jueves, 13 de diciembre de 2007

RESULTADOS

LIGA GALEGA CAIXANOVA
A Coruña 06/12/2007

"OS XOVENES ATLETAS DO ADAS ACADAN UN RESULTADO HISTORICO CON 13 MEDALLAS"

Celebrouse o xoves 6 de decembro a fase final galega da liga infantil e alevin cunha importante participacion do noso clube.
Os atletas infantís serían os grandes protagonistas cunha excepcional LORENA GUITIAN, que acadaba a victoria nas tres probas nas que participou. 50m.l, lonxitude e altura, facendo vibrar os presentes no Palacio de Deportes de Riazor coa sua actuación no salto de altura , proba na que lograba unha excelente marca de 1.61 m. moi boa tamen actuación de MARIA GONZALEZ en altura, lonxitude e triple, acadando nesta ultima proba un novo récord galego cunha marca de 9.97 cm.CRISTINA ROBLEDO consegiria o bronce nos 50 m.l. Mentras nos infantiles masculino, CRISTIAN FERNANDEZ acadaria outras 3 medallas, prata en triple, ouro en lonxitude e ouro de novo na altura cunha marca de 1.60.Completarían o cadro de medallas, VICENTE FONTAN en lonxitude, prata, e RUBÉN ANDRADE en peso, bronce , con marca personal. Por último, decir que AGUSTÍN GONZALEZ ALONSO en 1000 alevín, acadaría a prata cunha marca de 3´16´´6. boas sensaciós deixaron tamen, DANI DEVESA nos 500 m.l nos alevines e SAMANTHA RGUEZ. tamen nesta mesma proba na categoria infantil. Os demais atletas cumpriron sobradamente, mellorando as suas marcas personais.


RESULTADOS



CARREIRA MEGAXOVE
Ourense 09/12/2007

"MANUEL PRIETO E ELPIDIO SOUSA ESTREANSE NO ADAS CUNHA EXCELENTE CARREIRA NO MEGAXOVE."

A punto estiveron os duatletas do ADAS , Prieto, Elpidio e Ramos, de dar unha victoria o clube na carreira do MEGAXOVE. Tan sólo nos ultimos metros o "xoven" e pundonoroso Jose A. Paz (OAAP) puido desfacerse dun combativo Prieto. O final, Ramos acadaría a victoria en Senior, mentras Prieto e Elpidio, eran 2º e 3º respectivamente na absoluta en canto os demais veteráns, cumpriu de sobra Paco Bao e Carlos Revuelta realizaba unha meritoria carreira contribuindo o 3º posto senior de Ana Raquel Revuelta.

En canto as xuvenís, victoria de Cristina Fernandez e 2ª posición para Angela Rodriguez. Os cadetes do ADAS serían os dominadores da carreira con Cristian Fernandez e Iago Peralta en 1ª e 2ª posición na carreira masculina, mentras na feminina as valdeorresas mostraron o seu potencial, inda que tan solo Monica Trincado puido acadar o pódium cunha moi meritoria 3ª posición, seguida dunha sufridora Sheila Fernandez.
En infantiles, 3º posto para "Guti" e victoria, por fin, para Miriam Ares.
Os mais pequenos derrocharon entusiasmo e pouco a pouco van collendo marcha de campións.

NORABOA A TODOS.


RESULTADOS

No hay comentarios: