martes, 10 de junio de 2008

RESULTADOS


OUTROS RESULTADOS:

Vigo e Lugo acolleron o longo do fin de semana probas nas suas pistas de atletismo e o noso club estivo ali representado.
Comezamos en Vigo, onde os nosos compañeiros Bruno de Sousa e Miguel Fernandez participarian na proba dos 100 m.l facendo un bo rexistro Miguel pararia o crono 11"98 e Bruno faría 12" 18.
Miguel Fernandez tamén participaria nos 400 m.l rematanto cunha marca 51"61.
Xulio Ventin participaria no lanzamento de peso facendo un mellor lanzamento de 11,06 m.
Pero Xulio volveria a participar no triplo salto onde faría o mellor salto de 10,86 m. logrando así un novo Record Galego na categoría de veteranos M-45.
E por ultimo, en Lugo farian un control de marcas e ata alá desprazaronse Luis Nogueira que participaria na xavelina cunha marca discreta 58,36 m., outro atleta que tamen participou foi Borja Rey Penelas nos 400 m.l facendo un tempo de 53"37.
No lanzamento de martelo , boas marcas para o xuvenil Carlos Revuelta lanzando o artefacto a 60,80 m.

RESULTADOS VIGO

RESULTADOS LUGO


CAMPIONATO GALEGO DE 1000 M. EN RUTA BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL
GRAN PREMIO CANTONES DE A CORUÑA - Probas de Promoción
A Coruña 07 de xuño do 2008

O pasado sábado celebrouse en A Coruña o Campionato Galego de 1.000 m.l en Ruta para as categorías benxamín, alevín e infantil no circuíto dos Cantóns, onde posteriormente celebraríase o Gran Premio de marcha.
Ata ala desprazaríanse atletas de A Limia e O Barco, para participar nas carreiras e na marcha.
Destacar o excelente 2º posto de Daniel González Devesa na proba dos 1.000 m.l categoría infantil, tamén participaría o benxamín Diego Loertscher que remataría 7º na súa categoría e na categoría infantil feminina Deborah Loertscher remataría 17ª e a súa compañeira Alba Domínguez 18ª.
E na marcha, a Federación Galega de Atletismo, organizaría unhas probas de promoción da marcha nas categorías menores e con algún veterano ilustre coma Jordi Llopard entre eles.
Nos 3 km. Marcha na categoría benxamín un bo 3º posto para Manuel Loertscher e na categoría cadete feminina Sheila Fernández remataría 7ª.


RESULTADOS

foto cortesia F.G.A: Dani Gonzalez no podio dos 1.000 m Ruta infantil.



3ª XORNADA DE DIVISIÓN DE HONOR
Bilbao e Ourense 07 de xuño do 2008

O pasado sábado celebráronse en Bilbao e Ourense, a importantísima 3ª xornada de División de Honor, os nosos atletas tentaron colaborar na permanencia do noso club de referencia o Ourense Atletismo na Division de Honra feminina e masculina, pero o final non puido ser.
En Bilbao, as malas condicións técnicas da zona de caídas de pértega foron as causas lamentablemente que o noso atleta Luís Fernando Moro, vía coma unha e outra vez, a mala colocación da colchoneta facía tropezar a súa pértega contra ela facendo así os tres nulo sobre a 1ª altura (5,00 m) motivaron que non puntuara para o equipo, e os erros e o baixo rendemento dalgúns atletas foron as causas que motivaron a perda dramática de categoría do equipo masculino , xa que eran un dos dous equipos favoritos para a salvación.
As nenas, a pesar de que loitaron moito, tampouco puideron eludir o descenso, quedándonos o consuelo da boa actuación no salto de altura de Lorena Guitián logrando saltar 1,66 m., a boa marca de Leticia Gil no salto de lonxitude, 5,26 m. , Laura Pérez na súa linea no lanzamento de martelo e Ana Raquel Revuelta cunha marca de 29,48 no lanzamento de disco.


RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA
2ª SUBIDA ROCAS – O EIRADO
Esgos 08 de xuño do 2008

O pasado domingo día oito de xuño celebrouse en Esgos o campionato galego de carreiras de montaña , o percorrido de 13,5kms de subida polo monte Meda xa de por si esixente , fixose mais duro si cabe pola treboada que acompañou os atletas nos derradeiros tres kms. ou ben desde os 950 os 1152 mts de altitude onde se atopaba a meta .
Xa de inicio formouse un grupo de cabeza no que estaban os nosos representantes, Elpidio Gomez e Manuel Prieto xunto a Oscar Piñeiro do Academia Postal , a partires do km 3 na parte mais dura da carreira atacou Piñeiro e seguido por Elpidio marcharonse solos monte arriba hasta chegar o Km7.5 onde aproveitando o único tramo chairo da prova atacou de novo Piñeiro collendo unha pequena ventaxa sobre Elpidio que xa sería definitiva deica a meta. Destacar o ritmo co que fixeron a subida os dous primeiros sacandolle casi 4 minutos o terceiro clasificado que sería Manuel Prieto, outro atleta veteran que participaba era Carlos Revuelta rematando no posto 146. Tamen suliñar a gran participación na proba con 154 corredores chegados en meta e unha organización da proba exemplar.


RESULTADOS






Nas imaxes,os nosos representantes, arriba Elpidio, Manuel e abaixo Carlos.

No hay comentarios: