viernes, 29 de febrero de 2008

PROXIMA COMPETICION

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVES DE CLUBES
Hipódromo de la Zarzuela (Madrid) 02/03/2008

O equipo sénior de cross acudirá o Campeonato de España de campo a través de clubes, que se disputara no circuíto do Hipódromo de la Zarzuela en Madrid.
A ultima hora a RFEA confirmou a asistencia a este campionato do equipo sénior no cross largo.
O equipo fórmano Gilberto Álvarez, Elpidio Gomez, Alberto Asensio, Xavier Fernández, Miguel Angel Álvarez e Salvador Gamarra, que non teñen nada que perder e moito que gañar, van coa idea de disfrutar e gañar experiencia cunha carreira onde vai haber un gran nivel.
José Manuel Ramos e Manuel Prieto causan baixa por lesión para esta proba.
Con este campionato ponse fin a unha brillante tempada de campo a través en todas as categorías do club e especialmente na categoría sénior.

Tamén participara no cross corto a valdeorresa Eva Arias co seu club o “Valencia Terra i Mar”.


Este fin de semana no Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña, celebrase o Campionato Galego de probas combinadas de pista cuberta.
Xulio Ventin que é o actual campión de España de veteranos M-45 será a nosa representación neste campionato.



O sábado en un intenso horario de maña e tarde, tamén no Pazo dos Deportes de Riazor, celebrase por primeira vez a 1ª Copa Xunta de Galicia pista cuberta, reservado as categorías benxamín, alevín e infantil e o noso club participara en todas as categorías tanto en homes coma mulleres.


O domingo dia 2, dous dos nosos veterans Carlos Revuelta e Manuel García desprázanse ata a Barcelona para participaran na Marató de Barcelona.

No hay comentarios: