viernes, 25 de enero de 2008

RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS PISTA CUBERTA
Palacio dos Deportes de Riazor A Coruña 20/01/2008


"Boa actuación dos mais maiores conseguindo un total de 18 medallas."


No triplo salto Luís Nogueira seria o vencedor na categoría M-50, cunha boa marca, 11,46 m, mentres Agustin González faría o mesmo na categoría M-45 e 2º foi Carlos Revuelta.
Juan Carlos Lareo proclamaríase subcampion no lanzamento de peso na categoría M-35 e Manuel Rodríguez finalizaría 4º.
Nos 800 m.l boa carreira dos atletas Manuel García 2º M-65 e “Viti“ 3º na categoría M-75.
No peso na categoría M-45 vitoria do pontevedrés Xulio Ventin que estreábase nesta competición con club, en M-50, Luís Nogueira remataría 2º mentres Francisco Bao seria 1º en M-55,“Viti” seria o vencedor dos 50 m.l e 2º nos 400 m.l M-75, Francisco Bao 4º nos 50 m.l en M-55 y Miguel Angel Martinez 5º en M-40, no salto con pértega, Xulio Ventin, gañaría a proba con 3,50 m.
Manuel García participou na proba de 400 m.l sendo o 1º en M-65 e Francisco Bao 4º en M-55. Luís Nogueira volvería a vencer no salto de lonxitude M-50, Miguel Angel Martinez 1º en M-40, Carlos Revuelta 4º en M-45 e Manuel Rodríguez 4º M-35, Manuel García remataria 2º M-65 nos 200 m.l, Xulio Ventin e Miguel Angel Martinez vencerían no salto de altura m-50 e M-40 respectivamente.

Na foto os atletas veteranos que se desprazaron ata Coruña o seu campionato Galego.

No hay comentarios: