CONCENTRACION DE LANZADORES NO ALGARVE
Hoxe regresaron do Algarve portugués os meiores lanzadores galegos, despois de manter alí dende primeiro do ano unha concentración no Centro Atlético de Vila Real do Santo Antonio, ás ordes do responsable galego, Raimundo Fernández. Atopábase entre eles, o noso lanzador xunior Carlos Revuelta, invitado pola Federación Galega de atletismo, quen pudo adestrar en dobre xornada, nas magníficas instalacións do país veciño, xunto a atletas internacionais de moitas nacionalidades que aproveitan as datas do Nadal para facer a súa posta a punto.
Deste xeito, Carlos Revuelta ven de dar un paso máis na súa destacada traxectoria que xa levouno a derradeira tempada a finalizar terceiro do ránking nacional da súa difícil especialidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario