PRIMEIRO CAMPIONATO GALEGO PARA O NOSO CLUBE ESTA TEMPORADA.
CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA XUVENIL, XUNIOR E PROMESA.
O domingo, dia 18 de xaneiro varios serán os atletas do noso club que loitaran por medalla nos Campionatos Galegos de pista cuberta xuvenil, xunior e promesa que se celebran na pista do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.
A primeira en debutar será Leticia Gil, no salto de altura, proba na que haberá unha interesante competición, e na que Leticia tentara acadar una medalla que ben puidera ser a de ouro, se esta na súa marca.
Pola tarde a lonxitude e o 50 valados, poden ser outras dúas probas que sumen outras dúas medallas mais na colleita de Leticia.
Borja Rey, que reaparece despois da súa estadía en Noruega, tentara facer valer a súa experiencia no 800, e poder tamén acariciar o bronce.
Xa de tarde o xuvenil Vicente García ten un difícil reto para sacar algún metal na lonxitude xuvenil, mentres que a proba de peso masculino xunior con Carlos Revuelta pode ser unha nova oportunidade de obter unha nova medalla, tamén no peso, pero feminino, Ana Raquel Revuelta en promesa, e Laura Pérez en xunior podían completar os podios valdeorreses.
HORARIO
LISTA DE INSCRITOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario