martes, 4 de marzo de 2008

RESULTADOS

1ª COPA XUNTA DE GALICIA DE CATEGORIAS MENORES EN P.C.
Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) 01/03/2008


"EXHIBICION DO ADAS PROINOR NA 1ª COPA XUNTA DE GALICIA DE CATEGORIAS MENORES"

16 medallas individuais, 2 triunfos por equipos e un subcampionato, foi o excelente balance dos mais pequenos na 1ª Copa Xunta de Galicia de categorías menores en pista cuberta, celebrada no Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña o pasado 1 de marzo.
Unha vez mais os cativos e cativas do noso club volveron a facer historia nos Cptos. Galegos o acadar uns excelentes resultados nesta competición.
Na categoría infantil feminina destacaremos a exhibición de Míriam Ares en 2000 m. infantil, proba que dominou de principio a fin, e na que ademais de conseguir o ouro, acadou unha nova marca persoal de 7´21´´. En canto a categoría benxamín, a gran dominadora foi unha vez mais, Emma López que venceu e convenceu no salto de lonxitude cunha estratosférica marca de 4.13 m. mentres que na velocidade volveu a realizar unha exhibición cunha marca de 7´´51. ambas marcas constitúen novos records galegos de p.c. alevín. Tamén hai que destacar outro ouro a cargo de Cristina Robledo nos 50 m.l. con 7´´08, proba na que seria segunda Lorena Guitián.
Por outra banda tamén habería dóbrete na altura co 1º posto de Lorena Guitián e María González, esta ultima batendo un novo record galego de salto de altura infantil, con 1.50 m. outras 2 medallas de prata acadaría María Glez. en triplo e lonxitude, proba esta na que Lorena seria 3ª mentres que Cristián Fdez. e Vicente Fontán acadarían outro dóbrete, esta vez en lonxitude infantil, 1º e 2º con 5.34 e 4.98 m. respectivamente.
Reseñar a medalla de bronce de Óscar Fernández en peso alevín, e a prata de Cristián Fdez. en altura , con 1.60 m. e xa por ultimo mencionar outros dos triunfos espectaculares, o de Agustín González en 1000 m. con 3´18 e o carreirón de Dani Glez. Devesa en 500, con un tempo de 1´27´´, houbo tamén varios 4º postos.
Por equipos destacar a vitoria dos alevíns masculinos e as infantís feminino e os infantís masculinos do noso club adas serian 2º.
Parabéns a todos.


RESULTADOS

1 comentario:

Anónimo dijo...

enhoraboa a todolos atletas que acadaron medalla na copa da XUNTA,que iso demostra o grandisimo traballo que os adestradores estan a facer con eles,decirlle a aqueles que non acadaron medalla que son tamen unha gran parte do equipo que son moi necesarios.Enhoraboa en especial a lorena guitian,que e unha rapaza que me encanta deportivamente e que sempre estou pendiente dos seus resultados ali onde compite,con isto remato e espero que lles guastara o meu comentario e xa nos veremos nas vindeiras probas,un gran saudo de parte de ANGEL REQUEJO dende o CLUBE ATLETISMO NOIA,enhoraboa e non cambiedes chao.