domingo, 24 de febrero de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS
Santiago de Compostela 24/02/2008


O equipo sénior, terceiros no Campionato Galego absoluto de cross “


Excepcional carreira realizada polos atletas do equipo, conseguindo facer historia, por primeira vez un equipo sénior do club consegue subir o podio dun Campionato Galego de cross.
Nunha mañá gris e chuviosa, o circuíto do Monte do Gozo acolleu o Campionato Galego Absoluto de cross, en boas condicións para a practica do atletismo, o equipo sénior, (salvo a baixa de Manuel Prieto, e dende esta paxina aproveitamos a animalo para que a súa recuperación sexa o mais pronto posible para seguir contado con él nas próximas competicións) estivo o completo, realizaron unha gran competición todos eles, Gilberto Álvarez (17º), Elpidio Gomez (30º), José Manuel Ramos (35º), Alberto Asensio (46º), Javier Fernández (67º), Salvador Gamarra (86º), tamén participou Miguel Angel Álvarez tivendo que retirarse por unha sobrecarga no lumbar.
Na categoría promesa a nosa representacion correu a cargo de Tomás Fraiz, que remataría no posto 14º.


¡¡¡ Noraboa a todos!!!

Na foto os atletas senior que conseguiron o 3º posto no Cpto. Galego de cross.



CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS
Pontevedra 23/02/2008



“Miriam Ares, subcampiona galega infantil
e o equipo homes infantís 3º de Galicia”


Na Illa Das Esculturas de Pontevedra celebrouse o sábado de mañá, o Campionato Galego Escolar de campo a través.
Onde a atleta infantil Míriam Ares conseguiu o subcampionato na súa categoría, tras facer unha boa carreira, e colarse no dominio das atletas do equipo de Valmiñor.
Mentres os nenos infantís, que no estiveron o nivel que demostraron no Campionato Provincial, pero fixeron un meritorio 3º posto por equipos.






Nas fotos a dereita Mirian Ares (de roxo) e na foto da esquerda o equipo infantil.

No hay comentarios: