miércoles, 28 de noviembre de 2007

COMPETICION

Fin de semana cheo de probas para os atletas do club.

O sabado pola mañá, os compañeiros do Club Peña Trevinca organizan a sua 2ª Andaina de Outono, sobre un circuito de aproximadamente 12 Km por montaña, onde tamen se podera facer correndo.

MAIS INFORMACION

O sabado pola tarde na vecina cidade de Ponferrada, os nenos e nenas de clube participaran nunha nova edicion do" Xogando o atletismo" unha modalidade de xogos de atletismo en pavillons.

Xa o domingo, parte do equipo de cross senior estrea a tempada, en Vigo, no "Memorial Belarmino Alonso" de campo a traves, ata alá desprazarase os atletas Xavier Fernandez, Miguel Angel Alvarez, Borja Rey e Manuel Rodriguez, mentras en Alcobendas (Madrid) no "Cross Internacional de Alcobendas" participaran outros dous atletas do grupo Gilberto Alvarez e Salvador Gamarra.
O atleta veteran Carlos Revuelta desprazase ata Lisboa, para participar na Maraton Internacional de Lisboa.


MEMORIAL BELARMINO ALONSO

RESULTADOS

Cross "Espada Toledana"
Toledo 25/11/2007

O atleta senior Gilberto Alvarez estrease no campo a traves ista tempada, finalizando 37º na clasificacion xeral, unha proba dominada polos atletas africanos e onde houbo boa participacion de atleta españois.

RESULTADOS



Maraton de San Sebastian
San Sebastian 25/11/2007

Participacion do atleta de Pobra de Trives, Jose Ricardo Vieites.

"No me fue demasiado bien, ya que me pegó una pájara bastante buena que me impidió hacer sobre las 3h 30, que es lo que tenía pensado.
Al final me quedé en 3h 44 minutos, que dadas las circunstancias no está nada mal."

comentounos Jose Ricardo.



RESULTADOS

RESULTADOS

Liga Escolar Caixanova -Cpto. Provincial Ourense-
O Barco 25/11/2007

O pasado domingo, as pistas de atletismo de”Calabagueiros” acolleu o provincial da nova Liga escolar patrocinado por CAIXANOVA, boa participación de nenos e nenas, inda que o ambiente era moi frío.
Os nenos e nenas do noso club fixeron unha boa competición,a pesares de que inda estamos no comezo da tempada.
Destacar da xornada o record galego de María González no triplo batendo o seu anterior rexistro e deixándoo en 10,11 m, a súa compañeira Lorena Guitian no salto de altura, no que venceu cunha marca de 1,54 m válelle como marca mínima para asistir o campionato de España Cadete de pista cuberta.
Boa actuacións de Míriam Ares e Sheila Fdez no 2.000 m.l, Cristina Robledo nos 60 m.l, Samantha Rodríguez en los 500 m.l e Patricia Fdez no peso; mentres os homes tiveron a súa gran estrela en Cristián Fdez. que dominou os tres saltos, Ruben Andrade no peso, onde non deu opcións os seus rivais e Xaime Díaz nos 60 m.l
Do mais pequenos, destacar as gañas e a ilusión de todos, boas actuacións de Emma López en 60 m.l e no peso, Marcos Ramos na lonxitude, Casandra Cristobao e Jennifer Guijarro nos 2.000 m.l, Daniel González nos 500 m.l, Ana Belén Feijoo tamén nos 500 m.l e Xoán Rey nos 60 m.l
Nesta proba, estrearon a nosa camiseta un grupo de atletas de Xinzo que este ano reforzan o club, e dicir que tamén participaron os nenos e nenas da Escola de Atletismo Alegría de Viana e do Colexio de Manzaneda.



RESULTADOS

viernes, 23 de noviembre de 2007

FIN DE SEMANA

O vindeiro fin de semana, comeza o campo a través, para os atletas sénior do club, Gilberto Álvarez e o atleta madrileño Salvador Gamarra participaran o domingo en Toledo no Cross “Espada toledana”.
Tamén o domingo, pero en Donostia (San Sebastián) celebran o seu maratón popular, onde correra o atleta de Pobra de Trives Jose Ricardo Vieites .
E xa mais preto, nas Pistas de atletismo do Estadio municipal de Calabagueiros os nenos-as da Escola de atletismo comezan a tempada cun novo trofeo patrocinado por CAIXANOVA e organizado pola Federación Galega de Atletismo e a Delegación de Atletismo de Ourense.
En “Calabagueiros” celebrase a fase final provincial, reservada as categorías benxamín, alevín e infantil e as probas son as correspondentes a pista cuberta, e os primeiros clasificados, participarán na fase final que se celebrara o vindeiro dia 6 de decembro no Pavillón dos deportes de Riazor na Coruña.

jueves, 22 de noviembre de 2007

RESULTADOS

30ª Carreira Popular do San Martiño
Ourense 18/11/2007

O domingo 18 de novembro os valdeorreses acudimos en bo numero a xa tradicional CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO na capital ourensán.
O frío e a alta participación foron os protagonistas dunha proba onde houbo dominio africano.
Os nosos atletas fixeron unha excelente prestación, comezando polos novos "VALDEORRESES" Prieto, Ramos e Elpidio que entraron entre os primeiros, moi preto deles estivo Miguel Angel Álvarez, mellorando tamén os seus tempos tódolos demais atletas, con especial mención para Xavier Fernández e Manuel Rodríguez. Os mais pequenos, tiveron a Cristián Pérez como mellor clasificado na categoría cadete masculino, mentres Sheila Fernández seria a mellor atleta femina do club.
O mais pequenos cumpriron, destacando a boa carreira do recen incorporado Daniel González Devesa en infantiles.
A organización, unha vez mais, excelente, co único lunar da saída na carreira dos menores, que foi un caos, os atletas saltando por riba dos valados, e cunha soa alfombra de chips en funcionamento. Houbo caídas e desconcerto que non debe empanar a boa organización da que fai gala esta proba.



RESULTADOS CLASIFICACION GENERAL
RESULTADOS CLASIFICACION MENORES

viernes, 16 de noviembre de 2007

RESULTADOS

Comezou a nova temporada de atletismo, con varias carreiras populares onde atletas do club logran un bo resultado.
Na veciña localidade de Ponferrada, celebrouse o pasado domingo, unha ½ Maratón polas calles da cidade e hasta alá foron varios atletas, onde o veterano Manuel García foi o 1º na categoría de +60 anos e no podio acompañouno o seu compañeiro Miguel Angel González .
Tamén participaron na proba Francisco Bao, Ricardo Cela e Pablo Israel Rodríguez.
Noutra cidade, esta vez Lugo, comezou o circuíto de carreiras populares “Corre con Nos”, cunha proba nas pistas de atletismo “Gregorio Pérez Rivera”, ata alá desprazouse o coruñés Borja Rey Penelas que finalizou 8º relizando unha boa carreira o que demostra que este principio de tempada esta en forma.
Na Popular de Negreira, participación do atleta Enrique González,que vai collendo pouco a pouco a boa forma física de cara a o cross.

E finalizando,en Granada, mais ben en Guadix, celebrouse o 3º Criterium Nacional de Marcha,onde participou a marchadora Sheila Fernández nos 3 Km categoria cadete, parando o crono en 18’00”36.


Sheila Fdez. a dereita, xunto a integrantes do OAAP e o marchador Paquillo Fernandez. Foto cortesia do OAAP.


RESULTADOS 1/2 MARATON PONFERRADA
RESULTADOS "CORRE CON NOS"
RESULTADOS 3º CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA
RESULTADOS CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA

martes, 6 de noviembre de 2007

RESULTADOS

2ª Carreira Popular de O Barco
"Carreira dos Santiños"
04/11/2007 O Barco


"Gilberto Álvarez e Iria Fernandez vencedores da 2ª Carreira Popular de O Barco"

Con unha boa mañá que invitaba a practica de calquera deporte , no Barco celebrouse a 2ª Carreira Popular ( Carreira dos santiños ), boa participación de atletas superando a inscrición do ano pasado, o que e mais importante o aumento da participación feminina.
Sobre un circuíto chairo con algunha rampa, un circuíto rápido de case 3.500 m. ,os atletas deberían de percorrer 1 ou 2 voltas dependendo da categoría.

O atleta do club Gilberto Álvarez puxo un ritmo alto que o atleta berciano Jesus Alonso (Chus) e o ourensán Jose Antonio Paz foron os únicos que lle aguantaron aínda que foron cedendo terreo cara o final da proba.

Na categoría feminina a vencedora, unha coñecida do club, Iria Fernández del Ourense Atletismo, Cristina Fdez. foi a mellor do club entrando 3ª na categoría absoluta.

Nas categorías menores, os nenos –as do club coparon os primeiros postos, na categoría cadete os tres primeiros foron os atletas do club Cristián Fdez.,Víctor Fdez e Iago Peralta, en feminas Sheila Fdez e Tania Prieto 1ª e 2ª respectivamente.
Na categoría infantil dominio de Agustin Glez. e en feminas Míriam Ares, ambos atletas do club.

Nesta proba estrearon a camiseta do club 4 atletas séniors, Manuel Prieto (4º absoluto), Elpidio Gomez (5º absoluto), Pablo Israel Rodríguez (16º absoluto) e Ruben Marcos León (51º).

Dende esta paxina a organización do evento, o Concello de O Barco, a Concellería de Deportes e o club ADAS-PROINOR, agradécelles aos atletas su participación, esperando a súa participación o ano que ven.


RESULTADOS CARREIRA 7.000 m
RESULTADOS CARREIRA 3.500 m
RESULTADOS POR CATEGORIAS 7000 m
RESULTADOS POR CATEGORIAS 3.500 m
VIDEO (POR CORTESÍA DE LA REGION)

FOTOS

jueves, 1 de noviembre de 2007

COMPETICION

2ª CARREIRA POPULAR DE O BARCO
O BARCO 04/11/2007


O vindeiro domingo celebrase unha nova edición da Carreira Popular de O Barco.
Volvese a repetir o circuíto do ano pasado, que e practicamente chairo con saída e meta nas pistas de atletismo do estadio municipal de Calabagueiros a partir das 12 h da maña.
As categorías infantil, cadete, absoluta e veteranas femininas darán unha volta o circuíto, que consta de 3.500m. mentres os homes darán dúas.
Xa dentro da pista de atletismo, o finalizar a carreira popular, os mais pequenos terán as súa carreira que van dende 150 m ata 500m .
E finalmente o redor da 13:30 h se procedera a entrega de trofeos por categorías.Esperase unha boa participación tanto en cantidade coma en calidade.


Reglamento

Resultados 06

FIN DE SEMANA

CLUB ADAS "25º ANIVERSARIO"

O venres a noite, as 10, celebrase a cea anual do club no Complexo hostaleiro Paladium, unhas 80 persoas entre atletas e pais disfrutaran da cea e da boa compañía, festexando os éxitos da tempada pasada e do 25º aniversario.
Xa o sábado o mediodía, no Pavillón Vello do Barco acollera un partido de baloncesto en homenaxe a un dos fundadores do club, o sempre recordado Juan Carlos González “Pipa”, neste partido contouse coa participación de cerca de 30 veteranos da desaparecida sección de baloncesto que disfrutaran dun reencontro co baloncesto.
A 6 da tarde no Teatro Lauro Olmo, celebrase a gala “25 anos de atletismo” onde cerca de 115 personalidades, atletas, baloncesto, entrenadores, ex-directivos e entidades privadas como publicas, recibiran do actual club a insignia de prata, salvo seis personalidades da talla do bi-campeon do mundo de xavelina Luís Nogueira, o sub-campeon absoluto de salto con pértega Luís Moro, la medallista absoluta de 1.500 m.l e atleta internacional Eva Arias, o atleta con mais anos no club, un total de 24 anos, directivo, entrenador, Manuel Rguez. Teijeiro, o sub-campeon de Europa de 60 m.l en la categoría de veteranos Carlos J. Anechina e finalmente o ex- presidente da F.G.A Sergio Vazquez, todos eles levaran a insiginia de oro la mas alta distincion del club.

EVENTOS

CLUB A.D.A.S-PROINOR

Deu comezo a unha nova tempada, onde haberá novas incorporacións e tamén varias baixas.
As novas incorporacións veñen para reforzar o equipo de campo a través , Elpidio Gomez, Manuel Prieto e Jose Manuel Ramos, estes atletas pertencían o Veteranos Pabellon de Ourense e o triatleta barquense Pablo Israel Lopez, outra nova incorporación para a pista e a do atleta veterano pontevedrés Xulio Ventin.
Por outra parte o club recupera para o atletismo a dous atletas, a saltadora Raquel Lameiro e o lanzador Juan Carlos Lareo.
As baixas son a do atleta lucense Alberto Álvarez, que pon punto final a súa carreira deportiva na competición e Raul Fernández que a próxima tempada pasa a pertencer o Ourense Atletismo.


ESCOLA MUNICIPAL DE ATLETISMO

A escola municipal de atletismo botou a funcionar con a incorporación dun novo técnico, Jose Antonio Ramos que se une o equipo formado por Agustin González e Manuel Rodríguez.
En principio os horarios e as idades para participar na escola mantense as mesmas do ano pasado.
A día de hoxe, as inscricións van a moi bo ritmo e esperase superar a dos ano pasado.


CURSO MONITOR NACIONAL DE ATLETISMO

No Barco estase a realizar o curso de monitor nacional de atletismo, compartindo as clases teóricas no Pavillón de Calabagueiros e a parte practica que se realiza na pista de atletismo do estadio municipal de Calabagueiros.Xa vai a metade do curso, e por aquí pasaron un profesorado da talla de Mariano Garcia-Verdugo, Mª Luísa Peralta, a psicóloga Diana García e os especialistas en saltos e lanzamentos Mario González, Xulio Ventin e Santiago Ferrer.
Este curso esta organizado pola Federacion Galega de Atletismo en colaboracion do Concello de O Barco e o club ADAS-PROINOR.

RESULTADOS

30ª Carreira popular " Camiño de Santiago"
Santiago 28/10/2007

O pasado día 28, celebrouse en Santiago a Carreira popular “ Camiño de Santiago”, onde houbo boa participación de atletas do noso club.
O primeiro en entrar na meta foi o atleta coruñés Borja Rey con un tempo de 44’15” nun total de 12,5 km., Xavier Fernández foi o seguinte en entrar cun tempo de 44´59”.
Tamén participaron Abraham Vega finalizando cun tempo de 50´ 34”, piraguista pertence o Fluvial Barco, Ricardo Cela, Jose Maria Dosouto, Miguel Angel Martinez e Francisco Bao.


RESULTADOS