BOS RESULTADOS DO ADAS NA SAN SILVESTRE DE PONFERADA
Un nutrido grupo de atletas do ADAS PROINOR despediu o ano correndo a XXX edición da san silvestre Berciana. Cativos,cativas, adestradores e pais ou nais dos nosos atletas estiveron presentes nunha proba tremendamente popular, e na que somentes as categorías menores tiñan acceso a trofeos.
En pitufas,2ª foi Belén García; en Alevíns, tamén sería 2ª a súa irmá, Anita García, mentras que en Benxamín masc. e Infantil Masc. a victoria sonreiu a Roberto Trincado e a Guti González. En categoría Cadete feminina, victoria para Desiré, e reaparición de Miriam Ares, que fixo unha boa carreira a pesar da inactividade. En cadete masculino Saúl Ordóñez e Cristopher Prieto disputáronse un apaixoante sprint, que se resolveu a favor do 2º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario