viernes, 16 de noviembre de 2007

RESULTADOS

Comezou a nova temporada de atletismo, con varias carreiras populares onde atletas do club logran un bo resultado.
Na veciña localidade de Ponferrada, celebrouse o pasado domingo, unha ½ Maratón polas calles da cidade e hasta alá foron varios atletas, onde o veterano Manuel García foi o 1º na categoría de +60 anos e no podio acompañouno o seu compañeiro Miguel Angel González .
Tamén participaron na proba Francisco Bao, Ricardo Cela e Pablo Israel Rodríguez.
Noutra cidade, esta vez Lugo, comezou o circuíto de carreiras populares “Corre con Nos”, cunha proba nas pistas de atletismo “Gregorio Pérez Rivera”, ata alá desprazouse o coruñés Borja Rey Penelas que finalizou 8º relizando unha boa carreira o que demostra que este principio de tempada esta en forma.
Na Popular de Negreira, participación do atleta Enrique González,que vai collendo pouco a pouco a boa forma física de cara a o cross.

E finalizando,en Granada, mais ben en Guadix, celebrouse o 3º Criterium Nacional de Marcha,onde participou a marchadora Sheila Fernández nos 3 Km categoria cadete, parando o crono en 18’00”36.


Sheila Fdez. a dereita, xunto a integrantes do OAAP e o marchador Paquillo Fernandez. Foto cortesia do OAAP.


RESULTADOS 1/2 MARATON PONFERRADA
RESULTADOS "CORRE CON NOS"
RESULTADOS 3º CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA
RESULTADOS CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA

No hay comentarios: