miércoles, 28 de noviembre de 2007

COMPETICION

Fin de semana cheo de probas para os atletas do club.

O sabado pola mañá, os compañeiros do Club Peña Trevinca organizan a sua 2ª Andaina de Outono, sobre un circuito de aproximadamente 12 Km por montaña, onde tamen se podera facer correndo.

MAIS INFORMACION

O sabado pola tarde na vecina cidade de Ponferrada, os nenos e nenas de clube participaran nunha nova edicion do" Xogando o atletismo" unha modalidade de xogos de atletismo en pavillons.

Xa o domingo, parte do equipo de cross senior estrea a tempada, en Vigo, no "Memorial Belarmino Alonso" de campo a traves, ata alá desprazarase os atletas Xavier Fernandez, Miguel Angel Alvarez, Borja Rey e Manuel Rodriguez, mentras en Alcobendas (Madrid) no "Cross Internacional de Alcobendas" participaran outros dous atletas do grupo Gilberto Alvarez e Salvador Gamarra.
O atleta veteran Carlos Revuelta desprazase ata Lisboa, para participar na Maraton Internacional de Lisboa.


MEMORIAL BELARMINO ALONSO

No hay comentarios: