Samil en Vigo e a chegada na localidade de Baiona tras percorrer os 21.097 m.
Bo clima, soleado e con moi pouco vento, animou que a xente participara tanto coma atleta e como espectador, conseguindo record de participación.
Moi boa participación de atletas valdeorreses, cerca da ducia, destacando o atleta Manuel Prieto como primeiro dos atletas do club en cruzar a meta, os seguintes atletas serian Manuel Rodríguez no posto 299º, moi boa carreira de Ruben Marcos León que remataría no posto 309º, o atleta de Viana do Bolo Tomas Fraiz, a pesar dos seus problemas estomacais chegaría a meta no posto 411º, posto 910º para o ultrafondista de Pobra de Trives Jose Ricardo Vieites, 1.278º Jose María Dosouto, 1.350º Miguel Angel Martinez, 1.428º para o atleta de Arcos Manuel García, 1.657º Carlos Revuelta,1.701º Miguel Angel Gonzalez, 2.190º Joaquin Benito R. Novoa.
Tamén participaron o atleta Xavier Fernández que tivo que abandonar a carreira debido a unha lesión cando percorría o km 12 e o pintor local afincado en Vigo Xerardo Rodríguez que e un asiduo as populares polo Barco.



CRITERIUM GALEGO DE LANZAMENTOS DE PRIMAVERA
Lugo 05/04/2008

Sobresaínte para os nosos lanzadores que se desprazaron ata Lugo, as boas marcas realizadas na xornada do sábado recoñecen o bo traballo que están a realizar na tempada.
Carlos Revuelta Jr. remataría 2º no lanzamento de martelo cunha mellor marca de 58.26 m e a súa compañeira Laura Pérez con 35.55 m. conseguiría a marca mínima para asistir o Campionato de España Xuvenil.
Jesus García no lanzamento de peso faría a súa mellor marca persoal 12.65 m, conseguindo o 2º posto sénior.
Carlos Revuelta Jr. participaría de novo, pero esta vez no lanzamento de disco rematando tamén 2º e moi cerca da marca mínima para o Campionato de España xuvenil e a súa irma Ana Raquel Revuelta lanzaría o disco a 29.53 m.
Na xavelina, o veterano Luís Nogueira remataría 2º sénior cunha marca 63.43m e Jorge Prada (OAAP) 3º con 60.94 m, dista vez Nogueira pudo con Jorge.

No hay comentarios: