lunes, 24 de diciembre de 2007

RESULTADOS

CARREIRA POPULAR DO NADAL
SAN CIBRAO 23/12/2007



"O ADAS PROINOR DEIXOUSE VER EN SAN CIBRAO"


UN ANO MAIS CELEBROUSE A CARREIRA POPULAR DE SAN CIBRAO CUN ENORME EXITO DE AFLUENCIA DE ATLETAS. OS NOSOS CORREDORES TIVERON QUE DIVIDIRSE E , A PESAR DE QUE FORON POUCOS OS QUE SE DESPRAZARON, OS RESULTADOS NON POIDERON SER MELLORES.EN XUVENIL FEMENINO, VICTORIA PARA CRISTINA FERNANDEZ, QUE INDA TERIA TEMPO DE CHEGAR A CARREIRA POPULAR DO TURRON EN O BARCO. EN INFANTIS, EXCELENTE CARREIRA DE DANI GONZALEZ, QUE ACADABA UNHA EXCELENTE 2ª POSICION, DETRAS DUN ATLETA DE MONFORTE, NAS FILAS DO OURENSE ATLETISMO. XA NA CATEGORIA ABSOLUTA, MANOLO PRIETO EMPEZA A AMOSAR AS SUAS CREDENCIAIS DE CARA O PROVINCIAL ABSOLUTO, E ACADABA UNHA MAIS QUE MERITORIA 3ª POSICION. EN 6º POSICION ENTRARIA ELPIDIO, 7º SERIA RAMOS, E 11º E 12º SERIAN JAVIER FERNANDEZ E MAIS ALBERTO ASENSIO. MERITORIA 2ª POSICION NA CATEGORIA PROMESA PARA O ATLETA DO BOLO, TOMAS FRAIZ E CUMPRIAN PERFECTAMENTE MANUEL RODRIGUEZ E RUBEN MARCOS LEON. NOS PEQUENOS,DESTACAR A 3ª POSICION DE LUCY E A BOA CARREIRA DE TANIA, EVA, ANA BELEN , ARACELI, E JACK, ESTOS ULTIMOS DISCIPULOS DUN ENCOMIABLE MANOLO CASTRO.


NORABOA A TODOS E A VER SI NOS LUCIMOS NO PROVINCIAL.


RESULTADOS

RESULTADOS

Iª CARREIRA POPULAR DO TURRON
O BARCO 23/12/2007


"AMBIENTE NAVIDEÑO NA Iª CARREIRA POPULAR DO TURRON EN O BARCO"

CASI 100 PERSOAS PARTICIPABAN NESTA Iª EDICION DO CROSS DO TURRON EN O BARCO, NUNHA CARREIRA NA QUE O AMBIENTE FESTIVO E POPULAR SE MEZCLABA CON ALGUNS DESTELLOS DE BRILANTEZ POR PARTE DALGUNS ATLETAS MAIS CURTIDOS NESTAS LIDES.
NA CARREIRA ABSOLUTA, VICTORIA PARA O LUCENSE CARLOS PENAS, QUE ESTREABA O PALMARES DUNHA PROBA QUE CONGREGOU A MOITOS AFICIONADOS DA COMARCA DE VALDEORRAS E A ALGUN FORANEO QUE SE ACHEGOU O BARCO, ATRAIDO POLO TRADICIONAL BON FACER DO CONCELLO DE O BARCO E CLUBE ADAS NA ORGANIZACION DE ESTE TIPO DE PROBAS.
2º SERIA ROBERTO GONZALEZ, DE PONFERRADA, MENTRAS QUE GILBERTO ALVAREZ, DO ADAS , ENTRARIA EN 3ª POSICIÓN.
NAS FEMINAS, VICTORIA PARA A RUESA DO ADAS, MONICA TRINCADO, SEGUIDA DE OUTRA PETINESA, ANGELA RGUEZ, AMBAS DO ADAS, MENTRAS ERA 3ª Mª JOSE DIEGUEZ.
NOS PEQUENOS, VICTORIA EN CADETES PARA PABLO MOLDES E SHEILA FDEZ. , EN INFANTIS, VICTORIA PARA GUTI GONZALEZ E MIRIAM ARES, AMBOS DO ADAS PROINOR.
NA CATEGORIA ALEVIN, OS VENCEDORES SERIAN 2 ATLETAS DA ESCOLA MUNICIPAL DE O BARCO, ALEXANDRE ALVAREZ E EMMA LOPEZ, MENTRAS QUE EN BENXAMIN,SERIAN ROBERTO TRINCADO E MARIA JÉREZ OS VENCEDORES.
EN CATIVOS VENCERIA ISSEL PUERTO E LIDIA GONZALEZ.
UNHA AUTENTICA FESTA QUE AUGURA NO 2008 UNHA NOVA EDICION, NA QUE TODAVIA SE PODE FACER TODO MOITO MILLOR

RESULTADOS

CPTO. GALEGO INVERNO DE MARCHA EN PISTA
A CORUÑA 22/12/2007

O ATLETA VALDEORRES PERTENECENTE A UNIVERSIDAD DE OVIEDO
JOSE FERNANDEZ NIEVES, TIVO UNHA DESTACADA ACTUACIÓN NO CTO GALEGO DE MARCHA EN PISTA CELEBRADO NAS PISTAS DE " ELVIÑA" EN CORUÑA, AINDA QUE FORA DE CONCURSO ACADOU O SEGUNDO POSTO NA CLASIFICACIÓN XERAL DA CATEGORIA ABSOLUTA CUN MERITORIO CRONO DE 22' 18".
ASI MESMO TIVO UNHA NOTORIA ACTUACIÓN SHEILA FERNANDEZ QUE NA CATEGORIA CADETE CRUZOU A META EN CUARTO LUGAR CUN TEMPO DE 18' 05".


RESULTADOS

JOSE FERNANDEZ (CON CAMISETA VERDE)



CONTROL PROBAS PISTA CUBERTA (MODULO OURENSE)
OURENSE 21/12/2007


AS NOSAS MOZAS INAUGURAN O MODULO DE OURENSE CUNHA MINIMA PARA O CPTO. DE ESPAÑA DE P.C.
CELEBROUSE O PASADO VENRES UN NOVO CONTROL DE P.C. NO MODULO DE OURENSE E ATA ALI SE DESPRAZARON ALGUNHAS DAS NOSAS XOVENES ATLETAS CON RESULTADOS INTERESANTES.
LETICIA GIL ACADABA A VICTORIA EN 50 M.L. CUNHA MARCA DE 8"25 , MENTRAS QUE ERA 2ª EN TRIPLE CON 10.60 m E 2ª TAMEN EN 50 M.V. CUNHA MARCA DE 9"61 QUE E TAMEN MINIMA PARA O CPTO. DE ESPAÑA XUVENIL DE P.C.. POLA SUA BANDA, AS CADETES LORENA GUITIAN E CRISTINA ROBLEDO FACIAN UN EXCELENTE 60 M.L. E ACADABAN MARCAS DE 8"44 E 8"49 , RESPECTIVAMENTE, QUE AS ACERCAN A MINIMA DE VELOCIDADE PARA O NACIONAL CADETE DE P.C. (8"35).
LORENA CUMPRIU NAS VALLAS CUNHA MARCA SUPERIOR OS 10" E MARIA GONZALEZ CUMPRIA EN VELOCIDADE CON 8"82, MENTRAS QUE SE ACERCABA O RECORD GALEGO, QUE ELA POSUE, EN TRIPLE ,CON 9.90 m. ELBA ARIAS FACIA 8"73, EN 60 M.L. MENTRAS QUE EN TRIPLE ALCANZABA OS 9.76 m.

RESULTADOS




LETICIA GIL

RESULTADOS

CAMPEONATO DE ASTURIAS DE LANZAMENTO DE MARTELO

GIJON 15/12/2007

CARLOS REVUELTA JR. CONSIGUE A MINIMA PARA O CTO. DE ESPAÑA DE AIRE LIBRE XUVENIL NA PROBA DE LANZAMENTO DE MARTELO. NA COMPETICION CELEBRADA EN GIJON, DIAS ATRAS, O NOSO LANZADOR DE MARTELO, "CARLITOS", ACADABA A MARCA MINIMA PARA OS CTOS. DE ESPAÑA NA PROBA DE MARTELO CON UN LANZAMENTO DE 55 METROS E MEDIO. UNHA EXCELENTE MARCA PARA A ALTURA DA TEMPORADA NA QUE NOS ATOPAMOS E QUE AUGURA UNHA MARCA CERCANA OS 60 METROS NA PRIMAVEIRA.

NORABOA CARLOS!!




CARLOS REVUELTA JR.

RESULTADOS

VI CARREIRA POPULAR "LUGO MONUMENTAL"
Lugo 16/12/2007

Con moito frio na capital lucense, disputouse unha nova edicion da "LUGO MONUMENTAL",cun percorrido moi vistoso, sempre correndo o redor da Muralla e facendo a ultima volta por riba da mesma.
Ata alá desprazouse un bo numero de atletas do clube, onde debemos destacar ao veterano Manuel Garcia que venceu na sua categoria, outro atleta destacado foi Javier Fernandez que finalizou 67º na xeral ,pero na categoria senior quedou 14º.
O resto de atletas que finalizaron a carreira, millorando a sua marca nun dia bastante complicado para a practica do atletismo.

RESULTADOS
Na foto, o grupo de atletas do club desprazados ata Lugo, momentos antes da saida.

viernes, 14 de diciembre de 2007

EVENTOS

GALA DO ATLETISMO GALEGO
Vigo 14/12/2007

Un acto organizado pola Federacion Galega de Atletismo, e celebrarase no "Centro Social de CAIXANOVA" en Vigo.
Un acto que servira para premiar a os atletas o esforzo durante toda a tempada pasada e a outras entidades, personalidades e empresas.
O club tera varios atletas en diferentes categorias e especialidades, que son:
- Luis Moro
- Luis Nogueira
- Carlos Anechina
- Xulio Ventin
E tamen habera unha distincion especial o club ADAS-PROINOR polo seu 25º aniversario e o Concello de O Barco pola sua colaboracion co atletismo.

Mais Informacion

Atletas Distinguidos

PROXIMA COMPETICION



"Carreira Popular Lugo Monumental"

Este fin de semana celebrase a Carreira Popular "Lugo Monumental" polas ruas da cidade de Lugo, ata ala desprazase un bo numero de atletas do club.
Os atletas seniors, Javier Fernandez, Ricardo Cela e Alberto Asensio, Borja Rey sera o unico atleta promesa do club, e os veterans Carlos Revuelta, Manuel Prada, Miguel Angel Martinez, Miguel Angel Gonzalez, Manuel Garcia, Francisco Bao e Manuel Rodriguez e a representación feminina corre a cargo de Cristina Fernandez.
Todos eles percorreran un circuito urbano de un total de 10 Km.



"Campeonato de Asturias de invierno de martillo"


O lanzador Carlos Revuelta jr. desprazase ata Gijon para estrenarse nesta temporada no lanzamento de martelo, nunha competicion onde participara fora de concurso, por non ser atleta asturiano, pero o mais importante para Carlos e conseguir unha boa marca.



"X Trofeo de marcha A.D Cerro Buenavista"


A xoven marchadora Sheila Fernandez participara neste trofeo de marcha que tamen sera Criterium Nacional de marcha atletica e disputarase na cidade de Getafe.
Sheila participara con atletas que viran de toda España e tamen podera ver os mellores atletas da especialidade na categoria absoluta tanto en homes coma mulleres.

MAIS INFORMACION


jueves, 13 de diciembre de 2007

RESULTADOS

LIGA GALEGA CAIXANOVA
A Coruña 06/12/2007

"OS XOVENES ATLETAS DO ADAS ACADAN UN RESULTADO HISTORICO CON 13 MEDALLAS"

Celebrouse o xoves 6 de decembro a fase final galega da liga infantil e alevin cunha importante participacion do noso clube.
Os atletas infantís serían os grandes protagonistas cunha excepcional LORENA GUITIAN, que acadaba a victoria nas tres probas nas que participou. 50m.l, lonxitude e altura, facendo vibrar os presentes no Palacio de Deportes de Riazor coa sua actuación no salto de altura , proba na que lograba unha excelente marca de 1.61 m. moi boa tamen actuación de MARIA GONZALEZ en altura, lonxitude e triple, acadando nesta ultima proba un novo récord galego cunha marca de 9.97 cm.CRISTINA ROBLEDO consegiria o bronce nos 50 m.l. Mentras nos infantiles masculino, CRISTIAN FERNANDEZ acadaria outras 3 medallas, prata en triple, ouro en lonxitude e ouro de novo na altura cunha marca de 1.60.Completarían o cadro de medallas, VICENTE FONTAN en lonxitude, prata, e RUBÉN ANDRADE en peso, bronce , con marca personal. Por último, decir que AGUSTÍN GONZALEZ ALONSO en 1000 alevín, acadaría a prata cunha marca de 3´16´´6. boas sensaciós deixaron tamen, DANI DEVESA nos 500 m.l nos alevines e SAMANTHA RGUEZ. tamen nesta mesma proba na categoria infantil. Os demais atletas cumpriron sobradamente, mellorando as suas marcas personais.


RESULTADOS



CARREIRA MEGAXOVE
Ourense 09/12/2007

"MANUEL PRIETO E ELPIDIO SOUSA ESTREANSE NO ADAS CUNHA EXCELENTE CARREIRA NO MEGAXOVE."

A punto estiveron os duatletas do ADAS , Prieto, Elpidio e Ramos, de dar unha victoria o clube na carreira do MEGAXOVE. Tan sólo nos ultimos metros o "xoven" e pundonoroso Jose A. Paz (OAAP) puido desfacerse dun combativo Prieto. O final, Ramos acadaría a victoria en Senior, mentras Prieto e Elpidio, eran 2º e 3º respectivamente na absoluta en canto os demais veteráns, cumpriu de sobra Paco Bao e Carlos Revuelta realizaba unha meritoria carreira contribuindo o 3º posto senior de Ana Raquel Revuelta.

En canto as xuvenís, victoria de Cristina Fernandez e 2ª posición para Angela Rodriguez. Os cadetes do ADAS serían os dominadores da carreira con Cristian Fernandez e Iago Peralta en 1ª e 2ª posición na carreira masculina, mentras na feminina as valdeorresas mostraron o seu potencial, inda que tan solo Monica Trincado puido acadar o pódium cunha moi meritoria 3ª posición, seguida dunha sufridora Sheila Fernandez.
En infantiles, 3º posto para "Guti" e victoria, por fin, para Miriam Ares.
Os mais pequenos derrocharon entusiasmo e pouco a pouco van collendo marcha de campións.

NORABOA A TODOS.


RESULTADOS

sábado, 8 de diciembre de 2007

RESULTADOS

MARATON DE LISBOA
02/12/2007 Lisboa (Portugal)



O pasado domingo celebrouse a Maratón de Lisboa e participando na mesma o atleta veterano Carlos Revuelta, quen pese a non conseguir a marca esperada, finalizou moi satisfeito dos 42,195 km.
Cunha maña soleada e algo ventosa a proba discurriu na súa maior parte pola carreteira paralela a costa, pasando xunto os monumentos históricos como “A Praza do Comercio”, “Os Jeronimos” ou a “Torre de Belem”.



“Es todo un orgullo correr en el extranjero con la camiseta del club rodeado de atletas de muchos países, ahora si hay suerte por la Maratón de Cracovia (Polonia) el próximo 4 de mayo y haber si se anima algún valdeorres mas” – Nos comento Carlos.



OUTROS RESULTADOS:



XXVI CROSS INTERNACIONAL DE LA CONSTITUCIÓN

2/12/2007 Alcobendas (Madrid)


Estreno do atleta madrileño Salvador Gamarra coa camiseta do club, neste prestixioso cross.


RESULTADOS

29º MEMORIAL BELARMINO ALONSO DE CAMPO A TRAVES

02/12/2007 San Andres de Comesaña

Boa actuacion do atleta senior Javier Fernandez, no unico cross que se celebra en Galicia, finalizando no posto 35º.


RESULTADOS

miércoles, 28 de noviembre de 2007

COMPETICION

Fin de semana cheo de probas para os atletas do club.

O sabado pola mañá, os compañeiros do Club Peña Trevinca organizan a sua 2ª Andaina de Outono, sobre un circuito de aproximadamente 12 Km por montaña, onde tamen se podera facer correndo.

MAIS INFORMACION

O sabado pola tarde na vecina cidade de Ponferrada, os nenos e nenas de clube participaran nunha nova edicion do" Xogando o atletismo" unha modalidade de xogos de atletismo en pavillons.

Xa o domingo, parte do equipo de cross senior estrea a tempada, en Vigo, no "Memorial Belarmino Alonso" de campo a traves, ata alá desprazarase os atletas Xavier Fernandez, Miguel Angel Alvarez, Borja Rey e Manuel Rodriguez, mentras en Alcobendas (Madrid) no "Cross Internacional de Alcobendas" participaran outros dous atletas do grupo Gilberto Alvarez e Salvador Gamarra.
O atleta veteran Carlos Revuelta desprazase ata Lisboa, para participar na Maraton Internacional de Lisboa.


MEMORIAL BELARMINO ALONSO

RESULTADOS

Cross "Espada Toledana"
Toledo 25/11/2007

O atleta senior Gilberto Alvarez estrease no campo a traves ista tempada, finalizando 37º na clasificacion xeral, unha proba dominada polos atletas africanos e onde houbo boa participacion de atleta españois.

RESULTADOS



Maraton de San Sebastian
San Sebastian 25/11/2007

Participacion do atleta de Pobra de Trives, Jose Ricardo Vieites.

"No me fue demasiado bien, ya que me pegó una pájara bastante buena que me impidió hacer sobre las 3h 30, que es lo que tenía pensado.
Al final me quedé en 3h 44 minutos, que dadas las circunstancias no está nada mal."

comentounos Jose Ricardo.



RESULTADOS

RESULTADOS

Liga Escolar Caixanova -Cpto. Provincial Ourense-
O Barco 25/11/2007

O pasado domingo, as pistas de atletismo de”Calabagueiros” acolleu o provincial da nova Liga escolar patrocinado por CAIXANOVA, boa participación de nenos e nenas, inda que o ambiente era moi frío.
Os nenos e nenas do noso club fixeron unha boa competición,a pesares de que inda estamos no comezo da tempada.
Destacar da xornada o record galego de María González no triplo batendo o seu anterior rexistro e deixándoo en 10,11 m, a súa compañeira Lorena Guitian no salto de altura, no que venceu cunha marca de 1,54 m válelle como marca mínima para asistir o campionato de España Cadete de pista cuberta.
Boa actuacións de Míriam Ares e Sheila Fdez no 2.000 m.l, Cristina Robledo nos 60 m.l, Samantha Rodríguez en los 500 m.l e Patricia Fdez no peso; mentres os homes tiveron a súa gran estrela en Cristián Fdez. que dominou os tres saltos, Ruben Andrade no peso, onde non deu opcións os seus rivais e Xaime Díaz nos 60 m.l
Do mais pequenos, destacar as gañas e a ilusión de todos, boas actuacións de Emma López en 60 m.l e no peso, Marcos Ramos na lonxitude, Casandra Cristobao e Jennifer Guijarro nos 2.000 m.l, Daniel González nos 500 m.l, Ana Belén Feijoo tamén nos 500 m.l e Xoán Rey nos 60 m.l
Nesta proba, estrearon a nosa camiseta un grupo de atletas de Xinzo que este ano reforzan o club, e dicir que tamén participaron os nenos e nenas da Escola de Atletismo Alegría de Viana e do Colexio de Manzaneda.



RESULTADOS

viernes, 23 de noviembre de 2007

FIN DE SEMANA

O vindeiro fin de semana, comeza o campo a través, para os atletas sénior do club, Gilberto Álvarez e o atleta madrileño Salvador Gamarra participaran o domingo en Toledo no Cross “Espada toledana”.
Tamén o domingo, pero en Donostia (San Sebastián) celebran o seu maratón popular, onde correra o atleta de Pobra de Trives Jose Ricardo Vieites .
E xa mais preto, nas Pistas de atletismo do Estadio municipal de Calabagueiros os nenos-as da Escola de atletismo comezan a tempada cun novo trofeo patrocinado por CAIXANOVA e organizado pola Federación Galega de Atletismo e a Delegación de Atletismo de Ourense.
En “Calabagueiros” celebrase a fase final provincial, reservada as categorías benxamín, alevín e infantil e as probas son as correspondentes a pista cuberta, e os primeiros clasificados, participarán na fase final que se celebrara o vindeiro dia 6 de decembro no Pavillón dos deportes de Riazor na Coruña.

jueves, 22 de noviembre de 2007

RESULTADOS

30ª Carreira Popular do San Martiño
Ourense 18/11/2007

O domingo 18 de novembro os valdeorreses acudimos en bo numero a xa tradicional CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO na capital ourensán.
O frío e a alta participación foron os protagonistas dunha proba onde houbo dominio africano.
Os nosos atletas fixeron unha excelente prestación, comezando polos novos "VALDEORRESES" Prieto, Ramos e Elpidio que entraron entre os primeiros, moi preto deles estivo Miguel Angel Álvarez, mellorando tamén os seus tempos tódolos demais atletas, con especial mención para Xavier Fernández e Manuel Rodríguez. Os mais pequenos, tiveron a Cristián Pérez como mellor clasificado na categoría cadete masculino, mentres Sheila Fernández seria a mellor atleta femina do club.
O mais pequenos cumpriron, destacando a boa carreira do recen incorporado Daniel González Devesa en infantiles.
A organización, unha vez mais, excelente, co único lunar da saída na carreira dos menores, que foi un caos, os atletas saltando por riba dos valados, e cunha soa alfombra de chips en funcionamento. Houbo caídas e desconcerto que non debe empanar a boa organización da que fai gala esta proba.



RESULTADOS CLASIFICACION GENERAL
RESULTADOS CLASIFICACION MENORES

viernes, 16 de noviembre de 2007

RESULTADOS

Comezou a nova temporada de atletismo, con varias carreiras populares onde atletas do club logran un bo resultado.
Na veciña localidade de Ponferrada, celebrouse o pasado domingo, unha ½ Maratón polas calles da cidade e hasta alá foron varios atletas, onde o veterano Manuel García foi o 1º na categoría de +60 anos e no podio acompañouno o seu compañeiro Miguel Angel González .
Tamén participaron na proba Francisco Bao, Ricardo Cela e Pablo Israel Rodríguez.
Noutra cidade, esta vez Lugo, comezou o circuíto de carreiras populares “Corre con Nos”, cunha proba nas pistas de atletismo “Gregorio Pérez Rivera”, ata alá desprazouse o coruñés Borja Rey Penelas que finalizou 8º relizando unha boa carreira o que demostra que este principio de tempada esta en forma.
Na Popular de Negreira, participación do atleta Enrique González,que vai collendo pouco a pouco a boa forma física de cara a o cross.

E finalizando,en Granada, mais ben en Guadix, celebrouse o 3º Criterium Nacional de Marcha,onde participou a marchadora Sheila Fernández nos 3 Km categoria cadete, parando o crono en 18’00”36.


Sheila Fdez. a dereita, xunto a integrantes do OAAP e o marchador Paquillo Fernandez. Foto cortesia do OAAP.


RESULTADOS 1/2 MARATON PONFERRADA
RESULTADOS "CORRE CON NOS"
RESULTADOS 3º CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA
RESULTADOS CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA

martes, 6 de noviembre de 2007

RESULTADOS

2ª Carreira Popular de O Barco
"Carreira dos Santiños"
04/11/2007 O Barco


"Gilberto Álvarez e Iria Fernandez vencedores da 2ª Carreira Popular de O Barco"

Con unha boa mañá que invitaba a practica de calquera deporte , no Barco celebrouse a 2ª Carreira Popular ( Carreira dos santiños ), boa participación de atletas superando a inscrición do ano pasado, o que e mais importante o aumento da participación feminina.
Sobre un circuíto chairo con algunha rampa, un circuíto rápido de case 3.500 m. ,os atletas deberían de percorrer 1 ou 2 voltas dependendo da categoría.

O atleta do club Gilberto Álvarez puxo un ritmo alto que o atleta berciano Jesus Alonso (Chus) e o ourensán Jose Antonio Paz foron os únicos que lle aguantaron aínda que foron cedendo terreo cara o final da proba.

Na categoría feminina a vencedora, unha coñecida do club, Iria Fernández del Ourense Atletismo, Cristina Fdez. foi a mellor do club entrando 3ª na categoría absoluta.

Nas categorías menores, os nenos –as do club coparon os primeiros postos, na categoría cadete os tres primeiros foron os atletas do club Cristián Fdez.,Víctor Fdez e Iago Peralta, en feminas Sheila Fdez e Tania Prieto 1ª e 2ª respectivamente.
Na categoría infantil dominio de Agustin Glez. e en feminas Míriam Ares, ambos atletas do club.

Nesta proba estrearon a camiseta do club 4 atletas séniors, Manuel Prieto (4º absoluto), Elpidio Gomez (5º absoluto), Pablo Israel Rodríguez (16º absoluto) e Ruben Marcos León (51º).

Dende esta paxina a organización do evento, o Concello de O Barco, a Concellería de Deportes e o club ADAS-PROINOR, agradécelles aos atletas su participación, esperando a súa participación o ano que ven.


RESULTADOS CARREIRA 7.000 m
RESULTADOS CARREIRA 3.500 m
RESULTADOS POR CATEGORIAS 7000 m
RESULTADOS POR CATEGORIAS 3.500 m
VIDEO (POR CORTESÍA DE LA REGION)

FOTOS

jueves, 1 de noviembre de 2007

COMPETICION

2ª CARREIRA POPULAR DE O BARCO
O BARCO 04/11/2007


O vindeiro domingo celebrase unha nova edición da Carreira Popular de O Barco.
Volvese a repetir o circuíto do ano pasado, que e practicamente chairo con saída e meta nas pistas de atletismo do estadio municipal de Calabagueiros a partir das 12 h da maña.
As categorías infantil, cadete, absoluta e veteranas femininas darán unha volta o circuíto, que consta de 3.500m. mentres os homes darán dúas.
Xa dentro da pista de atletismo, o finalizar a carreira popular, os mais pequenos terán as súa carreira que van dende 150 m ata 500m .
E finalmente o redor da 13:30 h se procedera a entrega de trofeos por categorías.Esperase unha boa participación tanto en cantidade coma en calidade.


Reglamento

Resultados 06

FIN DE SEMANA

CLUB ADAS "25º ANIVERSARIO"

O venres a noite, as 10, celebrase a cea anual do club no Complexo hostaleiro Paladium, unhas 80 persoas entre atletas e pais disfrutaran da cea e da boa compañía, festexando os éxitos da tempada pasada e do 25º aniversario.
Xa o sábado o mediodía, no Pavillón Vello do Barco acollera un partido de baloncesto en homenaxe a un dos fundadores do club, o sempre recordado Juan Carlos González “Pipa”, neste partido contouse coa participación de cerca de 30 veteranos da desaparecida sección de baloncesto que disfrutaran dun reencontro co baloncesto.
A 6 da tarde no Teatro Lauro Olmo, celebrase a gala “25 anos de atletismo” onde cerca de 115 personalidades, atletas, baloncesto, entrenadores, ex-directivos e entidades privadas como publicas, recibiran do actual club a insignia de prata, salvo seis personalidades da talla do bi-campeon do mundo de xavelina Luís Nogueira, o sub-campeon absoluto de salto con pértega Luís Moro, la medallista absoluta de 1.500 m.l e atleta internacional Eva Arias, o atleta con mais anos no club, un total de 24 anos, directivo, entrenador, Manuel Rguez. Teijeiro, o sub-campeon de Europa de 60 m.l en la categoría de veteranos Carlos J. Anechina e finalmente o ex- presidente da F.G.A Sergio Vazquez, todos eles levaran a insiginia de oro la mas alta distincion del club.

EVENTOS

CLUB A.D.A.S-PROINOR

Deu comezo a unha nova tempada, onde haberá novas incorporacións e tamén varias baixas.
As novas incorporacións veñen para reforzar o equipo de campo a través , Elpidio Gomez, Manuel Prieto e Jose Manuel Ramos, estes atletas pertencían o Veteranos Pabellon de Ourense e o triatleta barquense Pablo Israel Lopez, outra nova incorporación para a pista e a do atleta veterano pontevedrés Xulio Ventin.
Por outra parte o club recupera para o atletismo a dous atletas, a saltadora Raquel Lameiro e o lanzador Juan Carlos Lareo.
As baixas son a do atleta lucense Alberto Álvarez, que pon punto final a súa carreira deportiva na competición e Raul Fernández que a próxima tempada pasa a pertencer o Ourense Atletismo.


ESCOLA MUNICIPAL DE ATLETISMO

A escola municipal de atletismo botou a funcionar con a incorporación dun novo técnico, Jose Antonio Ramos que se une o equipo formado por Agustin González e Manuel Rodríguez.
En principio os horarios e as idades para participar na escola mantense as mesmas do ano pasado.
A día de hoxe, as inscricións van a moi bo ritmo e esperase superar a dos ano pasado.


CURSO MONITOR NACIONAL DE ATLETISMO

No Barco estase a realizar o curso de monitor nacional de atletismo, compartindo as clases teóricas no Pavillón de Calabagueiros e a parte practica que se realiza na pista de atletismo do estadio municipal de Calabagueiros.Xa vai a metade do curso, e por aquí pasaron un profesorado da talla de Mariano Garcia-Verdugo, Mª Luísa Peralta, a psicóloga Diana García e os especialistas en saltos e lanzamentos Mario González, Xulio Ventin e Santiago Ferrer.
Este curso esta organizado pola Federacion Galega de Atletismo en colaboracion do Concello de O Barco e o club ADAS-PROINOR.

RESULTADOS

30ª Carreira popular " Camiño de Santiago"
Santiago 28/10/2007

O pasado día 28, celebrouse en Santiago a Carreira popular “ Camiño de Santiago”, onde houbo boa participación de atletas do noso club.
O primeiro en entrar na meta foi o atleta coruñés Borja Rey con un tempo de 44’15” nun total de 12,5 km., Xavier Fernández foi o seguinte en entrar cun tempo de 44´59”.
Tamén participaron Abraham Vega finalizando cun tempo de 50´ 34”, piraguista pertence o Fluvial Barco, Ricardo Cela, Jose Maria Dosouto, Miguel Angel Martinez e Francisco Bao.


RESULTADOS

martes, 18 de septiembre de 2007

XXI MILLA URBANA DE O BARCO

XXI MILLA URBANA DE O BARCO
16/09/2007 O BARCO


O pobo do Barco vibrou coa mellor milla da historia.

Sergio Sanchez e Eva Arias, reinaron na milla do barco, que se celebrou o pasado domingo, sin dubida, o mellor espectaculo atletico da historia do atletismo no Barco.
As carreiras comenzaron as 18:00 da tarde, no circuito homologado no paseo do Malecon que pouco a pouco se iba enchendo de espectadores avidos de atoparse un gran espectaculo.
As primeiras carreiras amosaron os valdeorreses como dominadores, destacando as victorias dos atletas do ADAS-PROINOR, Emma Rguez., Xoan Rey e Agustin Gonzalez Alonso.
Haberia que esperar ata a categoria xuvenil feminina para ver a victoria de Cristina Fdez. e xa nos veterans "C" o noso atleta Manuel Garcia.
Boa participacion na carreira popular e veteranos, con un gran nivel demostrado polos atletas.
Chegou o momento do mais cativos-as e eso xa foi a apoteose, con mais de 100 participantes divididos en 5 saidas distintas.
As 7.55 da tarde, con "puntualidade suiza", empezou a carreira Absoluta feminina, onde Noemi Villar, que recebiu a homenaxe da organizacion polas suas "XXI participacions na milla" empremeu un forte ritmopara intentar descolgar as favoritas, Eva Arias e Rocio Rguez. na ultima volta, un forte cambio de ritmo da valdeorresa do Valencia "Terra i Mar" Eva Arias, deixou a carreira sentenciada a falta de 200 m, 2ª seria a 5 veces vencedora da milla Rocio Rguez. e 3ª Noemi Villar e 4ª a pundonorosa Alicia Folgar.
Os homes foron, sen dubida, un espectaculo excepcional e dificil de ver nunha milla.
Sergio Gallardo, Jose Luis Blanco, Sergio Sanchez e Lolo Penas partian coa vitola de favoritos e non defraudaron, inda que nas primerias voltas o atleta lucense Ruben Castro intentou dar a sorpresa, serian o final, Sergio Sanchez e Sergio Gallardo os que ofreceron unha recta final de infarto, ata o ultimo metro no que por tan solo 1 decima, se impoñia o vencedor da anterior edicion, Sergio Sanchez, por diante de Gallardo, Penas e Blanco.
Nesta carreira por primeira vez sairian 5 atletas do clube ADAS-PROINOR, onde Gilberto Alvarez se proclamaria 1º valdeorres.

Aproveitar desde esta pagina para dar noraboa a todos e en especial o publico do Barco sen o cual dificilmente se poderia chegar a ter a Milla no lugar que se atopa na actualidade, e por suposto parabens os voluntario do ADAS-PROINOR, os xuices do Barco e as empresas que colaboraron na " XXI MILLA URBANA DE O BARCO".



ATA O ANO QUE BEN.
FOTOS "XXI MILLA URBANA DE O BARCO" (1)

FOTOS "XXI MILLA URBANA DE O BARCO" (2)

FOTOS "XXI MILLA URBANA DE O BARCO" (3)

(FOTOS CORTESIA DE LUIS Y DANI BLANCO)