viernes, 30 de enero de 2009

COMPETICION

NUMEROSA PARTICIPACION DO ADAS NO GALEGO DE CROSS E II CROSS DE GALICIA.

O domingo 1 de febreiro varios serán os atletas do Club ADAS PROINOR que se desplazarán a Santiago para participar no IIº Cross de Galicia e Cto. Galego de Veteráns.
En categoria infantil e cadete, Daniel González e Javi Rivero, dous importantes estandartes da Limia, serán os que abrirán a participación do ADAS.
Xa un pouco máis tarde na carreira senior feminino, Cristina Alves, será unha das participantes, mentras en veteráns feminino Carmen Expósito participará en W-50.
Despois tocaralle o turno os homes, coa presencia de Jesús Fdez. e Javier Fdez. na categoria senior, dentro da mesma carreira sera Campionato Galego para as categorias M-35 e M-40, o club presenta equipo na categoria M-35 con Manuel Prieto, Víctor Conde, Manuel Rodriguez e Xose Manuel Meijome, e xa na ultima proba será o turno para os atletas M-45 en adiante onde participaran Fernando Gonzalez, Jose Antonio Capelo e Paco Bao.

REGULAMENTO

COMPETICION

VARIOS ATLETAS DO CLUBE NO II TROFEO ACADEMIA POSTAL

Varios serán os atletas que estarán presentes no IIº TROFEO ACADEMIA POSTAL de atletismo en pista cuberta, que se celebrará no Módulo Cuberto de Orense o vindeiro sábado, día 31 de xaneiro. As féminas Leticia Gil, Lorena Guitián e María González, competirán en altura valados e 60 lisos , así como na lonxitude. En cuanto os rapaces, Vicente García en xuvenil e Vicente Fontán en cadete homes tamén estarán presentes.


REGULAMENTO

miércoles, 28 de enero de 2009

EVENTOS

HOXE MERCORES,DIA 28 DE XANEIRO PRESENTASE OFICIALMENTE A DELEGACION VALDEORRESA DE ATLETISMO

Isidoro Hornillos,actual Presidente da F.G.A será o encargado de facer a presentación oficial de esta nova Delegación da Federación Galega de Atletismo ante os medios de comunicación e as diferentes autoridades que acudirán o acto. Un acto que terá lugar no 3º andar do Concello de O Barco, no salón multiusos a partir das 18.00 h. e o que están invitados todolos estamentos relacionados co atletismo e co deporte de Valdeorras en xeral.
Nesta posta de largo da Delegación de Valdeorras, intervirá, ademáis de Isidoro Hornillos,o que será o 1º Delegado da Federación Galega en Valdeorras,Carlos Revuelta Méndez.

domingo, 25 de enero de 2009

RESULTADOS

O ADAS PROINOR CAMPION PROVINCIAL ABSOLUTO MASC. POR EQUIPOS NO CAMPO A TRAVES.

Celebrouse no circuito de "O Aguillon" en A Rúa unha nova edición do Campionato Provincial de campo a través, tanto nas categorías de Veteráns como nas de Absolutos.
O equipo valdeorrés, con prácticamente todolos seus efectivos, foi profeta na súa terra e acadaba un contundente triunfo na categoría masculina absoluta por equipos, mentras que acadaba o sub-campionato na absoluta feminina.
No plano individual excelentes estiveron José M. Ramos e Gilberto Alvarez, que brindaron un apaixoante espectáculo por riba do barro e os charcos. O final, este sería o orde de chegada na meta, seguidos dun combativo Manuel Prieto. Destacar o bo comportamento de todolos membros do equipo, tanto masculinos como féminas.
En canto a estas últimas, o ADAS completaba, por 1ª vez na súa historia, un equipo absoluto feminino, estando todas as compoñentes a unha gran altura. Mónica Trincado sería a 1ª en entrar en meta, sendo 8ª absoluta e 1ª xuvenil, seguida da súa compañeira de equipo, Mª José Diéguez, que acadaría a 2ª posición en w-35. Na categoría junior, 2ª sería Angela Rodríguez.
En canto os veteráns, houbo triunfos para Manuel Prieto, en M-35, 2º foi Capelo en máis de 45 anos, 4º sería
Miguel A. Ordóñez en M-55 e 3º Manuel García en M-65.

Destacar tamén o bo traballo tanto da organización como dos xuices, nun día moi complicado polas condicións metereolóxicas.

RESULTADOS

miércoles, 21 de enero de 2009

CPTO. PROVINCIAL ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS

"O PROXIMO DOMINGO, A RÚA ACOLLERÁ DE NOVO UNHA PROBA DE CAMPO A TRAVÉS"

Dende que no ano 1986 celebrarase por primeira vez
un Campionato Galego de categorias menores, o circuito de O Aguillón foi mellorando co tempo e acolleu outros dous Campionatos Galegos absolutos, un Campionato de España de Veteranos e co do proximo domingo dous Campionatos Provinciais, é o circuito onde se fai sempre a Final Comarcal escolar, por aqui deixaron bos recordos atletas da talla de Alejandro Gomez, Carlos Adan, Domingo Ramón, Xulia Vaquero ou Estela Estevez, entre outros e tamén os entrenamentos do lucense Alberto Alvarez Flores cando vivia en O Barco.
O domingo farase conxunta o Campionato Provincial Absoluto a Final Comarcal Escolar e o Cross de A Rúa que chega a XXIIª edicións. A organización ten disposta tamén a premiación con tres trofeos os tres primeiros homes e mulleres que resulten gañadores.

REGULAMENTO


CIRCUITO


MAIS INFORMACIÓN

domingo, 18 de enero de 2009

RESULTADOS

LORENA GUITIAN ACADA A MINIMA NO 50 M.V. PARA O NACIONAL CADETE DE P.C.

Lorena Guitián acadou a mínima para o Cpto. de España na proba de 50 m.v. no control celebrado no módulo de Ourense o pasado sábado ,día 17 de Xaneiro. A atleta valdeorresa conseguía a victoria por diante da atleta do Morrazo, Antía Martínez Queimaño, actual campiona de España desta proba en pista cuberta. Lorena acadaba tamén a mínima en salto de altura cunha marca de 1.54 m. Pola súa banda, María González saltaba 1.48 m., na mesma proba e todavía terá que esperar para obter a ansiada marca. En canto os demais resultados, destacar os 4.97 m. de Vicente Fontán en lonxitude cadete e a excelente carreira de Pablo Marqués e o propio Vicente Fontán na proba de 60 m.l.

RESULTADOS

CPTO. GALEGO XUVENIL-XUNIOR E PROMESA DE PISTA CUBERTA
A Coruña 18 de xaneiro do 2009

"5 MEDALLAS NO GALEGO DE P.C. XUVENIL-XUNIOR E PROMESA "

Excelentes resultados para os nosos atletas no Cto. Galego Xuvenil, Xunior e Promesa de Pista cuberta celebrado nas pistas de Riazor este pasado domingo. A atleta mais laureada sería Leticia Gil, quen acadou un total de 2 títulos e un sub-campionato. Leticia foi 1ª na proba de lonxitude cun salto de 5.13 m. mentras que paraba o crono en 7"96 nos 50 m.valados, marca que lle otorgou tamén o título nesta especialidade. En salto de altura foi 2ª cun salto de 1.55 cm. No apartado dos lanzamentos, victoria tamén para Laura Pérez en peso xunior, mentres que Ana Raquel Revuelta era 2ª no peso promesa. Boa actuación tamén de Carlitos Revuelta no peso xunior, a pesar de acadar a 4ª posición, xa que realizou unha excelente marca.

RESULTADOS

CORRE CON NOS. CARREIRA NOCTURNA
Lugo 17 de xaneiro do 2009

Boa participación dos atletas Oscar Ramos e Xose Manuel Meijome que rematarian 16º e 61º respectivamente.

Xose Manuel escribiunos a sua impresións dispois da carreira:

"Enrolada na iniciativa "Corre con Nós" do concello de Lugo a carreira noctuna percorre unha céntrica avenida da cidade o que a fai un bó espectáculo para o público e aumenta a participación local; mais a proba atrae tamén á xente de fora que participa no circuito e sabe o ben organizado do tema e os servizos que se prestan ós corredores.Chegamos con tempo e me adiquei a quencer trotando i estirando, facendo algunha progresión e charlando con alguns coñecidos. Un longo quencemento que logo me deu o seu froito.A liña de saida da nosa carreira formouse sen que rematara a carreira anterior e os mais espabilados colleron posicions ó sprint e o resto como pudemos. Como a zona era estreita para o número de participantes tocou facer uns primeiros 700 metros de zigzag e adiantamentos un pouco xustos pero lonxe da amolarme se me fixo entretido e non me cansou. Logo tomei o ritmo de un par de atletas que me adiantaban e aguantei con eles ata o derradeiro paso pola fonte do rei; alí pensei 'ou racha ou rompe' e tirei co que tiña para facer unha longa progresión ata a meta. O resultado deixoume moi satisfeito 14:44 nos 4100 mts (3'35" o Km.) e con gañas de escomenzar sen prisas mais sen pausa o 'traballo' para....? o que xurda."

RESULTADOS

viernes, 16 de enero de 2009

COMPETICION

PRIMEIRO CAMPIONATO GALEGO PARA O NOSO CLUBE ESTA TEMPORADA.
CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA XUVENIL, XUNIOR E PROMESA.

O domingo, dia 18 de xaneiro varios serán os atletas do noso club que loitaran por medalla nos Campionatos Galegos de pista cuberta xuvenil, xunior e promesa que se celebran na pista do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.
A primeira en debutar será Leticia Gil, no salto de altura, proba na que haberá unha interesante competición, e na que Leticia tentara acadar una medalla que ben puidera ser a de ouro, se esta na súa marca.
Pola tarde a lonxitude e o 50 valados, poden ser outras dúas probas que sumen outras dúas medallas mais na colleita de Leticia.
Borja Rey, que reaparece despois da súa estadía en Noruega, tentara facer valer a súa experiencia no 800, e poder tamén acariciar o bronce.
Xa de tarde o xuvenil Vicente García ten un difícil reto para sacar algún metal na lonxitude xuvenil, mentres que a proba de peso masculino xunior con Carlos Revuelta pode ser unha nova oportunidade de obter unha nova medalla, tamén no peso, pero feminino, Ana Raquel Revuelta en promesa, e Laura Pérez en xunior podían completar os podios valdeorreses.


HORARIO

LISTA DE INSCRITOS

COMPETICION

ESTE SABADO,DIA 17, VARIOS CATIVOS E CATIVAS DO ADAS COMPETIRAN NO MODULO DE OURENSE

Este sábado a partir das 17.00 h. varios atleta do ADAS PROINOR competirán no módulo de Ourense ca idea de mellorar as súas marcas e de acadar as mínimas dos diversos campionatos das categorías as que pertenecen.
Destaca a presenza de Lorena Guitián, sub-campiona de España cadete no 2008, que se estrea esta temporada na súa proba o salto de altura.

HORARIO


martes, 13 de enero de 2009

CPTO. PROVINCIAL DE CROSS

A RUA SERA A SEDE DO CTO. PROVINCIAL DE CROSS

O vindeiro domingo, día 25 de xaneiro, A Rúa será escenario de unha nova edición do Cto. Provincial de Campo a Través, nas categorías absolutas e de Veteráns.
Celébrase o Cto. Provincial Absoluto Masculino e Femenino, tanto en categoría individual , como por equipos. Por outra banda tamén se celebra o Cto. Provincial individual das categorías, xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns, si ben esta última otorgará trofeos as categorías de 10 en 10 anos. Prevéese unha importante participación, sobre todo de atletas da comarca valdeorresa. A proba dará comenzo as 12:00 do mediodia no circuito de O Aguillón, xa que de 11:00 a 12:00 h. se celebrará a Final comarcal de Campo a Través en categoría escolar. Nos próximos días seguiremos a dar mais detalles destas probas.

RESULTADOS

OS ATLETAS DO ADAS DESTACARON NA POPULAR DE XINZO

Un ano mais a popular de Xinzo congregou a un número importante de atletas da Comunidade Autónoma. Na carreira absoluta, destacar a prestación tanto de Víctor Conde, como de Jose Manuel Ramos e Tomás Fraiz, que seguen a mellorar en cada careira o seu nivel.
Na carreira de categorías menores, triunfo de Javier Rivero e boas sensacións as que deixou de novo, Daniel González. En féminas, a mellor clasificación correspondeu a Lucy Ashcroft, mentras que nos máis cativos, excelentes Jack e Aida.

RESULTADOS MAIORES

RESULTADOS

MOITO FRIO NA COPA DEPUTACION

Celebrouse o pasado sábado día 10 de xaneiro nas pistas de O Barco a 1ª xornada da XXVI Copa deputacion de Atletismo. O frío sería o principal protagonista dunha xornada na que a máxima participación foi das categorías menores.
Destacar a carreira de Desiré no 3000 cad. fem. e a de Cristopher Prieto na Cadete masculino dos 1000 m, sen olvidar a Saul Ordóñez.
Boa participación no lanzamento de peso masculino, no que melloraron a marca case que todolos nosos atletas, destacando Rubén, ou os veterans Paco Bao e Luis Nogueira. Esta proba foi a 1ª na que se estreaba en pista a recientemente creada Delegación de Atletismo de Valdeorras.

RESULTADOS

miércoles, 7 de enero de 2009

EVENTOS

CONCENTRACION DE LANZADORES NO ALGARVE

Hoxe regresaron do Algarve portugués os meiores lanzadores galegos, despois de manter alí dende primeiro do ano unha concentración no Centro Atlético de Vila Real do Santo Antonio, ás ordes do responsable galego, Raimundo Fernández. Atopábase entre eles, o noso lanzador xunior Carlos Revuelta, invitado pola Federación Galega de atletismo, quen pudo adestrar en dobre xornada, nas magníficas instalacións do país veciño, xunto a atletas internacionais de moitas nacionalidades que aproveitan as datas do Nadal para facer a súa posta a punto.

Deste xeito, Carlos Revuelta ven de dar un paso máis na súa destacada traxectoria que xa levouno a derradeira tempada a finalizar terceiro do ránking nacional da súa difícil especialidade.

domingo, 4 de enero de 2009

COMPETICION


SALVADOR GAMARRA TAMEN DESTACOU NA SAN SILVESTRE DE MADRID.

O madrileño do Adas-Proinor, Salvador Gamarra, tamén realizou unha excelente carreira na San Silvestre Vallecana, acadando o posto 240º cunha marca de 36'32". Esta marca supón unha das mellores prestacións do atleta do ADAS nos últimos anos sobre esta distancia.

viernes, 2 de enero de 2009

COMPETICION

E MAIS SAN SILVESTRES...

Os atletas do club repartironse para despidir o ano participando nas diferentes carreiras do San Silvestre.
No mesmo dia que se participaba en Ponferrada, de mañá varios atletas desprazaronse ata Lloret de Mar (Girona), para participar na segunda edición "La Sansi" unha proba que organizou o atleta catalan e internacional coa seleccion española, Jose Luis Blanco.
Alberto Asensio seria o mellor atleta do club na clasificación xeral rematando no posto 36º, por detrás de Alberto entraria Javier Fernandez 57º e Manuel Rodriguez 171º.
Nesta proba tamén haberia participación valdeorresa, Eva Arias que seria a primeira muller en cruzar a liña de meta e David Gil Moldes que remataria 85º, ambos atletas viven en Cataluña.

O atleta Ruben Marcos León desprazariase ata Porto para participar na"15ª Corrida Sao Silvestre Cidade de Porto" e deixounos a sua impresión da carreira:


"Una carrera de 10km con 2 vueltas de 5km cada una por las calles empedradas de Oporto y en cada vuelta tuvimos que subir unas empinadas cuestas de 2,5km para lugo bajar otros 2,5 km,vamos que fue un suplìcio muy duro que me dejò exhausto a la llegada,pero muy contento porque al final terminè con un crono de 40min49seg en el puesto 182 de màs de 1600 atletas.Para mì fue un resultado espectacular,porque acabè muy delante en la clasificaciòn.Encima habìa una participaciòn muy buena con gente muy fuerte.La verdad es que durante la carrera sufrì mucho,porque la primera vuelta salì màs fuerte de lo que tenìa previsto y en la segunda vuelta(Sobre todo en la subida empedrada)me limitè a aguantar un ritmo medio,para despuès darlo todo en la bajada.Pero lo que pasa es que la meta no estaba al final de la bajada,sinò que sin tramo de llano nos hicieron subir una cuesta de 300metros para llegar a la meta que me dejò sin fuerzas.De ahì mi sorpresa al verme tan delante al ver las clasificaciones.Pero visto lo visto fue una carrera impresionante en todos los aspectos para mì.Coincidì corriendo con muchos atletas españoles,que como yo acudieron a esta bonita carrera por su cercanìa con España,con lo que el esfuerzo me resultò màs ameno y llevadero.Muchìsima gente animando en las calles,mucha corriendo,buen clima suave,y muchas fuerzas para realizar el recorrido.No puedo pedir màs."

Xa o dia 31, en Castrelo de Miño celebraba a sua San Silvestre, onde destacaria Manuel Prieto que remataria 5º por detras se clasificarian 10º Jesus Fernandez e 12º Oscar Ramos. O mesmo dia teria lugar a "Derradeira do Ano" en Allariz, o atleta local Victor Conde remataria 2º.
E por ultimo, Gilberto Alvarez , participou novamente na San Silvestre mais importante de España, a San Silvestre Vallecana, onde correria na carreira internacional rematando no posto 43º da xeral.


RESULTADOS LLORET
RESULTADOS PORTO
RESULTADOS CASTRELO
RESULTADOS SAN SILVESTRE VALLECANA

COMPETICION

BOS RESULTADOS DO ADAS NA SAN SILVESTRE DE PONFERADA

Un nutrido grupo de atletas do ADAS PROINOR despediu o ano correndo a XXX edición da san silvestre Berciana. Cativos,cativas, adestradores e pais ou nais dos nosos atletas estiveron presentes nunha proba tremendamente popular, e na que somentes as categorías menores tiñan acceso a trofeos.
En pitufas,2ª foi Belén García; en Alevíns, tamén sería 2ª a súa irmá, Anita García, mentras que en Benxamín masc. e Infantil Masc. a victoria sonreiu a Roberto Trincado e a Guti González. En categoría Cadete feminina, victoria para Desiré, e reaparición de Miriam Ares, que fixo unha boa carreira a pesar da inactividade. En cadete masculino Saúl Ordóñez e Cristopher Prieto disputáronse un apaixoante sprint, que se resolveu a favor do 2º.

EVENTOS

XORNADAS TECNICAS NA PISTA DO BARCO A CARGO DE JULIO VENTIN

Este sábado ,día 3 de xaneiro, o responsable galego de probas combinadas e atleta do clube ,Julio Ventín, acudirá ás pistas de Calabagueiros para impartir unhas sesións técnicas de varias disciplinas, saltos, lanzamentos e carreiras, en dúas sesións, de 11:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 19:00 h. Están invitados varios atletas do clube de varias categorías que, xuntamente cos seus adestradores perfeccionarán algunha das súas especialidades. Así mesmo, na sesión da mañá estará presente o pertiguista internacional Luis Moro, que traballará conxuntamente co adestrador pontevedrés.