A Coruña 18 de xaneiro do 2009
"5 MEDALLAS NO GALEGO DE P.C. XUVENIL-XUNIOR E PROMESA "
Excelentes resultados para os nosos atletas no Cto. Galego Xuvenil, Xunior e Promesa de Pista cuberta celebrado nas pistas de Riazor este pasado domingo. A atleta mais laureada sería Leticia Gil, quen acadou un total de 2 títulos e un sub-campionato. Leticia foi 1ª na proba de lonxitude cun salto de 5.13 m. mentras que paraba o crono en 7"96 nos 50 m.valados, marca que lle otorgou tamén o título nesta especialidade. En salto de altura foi 2ª cun salto de 1.55 cm. No apartado dos lanzamentos, victoria tamén para Laura Pérez en peso xunior, mentres que Ana Raquel Revuelta era 2ª no peso promesa. Boa actuación tamén de Carlitos Revuelta no peso xunior, a pesar de acadar a 4ª posición, xa que realizou unha excelente marca.
RESULTADOS

CORRE CON NOS. CARREIRA NOCTURNA
Lugo 17 de xaneiro do 2009
Boa participación dos atletas Oscar Ramos e Xose Manuel Meijome que rematarian 16º e 61º respectivamente.
Xose Manuel escribiunos a sua impresións dispois da carreira:
"Enrolada na iniciativa "Corre con Nós" do concello de Lugo a carreira noctuna percorre unha céntrica avenida da cidade o que a fai un bó espectáculo para o público e aumenta a participación local; mais a proba atrae tamén á xente de fora que participa no circuito e sabe o ben organizado do tema e os servizos que se prestan ós corredores.Chegamos con tempo e me adiquei a quencer trotando i estirando, facendo algunha progresión e charlando con alguns coñecidos. Un longo quencemento que logo me deu o seu froito.A liña de saida da nosa carreira formouse sen que rematara a carreira anterior e os mais espabilados colleron posicions ó sprint e o resto como pudemos. Como a zona era estreita para o número de participantes tocou facer uns primeiros 700 metros de zigzag e adiantamentos un pouco xustos pero lonxe da amolarme se me fixo entretido e non me cansou. Logo tomei o ritmo de un par de atletas que me adiantaban e aguantei con eles ata o derradeiro paso pola fonte do rei; alí pensei 'ou racha ou rompe' e tirei co que tiña para facer unha longa progresión ata a meta. O resultado deixoume moi satisfeito 14:44 nos 4100 mts (3'35" o Km.) e con gañas de escomenzar sen prisas mais sen pausa o 'traballo' para....? o que xurda."
RESULTADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario