jueves, 26 de junio de 2008

PROXIMA COMPETICION

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS 1ª CATEGORIA

Avilés 28 de xuño do 2008


A Federación Galega de Atletismo ven de anunciar a composición das diferentes seleccións absolutas (homes e mulleres), que participaran este fin de semana en Avilés (Asturias) onde terá lugar o “Campionato de España de federacións de 1º categoría”, e novamente volve a contar cos atletas do noso club.
Nesta ocasión os seleccionados son o pertiguista Luís Fernando Moro, Lorena Guitián na altura feminina e Leticia Gil que será a atleta en reserva e tamén participara o barquense Ivan Valle do OAAP no salto de altura.
No que vai de tempada, foron varios os atletas do club que participaron coa Selección Galega, na Selección Galega cadete participaría Lorena Guitián, Cristina Robledo e Cristián Fernández no encontro celebrado en Aguilas, outra selección que contou cos noso atletas foi a Xuvenil nun encontro celebrado en Jaen e alá foron Leticia Gil, Elba Arias e Laura Pérez.









Nas fotos: Luis Fernando Moro, Lorena Guitian e Leticia Gil.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VETERANS PISTA AIRE LIBRE

Gandia 27/28 de xuño do 2008



A localidade de Gandia acolle este fin de semana o multitudinario Campionato de España de Veterans onde o club asistira con unha ampla representación e con opcións de conseguir varias medallas, ata alá desprazáronse os seguintes atletas:
- Luís Nogueira (M-50): lonxitude,triplo salto e xavelina.
- Xulio Ventin (M-45): 100 m. valados, martelo, martelo pesado, altura, peso, pértega, disco.
- Carlos Revuelta (M-45): disco e martelo.
- Juan Carlos Lareo (M-35): peso e disco.







Nas fotos: Nogueira, Ventin, Carlos Revuelta e Juan Carlos Lareo.

No hay comentarios: